O Parlamento galego demanda apoio ao Goberno central no marco dos fondos Next Generation para o proxecto de fábrica de fibras téxtiles

Santiago, 8 de febreiro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita á Xunta que dea prioridade ao proceso de deseño da primeira fábrica de fibras téxtiles de España en Galicia, que permitiría pechar o ciclo de produción da madeira nesta Comunidade autónoma, así como que se propicie o seu emprazamento preferentemente na comarca de A Mariña e, se os criterios técnicos non garanten a viabilidade deste emprazamento, na provincia de Lugo.

Continue reading

O Parlamento de Galicia demanda ao Goberno central que se implique activamente nunha solución para reactivar Alu Ibérica en A Coruña

Santiago, 8 de febreiro de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio do Grupo socialista, a través da que se pide ao Goberno de España que se implique activamente, co Goberno galego e cos traballadores, en atopar unha solución que permita reactivar a actividade da planta de Alu Ibérica en A Coruña da man dun socio industrial que presente un proxecto sólido e viable que dea continuidade aos empregos. Ademais, pídese a mediación da ministra de Traballo e Economía Social para evitar que o ERTE actualmente vixente poida terminar con recolocacións ou despedimentos.

Continue reading

O Grupo Popular critica a “ousadía” de BNG e PSdeG ao criticar o modelo de xestión de residuos da Xunta, que conta co aval da Unión Europea

Santiago, 8 de febreiro de 2022.- A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Marisol Díaz Mouteira, criticou hoxe no Parlamento galego a “ousadía de BNG e PSdeG ao cualificar de fracaso estrepitoso a política de xestión de residuos da Xunta, cando o modelo de SOGAMA recibiu no seu momento o aval da Unión Europea, coa particularidade de que, anos despois, a Comisión Europea contratou unha auditoría externa do modelo que certificou os notables beneficios do sistema para a Comunidade galega desde a dimensión ambiental, económica e social”.

Continue reading