O Parlamento demanda ao Goberno central que Galicia, e nomeadamente Vigo, sexa a sede central do Instituto Español de Oceanografía

Santiago, 20 de maio de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que foi transaccionada co Grupo Socialista, a través da que se solicita ao Goberno do Estado que, consonte ao plan de descentralización do IEO impulsado polo Ministerio de Ciencia, Galicia, e nomeadamente Vigo, sexa a sede central do Instituto Español de Oceanografía, especialmente das áreas dedicadas á pesca e a acuicultura. Para iso, e previa apertura do proceso por parte do Goberno central, a Xunta, dentro das súas competencias, debe de levar a cabo cantas actuacións sexan precisas, para acadar que Vigo sexa a sede central do IEO.

Continue reading

O Parlamento galego demanda diálogo ao Goberno central para acabar coa inseguridade xurídica da cadea mar-industria en Galicia

Santiago, 20 de maio de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España a apertura dunha mesa de diálogo coa Xunta para rematar, aclarando o alcance da normativa sobre os espazos costeiros, coa situación de inseguridade xurídica á que o departamento de Costas do Estado somete á cadea mar-industria de Galicia.

Continue reading