Santiago, 17 de marzo de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, sen o apoio dos deputados do Grupo Socialista, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España a ampliación do programa de apoio ao Xacobeo 2021 mediante desgravacións fiscais ata o 31 de decembro de 2023.
O Parlamento galego demanda a apertura de máis pasos fronteirizos entre España e Portugal
Santiago, 17 de marzo de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda aos gobernos de España e Portugal a apertura de máis pasos fronteirizos co fin de facilitar a mobilidade das persoas traballadoras na área de fronteira.
Solicitude de redución do IVE do 21 ao 10% en todas as prestacións de servizos deportivos e de actividade física
Solicitude ao Goberno de España da redución do IVE do 21 ao 10 por cento en todas as prestacións de servizos deportivos e de actividade física.
As evidencias médicas e científicas coinciden na importancia da práctica regular de actividade física no obxecto de mellorar a saúde, a calidade de vida e o benestar da cidadanía. Tanto no relativo á prevención de enfermidades crónicas non transmisibles como poden ser as cardiovasculares, determinados tipos de cancro ou a diabetes, como polos seus efectos positivos para o desenvolvemento da saúde mental e os procesos cognitivos, ou para a propia socialización dos individuos, o deporte e a actividade física son elementos determinantes na consecución de estilos de vida activos e saudables para a poboación, o que directamente incide tamén no sostemento dos sistemas sanitarios.
A importancia do fenómeno deportivo e a súa conexión coa saúde dos cidadáns atópase consagrada en todas as lexislacións comparadas do entorno nacional e europeo, nas institucións comunitarias e na propia Constitución española, onde se contén un mandato xeral aos poderes públicos para o seu fomento (artigo 43.3), o que sen dúbida ven derivado da súa estreita vinculación coa saúde, á que se refire o propio apartado 1 do mesmo artigo 43.
En Galicia, a Lei do deporte, Lei 3/2012, do 2 de abril, establece como a nosa Comunidade Autónoma recoñece as especiais funcións que o deporte desempeña na sociedade, en especial e entre outros ámbitos, na mellora da saúde pública, razón pola que o deporte é considerado de interese público: artigo 2.
A crise epidemiolóxica provocada pola actual pandemia da Covid-19 supuxo un impacto sen precedentes en moitas actividades produtivas e de servizos con motivo das medidas adoptadas para a prevención da expansión da pandemia.
Un dos ámbitos especialmente afectados é o do sector dos servizos relacionados co deporte e a actividade física. Peches prolongados, suspensións e limitacións de actividades e aforos, ou investimentos extraordinarios para o establecemento das medidas de prevención impostas, a actual situación do sector atópase marcada por importantes reducións de facturacións e por unha destacada perda de usuarios e abonados, o que seriamente pon en risco a permanencia da actividade e a estabilidade do sector, dos seus traballadores e familias.
Identificando economicamente o sector e axentes deportivos, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, en 2018, a industria do deporte xerou en España de maneira directa unha actividade económica de 15.768 millóns de euros de produción e
195.027 postos de traballo, a través de máis de 37.231 empresas. Esta actividade económica xerada directamente pola industria equivale ao 1,3% do PIB nacional e a
súa achega ao emprego ascende ao 1% da poboación ocupada en España. Incluídos nestas magnitudes, atópase a facturación dos ximnasios, que alcanzou os 662 millóns
de euros e, en termos de emprego, os 27.495 empregados.
Pola súa parte o Estudio de Avaliación do Impacto da pandemia da Covid-19 sobre o Ecosistema do Deporte en España, elaborado polo Observatorio da Fundación España Activa coa colaboración da Asociación do Deporte Español (ADESP) e do Consello Superior de Deportes (CSD), estima que os axentes do ecosistema do deporte en España sufrirán unhas perdas do 38,5% da súa cifra de negocio no exercicio de 2020. En termos de emprego, apuntase que o 35% dos axentes do deporte realizara, o ían facelo, un expediente de regulación de emprego pola Covid-19, o que afectaría ao
73,5% do persoal en nómina a comezos dese ano 2020.
As actuacións adoptadas polas autoridades para a prevención e contención da pandemia viñeron acompasadas por medidas de distinta índole dirixidas a establecer prestacións e axudas por cese de actividade e reducións de facturación nos negocios con motivo da Covid-19.
Trátanse en definitiva de medidas encamiñadas a apoiar a empresas e autónomos, aos fogares, ao emprego e ao tecido produtivo, e tanto para a fase de contención da pandemia como para o momento de recuperación económica e social unha vez superada a crise sanitaria, momento este ademais non exento aínda de certa incertidumbre no que respecta a súa intensidade e duración.
Neste obxectivo, e entre outras medidas, o Goberno galego ven de anunciar para o sector que nos ocupa, como o segundo Plan de rescate da Xunta de Galicia, dotado con 75 millóns de euros, que se suman aos 86,2 do primeiro plan, incluirá tamén axudas específicas para o sector dos ximnasios.
Concorrendo evidentes razóns de interese social, principalmente sanitarias pero tamén económicas dada a magnitude do sector, compre seguir afondando no establecemento de incentivos que fortalezan as bases para a recuperación desta parte importante da nosa economía e emprego, e elo sobre fórmulas coherentes coas que acadar unha recuperación forte e sostible.
Entre estes incentivos que veñan a apuntalar a recuperación, cabe salientar a redución do tipo impositivo do Imposto sobre o Valor Engadido naquelas prestacións de servizos deportivos que non estean xa suxeitas a exención, art. 20.1.13º da Lei do Imposto sobre o Valor Engadido, lei 37/1992, de 28 de decembro, ou ao tipo reducido do 10%, art. 91. Uno.2.8º da mesma norma.
En base ao sinalado, o Grupo Parlamentario Popular, presenta a seguinte proposición non de lei en Pleno:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para promover as modificacións oportunas na lexislación estatal co obxecto de reducir o tipo impositivo do Imposto sobre o Valor Engadido do 21% ao 10% en todas as prestación de servizos deportivos e de actividade física prestados a persoas físicas que no estean xa exentos conforme a normativa en vigor”.
Rexistro: https://www.parlamentodegalicia.es/Expedientes/11/PNP-001145
Demanda ao Goberno do Estado dun BAM para a Armada Española nos estaleiros de Navantia en Ferrol
Esixencia ao Goberno do Estado do encargo aos estaleiros de Navantia en Ferrol da construción dun BAM (Buque de Acción Marítima) que permita dotar de carga de traballo inmediata á ría de Ferrol
O Parlamento pide ao Goberno central que permita financiar a industria naval cos Fondos Next Generation
Santiago, 17 de marzo de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España que garanta a viabilidade e o financiamento da industria naval a través do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia dos Fondos Next Generation, ao tempo que acompañe ao sector na súa reclamación ante a Unión Europea para que vele por garantir o principio de igualdade e que as axudas doutros estados membros se axusten ás directrices comunitarias.
O Parlamento galego solicita ao Goberno central unha solución urxente ao bloqueo da comercialización do marraxo
Santiago, 16 de marzo de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que dea unha solución urxente ao bloqueo actual da comercialización das capturas de marraxo.
O Grupo Popular critica o “pouco respecto” do PSdeG aos técnicos por “desprezar os informes e estudos que realizan sobre os lombos do Ulla”
Santiago, 16 de marzo de 2021.- A deputada do Grupo Popular Elena Suárez Sarmiento acusou hoxe no Parlamento ao PSdeG de “pouco respecto” aos técnicos, tanto da Consellería do Mar como das propias confrarías “por desprezar os informes e estudos que realizan periodicamente sobre a evolución dos lombos do Ulla, unha das zonas sometidas ao maior seguimento mariño de toda Galicia”.