O Grupo Popular lembra que a conselleira de Política Social xa compareceu na Deputación Permanente o pasado 3 de abril

Santiago, 9 de maio de 2020.- A portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Marta Rodríguez Arias, lamentou hoxe a “falta de memoria” do secretario xeral dos socialistas galegos e lembrou que a conselleira de Política Social xa compareceu a petición propia na Deputación Permanente do Parlamento galego o pasado 3 de abril para dar conta das medidas adoptadas polo Goberno galego nas residencias de maiores e persoas con discapacidade para facer fronte á pandemia do COVID-19.

Continue reading