INMA NESPEREIRA DOMÍNGUEZ

(Ourense, 1969). Técnico auxiliar de clínica e estudante da UNED. Campiona de España de Xavelina. Concelleira do PP en Viveiro dende 2019.

LUIS GÓMEZ GARCÍA

(Taboada, 1971). Bacharelato Superior,  FP2 Administrativo e Máster en Calidade e Medio Ambiente. É xefe de Calidade e Medio Ambiente dunha empresa dedicada á construción. Concelleiro en Taboada dende 2007 e segundo tenente de alcalde dende 2019.

BEATRIZ ROIS CASTRO

(O Saviñao, 1985). Ciclo Administrativo Superior en Administración e Finanzas. Estudante de Enxeñería Industrial. Concelleira de Cultura e Servizos Sociais en O Saviñao dende 2019.

MANUEL ROUCO LÓPEZ

 (Xove, 1977).  Enxeñeiro Agrícola. Presidente local, concelleiro e voceiro do PP de Burela.

MARÍA MANUELA CARBALLEIRA GARCÍA

(Guitiriz, 1959). Empleada de banca. Concelleira do PP dende 2011ata 2015, gobernando neste municipio o Partido Popular. Dende 2015 ata 2019 foi edil do PP na oposición.

JAVIER VÁZQUEZ PRADO

(Lugo, 1974). Diplomado en Maxisterio con experiencia de 23 anos na docencia.

Concelleiro en Lugo. Vicesecretario de Programas e Xuventude na Xunta Local de Lugo e coordinador da mesa sectorial de Educación.

JOSÉ LUIS REGUEIRO FERNÁNDEZ

(A Fonsagrada, 1987). Licenciado en Administración e Dirección de Empresas, cun curso superior en correduría de seguros, cun ciclo en F.P Técnico en Emerxencias Sanitarias e con certificado de profesionalidade para a docencia de formación profesional para o emprego (Nivel III). Na actualidade é responsable de formación e técnico en emerxencia sanitarias, posto que compaxina co de docente por conta propia tamén no ámbito do transporte e da atención sanitaria. A maiores, é socio e administrador dunha correduría de seguros e desenvolve actividade no negocio familiar funerario abarcando todos os ámbitos da empresa.

É presidente dende o ano 2017 da comisión xestora do Partido Popular na localidade.

KATHERINIE VARELA FERNÁNDEZ

(Monforte de Lemos, 39 anos) Licenciada en Dereito pola Universidade de A Coruña.

Candidata do PP ás eleccións municipais de Monforte en 2019 e, na actualidade, voceira desta formación en dito Concello.

Exerce na localidade monfortina como avogada na especialidade de dereito laboral e bancario. Con anterioridade traballou no sector da banca.

SUSANA LÓPEZ ABELLA

(Chantada, 1967). En 2012 asume a titularidade da Secretaría Xeral de Igualdade, tras ser nomeada polo Consello da Xunta; unha responsabilidade que xa ostentou na pasada lexislatura dende octubro de 2011 ata setembro de 2012.

Deputada no Parlamento galego dende la VI Lexislatura e vicesecretaria executiva e voceira de Benestar Social do PPdeG. Nesa lexislatura foi voceira adxunta 3ª do Grupo Popular, presidenta da Comisión de Xuventude, voceira na Comisión de Igualdade e Dereitos da Muller, voceira de Emprego na Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego e secretaria na Comisión de Economía, Facenda e Presupostos. Durante a VII Lexislatura, foi voceira de Traballo, Muller e Igualdade del Grupo Popular, vogal nas comisións Institucional, Sanidade, Política Social e Emprego e de Relacións co Consello de Contas. Na VIII Lexislatura foi elixida deputada autonómica pola provincia de Lugo.

Entre os anos 1999 e 2003 foi concelleira de Cultura e Relacións Institucionais e tenente de alcalde no Concello de Chantada.