O Grupo Popular celebra o apoio unánime da oposición no Parlamento ás alegacións da Xunta ao estatuto electrointensivo

Santiago, 27 de marzo de 2019.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, celebrou hoxe o apoio unánime acadado no Parlamento Galego polas alegacións presentadas pola Xunta, consensuadas coa industria, ao borrador do estatuto electrointensivo do Goberno Central, logo de que toda a oposición votara a favor da proposición non de lei do PPdeG que recollía integramente estas medidas.
Continue reading

O PPdeG reitera que a Xunta estivo e está en contacto coa empresa e o Comité de Empresa de Bosch Services en Vigo para preservar os dereitos dos traballadores

Santiago, 27 de marzo de 2019.- O deputado do Grupo Popular Moisés Rodríguez Pérez reiterou hoxe no Parlamento que “a Xunta estivo e está en contacto permanente cos representantes da empresa e do Comité de Empresa de Bosch Service de Vigo co obxectivo de preservar os dereitos dos traballadores para que o procedemento do ERE aprobado se leve adiante cumprindo todos os requisitos legais”.
Continue reading

O Grupo Popular critica que os concellos do PSOE, salvo algunha excepción, non se sumaran á rebaixa do 10% do canon de Sogama

Santiago, 27 de marzo de 2019.- O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, cuestionou hoxe no Parlamento aos deputados socialista sobre “que consigna deron aos seus alcaldes en Galicia para que non se sumaran á rebaixa do 10 por cento do canon de Sogama aprobada pola Xunta e que esta rebaixa repercuta directamente no recibo que pagan os seus veciños”.
Continue reading

O Grupo Popular salienta o traballo coordinado, transversal e inxente que realiza a Xunta a prol dunha mobilidade máis sustentable

Santiago, 27 de marzo de 2019.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, afirmou hoxe que o Goberno galego está a desenvolver “un traballo coordinado, transversal e inxente a prol dunha mobilidade máis sustentable, que inclúe un labor lexislativo e un enorme esforzo de planificación a través da estratexia integral de mobilidade sostible”.
Continue reading