13 de decembro de 2022. O Grupo Popular solicitará ao Goberno central no Pleno ordinario da vindeira semana que rectifique a planificación prevista da Rede Eléctrica de España para 2021-2026 e inclúa actuacións de subministro de enerxía eléctrica a proxectos industriais de Galicia, como o de Altri, o de Showa Denko, a fábrica de hidróxeno verde de EDP e Reganosa, a biofábrica de ENCE, a central hidroeléctrica de Magtel ou a Stellantis. Así mesmo, na mesma sesión plenaria pedirá que a Xunta elabore un Plan galego de prevención do cancro de pulmón, no que se empreguen métodos innovadores de detección para facer unha iniciativa pioneira a nivel estatal.
O Parlamento reitera a solicitude ao Goberno central para que poña en marcha un operativo para localizar o Villa de Pitanxo e baixar ao mesmo
13 de decembro de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se reitera a solicitude ao Goberno de España para que poña en marcha unha operación de traballo subacuático que permita localizar o pecio do buque Villa de Pitanxo, descender ao mesmo e elaborar un traballo fotográfico e audiovisual sobre o seu estado, así como a recoñecer os seus arredores e zona exterior do buque para verificar a posible localización de corpos dos tripulantes desaparecidos.
O Grupo Popular demanda unha reforma lexislativa para proceder á revisión dos coeficientes redutores dos traballadores do mar
13 de decembro de 2022. O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro demandou hoxe no Parlamento galego ao Goberno central a modificar a lexislación vixente para proceder á revisión dos coeficientes redutores dos traballadores e traballadoras do mar, adecuando os mesmos ás circunstancias actuais da frota e da actividade marítimo-pesqueira, marisqueira e acuícola.
Aprobados os ditames dos proxectos de Lei de orzamentos da Xunta para 2023 e de medidas fiscais e administrativas
12 de decembro de 2022. A Comisión 3ª do Parlamento de Galicia aprobou hoxe os ditames dos proxectos de Lei de orzamentos da Xunta para 2023 e de medidas fiscais e administrativas, co que ambos textos lexislativos quedan pendentes da súa aprobación definitiva no Pleno da vindeira semana.
Demanda ao Goberno de España para poñer en marcha unha operación de traballo subacuático que permita localizar o “Vila de Pitanxo”
Reiteración do Acordo da Comisión 8ª, do 7 de xuño de2022, sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España para poñer en marcha unha operación de traballo subacuático que permita localizar o buque afundido “Villa de Pitanxo”
Reactivación do sistema de información pública relativo aos datos de prezos do Observatorio de Prezos dos Alimentos
Demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ante o Goberno de España para que se reactive o sistema de información pública relativo aos datos de prezos do Observatorio de Prezos dos Alimentos, adscrito ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación