Pedro Puy cualifica de “sorprendente” e “incongruente” que a oposición votara en contra do ditame da Comisión de Reactivación, cando non se opuxo ao 72% das propostas

Santiago, 19 de xullo de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou hoxe de “sorprendente” e “incongruente” o voto en contra dos grupos da oposición ao conxunto do ditame da Comisión de reactivación económica, social e cultural de Galicia ante a crise da Covid-19, cando o BNG só se opuxo ao 28 por cento das propostas e o PSdeG se abstivo en todas as votacións parciais.

Continue reading