O Parlamento galego pide ao Goberno central a creación dun rexistro no que poder obter as posicións bancarias das persoas falecidas

Santiago, 6 de outubro de 2022.-  O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que habilite un rexistro centralizado onde poder obter o certificado de titularidade das contas, saldos e posicións bancarias dunha persoa falecida, coas cautelas que esixa a lexislación vixente, en especial en materia de protección de datos. “O obxectivo é facilitar aos herdeiros o acceso á información para cumprir as obrigas legais e tributarias con certeza, claridade e seguridade”, sinalou a deputada popular Felisa Rodríguez.

Continue reading