Santiago, 22 de setembro de 2020.- O deputado do Grupo Popular Ovidio Rodeiro demandou hoxe no Pleno do Parlamento a rebaixa do IVE das mascarillas ao 4 por cento. Así mesmo, afirmou que o protocolo Covid-19 aprobado pola Xunta para os centros educativos “xa contempla a subministración de material de protección para que os colexios conten co necesario para o seu funcionamento ordinario”.
O Parlamento galego demanda ao Goberno central que fixe un prezo eléctrico competitivo para as industrias electrointensivas
Santiago, 22 de setembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central que fixe un prezo eléctrico competitivo, que pase pola aprobación dun estatuto para os consumidores electrointensivos, incrementar as compensacións por custos indirectos de CO2 e un novo sistema de xestión de demanda que substitúa á poxa por interrompebilidade. A iniciativa incorpora, ademais, a solicitude para que o Goberno central avalíe os proxectos do plan industrial de Liberty House para as fábricas de Alcoa en San Cibrao, de xeito que poidan optar ao Fondo Europeo de Recuperación.
O Parlamento galego demanda ao Goberno central a retirada da limitación das taxas de reposición do persoal sanitario público
Santiago, 22 de setembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España a retirada da limitación das taxas de reposición do persoal do sistema sanitario público, permitindo ofertar todos os postos necesarios para poder actuar ante a pandemia da Covid-19.
O Parlamento solicita á Xunta que aprobe axudas extraordinarias para coidado de menores e dependentes perante novos gromos de Covid-19
Santiago, 22 de setembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción realizada entre o Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei a través da que se solicita que a Xunta aprobe unha liña de medidas encamiñadas a garantir o dereito de conciliación perante novos gromos e repuntas da COVID-19, que inclúa, como mínimo, axudas directas extraordinarias para o coidado de menores e persoas dependentes. Así mesmo, demándase ao Goberno de España que aprobe un permiso retribuído a nivel estatal para as nais e pais cuxas crianzas estean en corentena.
Pedro Puy tende a man aos grupos da oposición para aportar ideas e solucións na Comisión de estudo para a reactivación de Galicia
Santiago, 22 de setembro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, defendeu hoxe a creación da Comisión non permanente de estudo sobre a reactivación económica, social e cultural de Galicia pola crise da Covid-19 e tendeu a man á oposición para aportar ideas e solucións que melloren a situación dos galegos nesta pandemia sanitaria.