O PPdeG afirma que a fiscalización do Consello de Contas acredita que unha boa xestión económica permite mellorar o benestar dos galegos

Santiago, 11 de marzo de 2021.- O deputado popular José Manuel Rey salientou hoxe no Parlamento que o Consello de Contas verifique na súa fiscalización da Conta Xeral de Galicia de 2018 que “a información rendida é completa; reflicte a imaxe fiel do patrimonio, resultados e liquidación do orzamento; e ofrece a información necesaria para comprobar a situación financeira da Administración”. “Unha boa xestión económica permitiranos seguir mellorando o benestar dos galegos, con maiores investimentos en sanidade, educación e servizos sociais, como acreditan os informes de fiscalización”, indicou.

Continue reading