O Parlamento galego insta á Xunta a realizar estudos para valorar a incoación como BIC dos sambenitos da catedral de Tui

 

 

Santiago, 21 de outubro de 2022.-  O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a realizar os estudos pertinentes que permitan determinar se a colección de sambenitos da catedral de Tui posúe valor sobranceiro, tal e como se establece na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, como paso necesario para poder iniciarse un expediente de incoación de Ben de Interese Cultural (BIC).

Continue reading

O Parlamento pide a implantación de títulos universitarios de grao ou master con Mención Dual que faciliten a inserción laboral dos estudantes

Santiago, 21 de outubro de 2022.-  O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio dos deputados do BNG, a través da que se insta á Xunta a habilitar, en colaboración coas universidades galegas, mecanismos que reforcen a formación integral e a empregabilidade dos estudantes galegos a través dunha implantación progresiva de títulos de grao ou de master con Mención Dual, que atenda ás necesidades do tecido socioprodutivo de Galicia e mellore os futuros perfís profesionais.

Continue reading