Paula Prado considera que Feijóo foi o “claro gañador” do debate de onte, mentres que Pedro Sánchez “mostrou a súa incomodidade por escoitar que en cinco anos non fixo nada por resolver os problemas da xente”

A secretaria xeral do PPdeG reivindica que “se A Mariña tivo voz no Congreso e no Senado na pasada lexislatura non foi grazas a Pedro Sánchez, senón aos representantes do PP que levaron alí os problemas, as inquedanzas e as necesidades de toda a comarca”

Continue reading

O PP aposta por acadar a igualdade real e efectiva mediante leis eficaces e consensuadas: “A igualdade debe ser un motivo de unión e non de enfrontamento”

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e a número 2 ao Senado pola Coruña, Verónica Casal, participaron hoxe nun acto sectorial celebrado en Ferrol para abordar as propostas incluídas no programa electoral do Partido Popular co obxectivo de acadar a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres en España. Un obxectivo para o que propoñen “leis eficaces e froito do consenso”, xa que, na súa opinión, “a igualdade debe ser un motivo de unión e non de enfrontamento”.

Continue reading

Alfonso Rueda remarca a diferenza entre a campaña “de rúa e de gran mobilización” do PP fronte á dun PSOE “de baixa intensidade, cun candidato virtual e incapaz de mobilizar”

O presidente do PPdeG referiuse ao cara a cara de onte contrapoñendo a un Sánchez “irritado e incapaz de contestar a practicamente ningunha das propostas que se plantexaron” fronte a “un ourensán dos Peares que deu a talla e demostrou que pode ser un magnífico presidente de España”.

Continue reading