11 de abril de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España a convocatoria urxente dunha xuntanza do comisario do Corredor Atlántico coas comunidades de Galicia, Asturias e Castela e León para tratar as necesidades específicas desta infraestrutura de comunicación, para o que se pide un investimento de 8.000 millóns de euros en actuacións prioritarias.
O Grupo Popular defende unha transferencia da AP-9 acompañada de recursos para a súa explotación e para as obras pendentes
11 de abril de 2023. O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, asegurou hoxe no Pleno do Parlamento galego que desde o PPdeG “defendemos e seguiremos defendendo os intereses lexítimos dos galegos demandando que a titularidade da AP-9 veña acompañada dos recursos necesarios para a súa correcta explotación e dos investimentos precisos para levar a cabo as obras pendentes”.
O PPdeG critica que o BNG pida melloras nos xulgados cando apoia ao Goberno de Pedro Sánchez, que permitiu unha folga que paralizou a Xustiza e facilita que agresores sexuais saian á rúa
11 de abril de 2023. A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, criticou no Pleno do Parlamento galego que o BNG “veña hoxe pedindo máis medios, mellor atención ou menos dilacións nos xulgados galegos cando permitiu, apoiando ao Goberno de Pedro Sánchez, que unha folga paralizase a xustiza en España e Galicia ou facilitaran que agresores sexuais saíran á rúa antes de tempo ou gocen dunha pena de cárcere inferior á imposta inicialmente”.
O Parlamento galego demanda ao Goberno central a transferencia a Galicia de fondos europeos para a súa xestión directa
11 de abril de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España a transferencia a Galicia de fondos europeos para a súa xestión directa, co obxectivo de garantir a viabilidade dos principais proxectos tractores galegos, ao igual que ten feito con outras comunidades autónomas.
O PPdeG alerta do incremento da temporalidade no emprego, xa que máis da metade dos indefinidos son a tempo parcial ou fixos descontinuos
11 de abril de 2023. A portavoz de Emprego do Grupo Popular, Noelia Pérez, alertou hoxe no Pleno do Parlamento “do incremento da temporalidade no emprego, xa que do total dos novos contratos indefinidos do mes de marzo, máis da metade son a tempo parcial ou fixos descontinuos”.
O Grupo Popular afirma que BNG e PSdeG seguen a estratexia propia dos populismos, ao máis puro estilo de Trump, no seu acoso á CRTVG
11 de abril de 2023. A deputada do Grupo Popular Carmen Pomar afirmou hoxe no Pleno do Parlamento galego que “o acoso de BNG e PSdeG cara a Corporación de Radio e Televisión de Galicia é a estratexia propia dos populismos en relación aos medios de comunicación, ao máis puro estilo de Trump”.