O Grupo Popular salienta que os usuarios valoran cun 8,4 sobre 10 o transporte público por estrada xestionado pola Xunta

9 de maio de 2023. O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, salientou hoxe no Pleno do Parlamento galego que, “fronte á visión catastrofista do transporte público de Galicia de BNG e PSdeG, a valoración dos usuarios é dun 8,4 sobre 10, segundo o expresaron nas máis de 1.000 enquisas que se realizaron ao longo do último ano”.

Continue reading

O Grupo Popular rexeita a ILP para mellorar a atención primaria porque “o único que pretende salvar é o falso relato da esquerda sobre a sanidade galega”

9 de maio de 2023. O Grupo Popular rexeitou esta mañá no Pleno do Parlamento de Galicia a iniciativa lexislativa popular sobre medidas urxentes para recuperar e fortalecer a atención primaria porque “o único que pretende salvar é o falso relato da esquerda galega sobre a nosa sanidade, obviando calquera mención ao problema fundamental da atención primaria: a falta de profesionais”, sinalou o viceportavoz popular, Alberto Pazos.

Continue reading