O Grupo Popular centra as súas iniciativas do Pleno da vindeira semana na consolidación e o avance na igualdade entre homes e mulleres

Santiago, 1 de marzo de 2022.- O Grupo Popular centrará as súas iniciativas do Pleno da vindeira semana en consolidar e avanzar na igualdade real entre homes e mulleres, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller o vindeiro 8 de marzo. En concreto, a través de dúas proposicións non de lei e unha pregunta ao Goberno galego, demandará actuacións en ámbitos como o sociolaboral, discapacidade, medio ambiente, cultura, publicidade ou deporte; así como a modernización dos puntos de encontro familiar ou a posta en marcha do VIII Plan estratéxico para a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Continue reading