Critica que os implicados no maior caso de corrupción en Galicia da última década pretendan “encher os petos” sen responsabilidades políticas e xudiciais
O PPdeG demanda ao Goberno de España que reasigne a Galicia os 70 millóns dos fondos de rescate non executados pero cunhas condicións de acceso máis sinxelas
Lugo, 4 de febreiro de 2022.- O portavoz de Emprego do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, demandou hoxe ao Goberno de España que reasigne á Comunidade galega os 70 millóns de euros que quedaron sen executar dos dous últimos plans de rescate deseñados polo Goberno central, “pero que o faga cunhas condicións de acceso máis sinxelas, para que os cartos queden en Galicia e cheguen aos empresarios e autónomos que o necesitan”.
Prioridade ao proceso de deseño da primeira fábrica de fibras téxtiles en España na provincia de Lugo
O Mecanismo de Recuperación e Resiliencia habilitado pola Unión Europea como resposta á crise económica xerada pola covid-19, ten como obxectivo proporcionar a aos Estados membros os fondos necesarios para desenvolver os investimentos e as reformas establecidos nos seus Plans de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Neste sentido, contempla seis piares: (1) transición ecolóxica; (2) transformación dixital; (3) crecemento intelixente, sostible e integrador; (4) cohesión social e territorial; (5) saúde e resiliencia económica, social e institucional; e (6) políticas para a próxima xeración, a infancia e a mocidade.
Atendendo a estes principios, desde a Xunta de Galicia elaborouse unha candidatura centrada en aproveitar esta oportunidade extraordinaria para avanzar no modelo económico e social que estamos construíndo para consolidar unha Galicia máis moderna, competitiva, emprendedora e cohesionada, sobre a base da innovación e a sostibilidade. Un aposta estratéxica de país que busca establecer sinerxías cos ámbitos empresarial e institucional, a través da colaboración público-privada, co acento posto nas persoas e as pemes porque deben ser as protagonistas da recuperación.
Deste xeito, no marco dos fondos europeos Next Generation, o Goberno galego leva máis dun ano traballando no deseño dun Polo para a Transformación de Galicia que inclúe, entre outros proxectos, o desenvolvemento dunha fábrica de fibras téxtiles sostibles que é primordial para o futuro da industria da moda e do sector industrial, que están inmersos na implantación da economía circular. Un proxecto que xa conta coa colaboración dun socio investidor quen ten asumido o desenvolvemento do proxecto construtivo para producir atas 200.000 toneladas de fibras sostibles ao ano, mobilizando un investimento de 800 millóns de euros e coa capacidade de 1.500 postos de traballo directos.
Polo exposto, os deputados e deputadas asinantes, formulan a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno:
O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1) Dar prioridade ao proceso de deseño da primeira fábrica de fibras téxtiles en España por ser unha gran aposta, tanto desde o punto de vista económico e laboral, como desde o punto de vista estratéxico xa que permitiría pechar o ciclo de produción de madeira en Galicia, así como que propicie o seu emprazamento na provincia de Lugo, a través da súa representación na Sociedade Impulsa.
2) Reiterar ao Goberno de España a necesidade de establecer liñas de apoio no marco dos fondos europeos Next Generation para o desenvolvemento deste proxecto coa maior celeridade posible.
Rexistro: https://www.parlamentodegalicia.es/Expedientes/11/PNP-002497
Demandas ao Goberno central en relación coa industria electrointensiva
Demandas que debe realizar o goberno galego ao Goberno central en relación coa industria electrointensiva