Alfonso Rueda comprométese a “seguir poñendo sentidiño, tendendo pontes e indo da man co resto de España” alá onde outros “só propoñen barullo, muros e fronteiras artificiais”

Nun mitin en Baiona ante 400 persoas e no que tamén interviñeron o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, e o alcalde Jesús Vázquez Almuiña

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, mostrou hoxe a súa aposta por “construír España desde Galicia” e da man de todos os líderes autonómicos do Partido Popular, reivindicando a nosa Comunidade como unha terra de portas abertas, con moita identidade e inconformista: “Queremos seguir mellorando e progresando, pero estando orgullosos de ser como somos. Non queremos que ninguén nos cambie nin nos fai falta buscar fose ningún outro modelo. O noso modelo é ser galegos e, estando orgullosos de ser galegos, sentirnos tamén moi españois”.