O Parlamento demanda ao Goberno central actuacións pendentes en Vigo relacionadas coa AP-9, ferrocarril, Xacobeo ou conexión eléctrica a 220 KV

Santiago, 28 de abril de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio do PSdeG nin do BNG, a través da que se solicitan ao Goberno central diversas actuacións en Vigo relacionadas coa AP-9, o transporte ferroviario, a conexión eléctrica a 220 KV, o Xacobeo 2021-22, a construción da Biblioteca Pública Nacional ou a modificación das leis de cambio climático ou de pesca sostible naqueles aspectos que prexudican directamente a esta cidade.

Continue reading

O Parlamento galego rexeita a resolución europea sobre medidas para recuperar a pesca por enriba do rendemento máximo sustentable

Santiago, 28 de abril de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se amosa o rexeitamento da resolución do Parlamento Europeo sobre medidas para promover a recuperación das poboacións de peixes por riba do rendemento máximo sustentable (RMS), en particular zonas de recuperación de poboacións de peixes e zonas mariñas protexidas, de tal xeito que se reconsidere o seu contido en favor do xusto equilibro entre a sustentabilidade ambiental e as dimensións económica e sociolaboral da actividade pesqueira.

Continue reading