O Grupo Popular pedirá no Pleno que o Goberno central acometa con urxencia un plan extraordinario de conservación integral da A-6

O Grupo Popular pedirá ao Goberno de España no Pleno da vindeira semana que acometa con urxencia un plan extraordinario de conservación integral da A-6, tanto no que respecta á calzada como ás pontes e noiros existentes en todo o seu trazado. Así mesmo, solicitará que se adíe un ano a posta en marcha da obriga para que o alumnado de FP ou universitario que realice prácticas formativas en empresas sexa incluído no réxime da Seguridade Social, unha medida que non se cuestiona pero que presenta dificultades para a súa aplicación neste prazo de tempo.

Continue reading