O Grupo Popular pedirá no Pleno un Pacto Nacional de Vivenda con medidas específicas para os mozos e a construción de vivendas sociais

12 de xuño de 2023. O Grupo Popular demandará no Pleno desta semana a posta en marcha dun Pacto Nacional pola Vivenda que incorpore medidas específicas para a xente moza e a construción de vivendas sociais. Por outra parte, o portavoz popular, Pedro Puy, cualificou de “francamente mellorable” o balance da xestión dos fondos europeos Next Generation por parte do Goberno de Pedro Sánchez e afirmou que “non é o mesmo que haxa un Presidente do Goberno de España que coñece os problemas de Galicia que un Goberno que só fai anuncios para as comunidades onde goberna”.

Continue reading