El PP lamenta que el Gobierno central “no se haya comprometido con la financiación de Altri”

El portavoz adjunto del Grupo Popular, José Manuel Barreiro, lamenta que el Gobierno central “no se haya comprometido con la financiación de Altri”, tras escuchar lo dicho por el ministro de Industria, Jordi Hereu, hoy en el Pleno del Senado.

Barreiro se pronuncia así en su pregunta al ministro de Industria y Turismo sobre la posición del Gobierno de Sánchez con respecto a la instalación de la planta en Palas de Rei.

“¿Cuál es la postura del Gobierno en este asunto?”, se dirige al ministro, quien ha dicho que ‘coincide plenamente con la posición del PSOE en Galicia’. “Y la posición del líder del Partido Socialista en Galicia, manifestada el 16 de diciembre del año pasado, dice literalmente que ha trasladado su convicción de que el proyecto de Altri no contará con financiación del Gobierno del Estado”, recalca Barreiro.

Igualmente, el dirigente popular recuerda que, en agosto de 2024, la vicepresidenta Yolanda Díaz, decía literalmente: ‘mi compromiso como vicepresidenta del Gobierno es luchar contra la ubicación y desarrollo de este proyecto’.

“¿Va a tramitar la autorización a Bruselas para poder dar una financiación singular a este proyecto, sí o no?”, vuelve a preguntar.

Barreiro a Hereu, tras lo que demanda al ministro que “explique por qué se le piden más exigencias más a este proyecto que a otros?”.

“Se le pide más porque está en Galicia y en Galicia el Partido Socialista está donde está”, apostilla Barreiro, quien se muestra convencido de que “va a continuar ahí – en la oposición- mucho tiempo”.

En su intervención, el senador del PP por Lugo señala que “el principio de seguridad jurídica constituye uno de los pilares fundamentales del Estado de derecho”, tras lo que asegura que eso se traduce en que, a la hora de analizar determinados proyectos, para dar esa seguridad jurídica, “deben de ser los criterios técnicos y también los técnicos como responsables de aplicar la norma los que determinen o no su viabilidad”.

“En el caso que nos ocupa, en el caso del proyecto de Altri y su ubicación en Palas de Rei, en la provincia de Lugo, no está ocurriendo por parte de determinadas fuerzas políticas, entre ellas la que ampara al Gobierno al que usted pertenece”, se dirige Barreiro al ministro.

O Grupo Popular avoga por aproveitar o prestixio dos produtos galegos para afrontar as novas posibilidades de cooperación que xorden co acordo de libre comercio entre a UE e Mercosur

O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, Miguel Viso, asegurou hoxe que a Xunta “manterase vixiante”, especialmente na vertente agrogandeira, no cumprimento do acordo de libre comercio entre Mercosur e a Unión Europea, pero avogou por “aproveitar o prestixio dos nosos produtos para afrontar as novas posibilidades de cooperación con estes países ao outro lado do Atlántico”.

“O acordo entre a UE e Mercosur é un importantísimo paso para que Europa comece a mirar cara a América do sur como un socio prioritario, asegurando non só a apertura de novos mercados para os nosos produtos e o acceso a materias primas clave para o desenvolvemento dunha industria sostible, senón tamén abrir novas posibilidades de cooperación con estas países e de crecemento e expansión para os nosos socios americanos”, sinalou.

MEDIDAS DE CONTROL ESTRITAS

Miguel Viso recoñeceu que “existen preocupacións lexítimas no sector agrogandeiro sobre a competencia de produtos procedentes de países con estándares produtivos diferentes aos europeos”, pero asegurou que “desde a Xunta non se vai permitir que os nosos gandeiros e agricultores compitan en condicións desiguais”. Así, avanzou que “dentro das nosas competencias, impoñeremos medidas de control estritas para garantir que todos os produtos que entren en Galicia cumpran coa normativa europea, ao tempo que esixiremos ao Goberno de España que reclame a implantación das chamadas cláusulas espello, para que ningún alimento importado desde Mercosur poida venderse aquí sen respectar os mesmos estándares de calidade, seguridade e benestar animal que se lles esixen aos nosos”.

En concreto, o portavoz popular indicou que “poremos especial atención ao control da sanidade animal e vexetal, implementando probas específicas para detectar patóxenos, residuos de fármacos e fitosanitarios prohibidos na Unión Europa”. “E tamén seremos esixentes no etiquetado, garantindo que os consumidores poidan identificar con claridade a procedencia dos alimentos e os seus compoñentes”, anotou.

“O noso punto forte é o prestixio dos nosos produtos, porque conseguimos que o consumidor identifique con calidade todas as materias primas e alimentos que saen de Galicia”, salientou Viso.

Ademais, referiuse á cláusula de salvagarda existente no acordo da UE con Mercosur, en virtude da cal poderase suspender temporalmente a concesión de forma unilateral en caso de que estas importacións provoquen, ou simplemente ameacen, cun dano grave aos sectores agrogandeiros europeos.

 

 

 

O PPdeG lamenta que o Goberno de Sánchez consumara outra “aldraxe inaceptable” co 34º bloqueo ao debate da transferencia da AP-9

Os deputados do Partido Popular de Galicia no Congreso lamentan que o Goberno de Sánchez, formado por membros do PSOE e Sumar e apoiado polo BNG, volveran consumar unha “aldraxe inaceptable” a Galicia cun novo bloqueo ao debate de transferencia da titularidade da AP-9.

Fano logo de que hoxe mesmo a Mesa do Congreso dos Deputados –dominada polos socialistas e os seus socios– acordase o 19ª prórroga no prazo de presentación de emendas á proposición de lei relativa a esta cuestión e cuxa toma en consideración polo procedemento de urxencia foi aprobado no mes de xuño do ano pasado. Un novo bloqueo que fai que os adiamentos na tramitación desta iniciativa ascenden aos 34 desde a chegada de Sánchez á Moncloa.

“A Mesa do Congreso, seguindo instrucións de Pedro Sánchez, non ten inconvinte en desoír unha vez máis a proposta unánime do Parlamento de Galicia de que esta transferencia se tramite na comisión correspondente e que poida traballarse na elaboración do ditame”, expresa o deputado galego e vicepresidente segundo da Comisión de Transportes e Mobilidade Sostible do Congreso, Celso Delgado.

Delgado considera este “boicot”, que “conta co beneplácito do PSOE galego un novo “desprezo inaceptable” á comunidade autónoma e a todos os galegos e galegas, e di non entender como o BNG apoia constantemente a este Goberno.

O Grupo Popular asegura que a nova Lei de intelixencia artificial asegura os beneficios que obterán os cidadáns e o tecido produtivo, e garante os seus dereitos na súa relación coa Administración

O viceportavoz do Grupo Popular, Julio García Comesaña, asegurou hoxe que a nova Lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial en Galicia, que continuará a súa tramitación parlamentaria logo de superar o debate de totalidade no Pleno, “asegura os beneficios que os cidadáns e o tecido produtivo poderán obter con esta nova tecnoloxía, ao tempo que garante os dereitos aos galegos e galegas cando na súa relación coa Administración galega interveña a intelixencia artificial”.

García Comesaña concretou que con esta nova lei “ofrécese á cidadanía un marco xurídico estable que lle dea confianza e certeza nas súas relacións coa administración pública galega e que blinde os seus dereitos”. “Este proxecto impulsa e fai seguro, dentro das nosas competencias, o uso desta tecnoloxía para ofrecer mellores servizos á cidadanía e ás empresas”, apuntou.

GARANTÍAS

En concreto, o viceportavoz popular subliñou que esta nova Lei de desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial en Galicia “ofrece unha serie de garantías para os cidadáns, como asegurar a supervisión humana daqueles procedementos que así o esixan; a existencia dun rexistro público de todos os sistemas de intelixencia artificial que use a administración; créase a figura do Comisionado en Intelixencia Artificial, para velar polos intereses da cidadanía e os valores éticos, ou a Oficina de Intelixencia Artificial de Galicia; obriga a que calquera implantación estea precedida dun informe de avaliación de riscos; e se aposta pola formación e capacitación dos empregados públicos e os cidadáns”.

Respecto das emendas presentadas polos grupos da oposición, Julio García Comesaña considerou “decepcionante” que os socialistas critiquen que esta nova lei “se presentou con moita presa e pouco traballo detrás, cando este texto lexislativo se fixo público no mes de xullo do pasado ano e recolle as conclusións e recomendacións recollidas nun estudo realizado por un grupo de expertos das tres universidades galegas en marzo de 2023”.

Para rematar, García Comesaña destacou que esta nova Lei recolle, no seu artigo 2, “a garantía do uso normal da lingua galega nos procesos de desenvolvemento de sistemas de intelixencia artificial, así como potenciar o desenvolvemento de sistemas de intelixencia artificial de uso xeral en galego, previsión destinada a dar respaldo á continuidade das liñas de traballo iniciadas pola Xunta para a creación de modelos de IA de uso xeral adestrados con datos en galego”.

NOVA FUNDACIÓN PARA ATRAER TALENTO INVESTIGADOR

Por outra banda, sobre a proposta de creación por parte do BNG dunha Fundación Galega para a Ciencia, Julio García Comesaña cualificou de “resesa e carente de sentido” esta iniciativa parlamentaria nacionalista porque se rexistrou xusto despois de que o Presidente da Xunta anunciara no Parlamento galego, o pasado 8 de outubro, a posta en marcha dunha Fundación para a Investigación; e agora se trae para o seu debate no Pleno despois de que o Consello da Xunta xa aprobara o pasado día 3 de febreiro o Plan de I+D+i para o período 2025-2027, no que está recollido a creación dunha Fundación para a atracción de talento de alto nivel investigador.

“Ademais, o modelo do BNG non achega novidades reais ao que xa existe, xa que Galicia conta cunha ampla oferta de programas de medidas para atraer e consolidar talento investigador en todas as etapas da carreira científica”, manifestou o viceportavoz popular, quen anotou que “a Fundación que propón a Xunta se presentou con dous aspectos fundamentais que non contempla a proposta nacionalista: é unha institución deseñada para captar profesionais altamente cualificados a nivel internacional e responde ás necesidades do ecosistema galego de I+D+i en áreas estratéxicas”.

Castelao pertence aos galegos e ás galegas

Rodrigo García Seco

A xente da contorna nacionalista, nomeadamente do Bloque Nacionalista Galego, nas últimas décadas e máis intensamente nos nosos días, parécelle e dá a entender que eles son os únicos que queren e interpretan a Galicia, deixando parecer que a única forma de facelo é sendo independentista, de esquerdas e ateo. E claro está que non é así.

Falan da importancia das citas de Castelao, político artista e intelectual que loitou pola liberdade política do noso país, pero se lles esquece que Castelao, a diferenza do Bloque, distaba bastante do comunismo que está nas súas bases e que moitas das súas voces predican. Xa que lles gusta tanto as citas do Sempre en Galiza, ao igual que a nós, deixo por aquí algunhas que desmontan o seu discurso:

—Cremos que o separatismo é unha idea anacrónica.

—Alí [en España] debía crearse unha verdadeira democracia republicana e cristiá.

—Nós non somos separatistas, nin de Hespaña, nin de Europa nin do mundo.

—Somos unionistas e que non pretendemos organizar a nación galega en Estado independente.

—Para que ninguén nos tache lixeiramente de separatistas, cómpre afirmar que nos sentimos ben hespañoes, pero que non queremos ser casteláns; que arelamos unha Hespaña grande.

—En política deixamos de chamarnos “nacionalistas” porque non pretendemos convertir a Galiza en Estado independente.

—Eu vivo en latitudes moi distantes do comunismo.

Con estas citas non quero, nin moitísimo menos, mostrar que Castelao hoxe sería do PP (unicamente foi do Partido Galeguista, que aínda hoxe existe), porque sería estúpido tanto pensalo como dicilo, pero ademais tampouco o necesitamos, porque obviamente hai moitas cousas que nos separan ideoloxicamente, pero hai unha que nos une e que é máis importante que toda ideoloxía, que está por riba de dereitas e de esquerdas, que é o amor a Galicia.

E este amor por Galicia, como dicía ao principio, non só se sente desde a esquerda, no ateísmo e querendo separarse do resto de España, este sentimento radica en defendela, defendendo os seus dereitos e a súa autonomía, a autonomía coa que soñaba o rianxeiro máis universal, a autonomía que el chamaba liberdade.

Así que, antes de sacar de contexto as palabras de Castelao, que saiban que non lles pertence, nin tampouco a nós, senón a todos os galegos e galegas que sentimos a nosa terra no corazón, aínda que sexa con diferentes ideoloxías, igual que o facía el.

Señores e señoras do BNG, a cousa non está en discutir quen é máis galeguista, ou quen se parece máis a Castelao, senón en saber renderlle homenaxe a unha persoa que dedicou toda a súa vida a Galicia e á autonomía que gozamos hoxe. E por iso merece o respecto de todos e todas nós.

O Grupo Popular salienta a importancia das comunidades de montes en man común na prevención e loita contra os incendios forestais

Os deputados do Grupo Popular Miguel Viso, Ángel Rodríguez e Raúl Santamaría veñen de celebrar reunións coas comunidades de montes en man común de Couselo e San Mamede de Piñeiro, pertencentes ao distrito forestal Caldas-O Salnés e destacaron a importancia destas entidades na prevención e loita contra os incendios forestais.

Os deputados populares recolleron as demandas dos representantes destas comunidades de montes relacionadas coa prevención dos incendios forestais, entre as que figuran medidas dirixidas á xestión da biomasa en zonas estratéxicas e a creación e mellora das infraestruturas preventivas, como devasas, pistas forestais ou puntos de auga, entre outros.

Ademais, Miguel Viso, Ángel Rodríguez e Raúl Santamaría recoñeceron a importancia do monte veciñal na creación de emprego a nivel local a través do traballo que supón a transformación industrial dos recursos que ofrece o bosque galego. “O obxectivo non é so mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón compatibilizar estas accións cos outros usos, como o aproveitamento gandeiro, a produción de froitos do bosque ou a potenciación de zonas recreativas e rutas de sendeirismo que afonden no coñecemento da nosa contorna”, manifestaron.

Máis de 700.000 hectáreas da superficie de Galicia corresponden a monte veciñal en man común, xestionadas por 2.800 comunidades de montes. “Esta situación revela a importancia que esta figura ten non só como sinal de identidade e da cultura da Comunidade galega, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo”, salientaron.

O PPdeG celebra o primeiro aniversario da vitoria electoral de Rueda recordando en redes sociais os fitos que marcaron a súa primeira maioría

O PPdeG celebra o primeiro aniversario da vitoria electoral de Alfonso Rueda a través dunha campaña en súas redes sociais na que salientan algúns dos fitos que levaron ao presidente a obter a súa primeira maioría.

A través dunha serie de gráficas que comezaron a publicar esta semana e que continuarán a saír á luz ao longo dos próximos días, os populares galegos destacan cuestións como que Rueda é o presidente autonómico con máis apoio na súa Comunidade de toda España logo de obter a confianza de máis do 47% dos galegos.

Tamén que o programa electoral do PPdeG (con 870 medidas) era o máis completo dos partidos galegos, que desde o 18 de febreiro Alfonso Rueda se mantén como o líder galego mellor valorado e o único que aproba nas enquisas, ou que o número de votos recibidos nas urnas (711.713) foi superior á suma do total de votos recibidos por BNG, PSOE e Sumar.

Outras cuestións que porán en valor nos próximos días son, por exemplo, que o mitin celebrado na Praza de Touros o 3 de febreiro reuniu en Pontevedra a 14.000 persoas e foi o máis multitudinario da campaña, así como que o triunfo de Rueda se logrou cun récord histórico de participación nas urnas (votaron o 67,3% dos galegos).

No marco da conmemoración dos resultados electorais acadados o pasado 18 de febreiro e a maiores desta campaña en redes sociais, o PPdeG celebrará un acto o vindeiro sábado 15 de febreiro, coa presenza do presidente nacional, Alberto Núñez Feijóo, para, tal e como adiantou a secretaria xeral Paula Prado, “lembrar aos galegos e galegas que Galicia está en boas mans”. Este aniversario terá lugar no Multiusos Fontes do Sar, en Santiago de Compostela.

O PPdeG suma en total nas súas redes sociais máis de 51.000 seguidores que se distribúen nas diferentes plataformas onde o partido ten presenza: Instagram (máis de 10.000), Facebook (17.000), X (máis de 20.000) e TikTok (4.000).

Alfonso Rueda: “En Galicia podemos e queremos ser unha potencia innovadora porque temos claro que a ciencia é o futuro e o presente”

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, amosou hoxe o seu convencemento de que a Galicia do futuro ten que construírse “entre todos” e apostando pola ciencia e a innovación: “Podemos e queremos ser unha potencia innovadora porque temos claro que a ciencia é o futuro e o presente de Galicia”.

Fíxoo no acto ‘Ciencia, Futuro, Galicia’ organizado polos populares galegos en San Cibrao das Viñas e no que apostou por “crear un ecosistema innovador con conexión entre o educativo, o científico, o empresarial, o social e a administración pública” que permita a Galicia “competir en igualdade con calquera”.

“Non temos por que renunciar a nada porque xa estamos nunha magnífica posición para seguir avanzando: temos as persoas, temos o talento, temos as políticas e temos o convencemento de que toda esa identidade innovadora tamén é parte da marca Galicia Calidade”, explicou.

Grazas a isto, engadiu, a nosa Comunidade está conseguindo “un salto cualitativo” en todo o tecido produtivo e empresarial. Un éxito no que tamén é determinante o feito de contar con “as políticas dun Goberno que non improvisa, que traballa con ideas claras, con planificación e con ambición”.

Estas políticas tiveron como resultado ao longo destes anos que Galicia sexa a comunidade autónoma na que máis medra o investimento en I+D+i (un 28%, case o dobre que a media do Estado) ou que a día de hoxe 14.000 persoas traballen en eidos relacionados coa investigación.

“Hai moito talento fóra que hai que recuperar e hai que facer todo o posible para que o talento que está aquí en Galicia se encontre cada vez máis cómodo e convencido da potencialidade da nosa terra”, engadiu neste sentido.

Rueda subliñou que a proba de que o Goberno galego “toma moi en serio” esta cuestión é o feito de que este 2025 o orzamento destinado á ciencia en 78 millóns de euros. Un crecemento que se sitúa por riba da media dos Orzamentos da Xunta e que “non tería sentido se non se fai unha transferencia de utilidade e a xente non percibe a importancia de seguir potenciándoo”.

Por iso quixo exemplificar o binomio entre ciencia e futuro abordando a súa repercusión en áreas prioritarias como a saúde, onde a biotecnoloxía xoga un papel fundamental, ou as enerxías renovables, nas que Galicia pode incrementar aínda máis o seu potencial grazas á ciencia.

Mención especial mereceu na súa intervención a Intelixencia Artificial, dado que Galicia será a primeira rexión europea en regular o uso desta nova tecnoloxía a través dunha lei que será debatida a próxima semana no Parlamento e coa que se busca “empregar a IA para mellorar a vida da xente” e “garantir que estea sempre ao noso servizo e nunca ao revés”.

Entre as accións do Goberno galego tamén destacou o recentemente aprobado Plan de investigación e innovación, cuxo orzamento aumenta un 20% respecto ao anterior e se sitúa nos 1.310 millóns de euros. Tamén mencionou o reforzo dos contratos predoutorais a través dun investimento de 32 millóns de euros e as axudas de preto de 30 millóns de euros aos grupos de investigación máis competitivos.

“A Galicia do futuro fana as persoas co seu talento e a súa ambición. Por iso é importante escoitar e coidar aos nosos investigadores, facendo todo o posible para que traballen aquí”, concluíu reiterando este apoio.

CIENCIA, FUTURO, GALICIA

O acto celebrado hoxe no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) contou coa participación da alcaldesa de San Cibrao das Viñas, Marta Nóvoa, e o responsable de Educación, Ciencia, Universidades e FP no Goberno galego, Román Rodríguez.

Logo das súas intervencións, tiveron lugar dúas mesas redondas. A primeira delas, co título ‘Innovación nos servizos para as persoas e no territorio: proxectos de innovación local’, foi moderada pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, e nela participaron Adrián Vázquez, eurodeputado do PPdeG, Olga Iglesias, alcaldesa de Triacastela e vicesecretaria de Acción Sectorial do PPdeG, Nava Castro, alcaldesa de Ponteareas, e Natalia Prieto, responsable de Administración Local no Goberno galego.

‘Ciencia e innovación. O camiño da Galicia do futuro’ foi o título da segunda mesa redonda, que estivo moderada por Julio García Comesaña, viceportavoz e responsable das áreas de Ciencia e Innovación no Grupo Popular no Parlamento de Galicia. Nesta ocasión os participantes foron Almudena Justo, directora do Centro Internacional de Cuántica de Fujitsu, Ana Paul, directora de Innovación do CTAG, e Edita de Lorenzo, profesora da Universidade de Vigo.

O Grupo Popular propón aprobar unha resolución do Parlamento galego pedindo á Mesa e á Presidencia do Congreso o desbloqueo da tramitación da transferencia da AP-9 a Galicia

O Grupo Popular propón a aprobación no Parlamento de Galicia dunha resolución pedindo á Mesa e á Presidencia do Congreso dos Deputados que desbloquee a tramitación da proposición de lei de transferencia da AP-9 a Galicia, acordando de xeito inmediato a finalización do prazo para a presentación de emendas e permitindo que este texto avance cara ao seu debate e aprobación definitiva. O portavoz popular, Alberto Pazos, apuntou que “ademais, recollendo a proposta feita polo Goberno galego, solicitamos ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible que avalíe a oportunidade do rescate da AP-9, tendo en conta que esta decisión sería máis económica que o mantemento das bonificacións das peaxes ata o remate da concesión en 2048”.

Alberto Pazos lamentou a nova decisión adoptada esta semana pola Mesa do Congreso de prorrogar, unha vez máis, o debate sobre a transferencia da AP-9 á Comunidade galega. “E van xa 18 prórrogas do prazo de presentación de emendas desde a súa toma en consideración polo Pleno do Congreso alá polo mes de xaneiro de 2024, prórrogas que ascenden a 33 se temos en conta as que sufriu esta solicitude de transferencia desde a chegada de Pedro Sánchez á Moncloa”, concretou.

“Galicia e os galegos non podemos soportar máis tempo esta tomadura de pelo constante por parte dunha Mesa do Congreso tutelada polos socialistas, que fai caso omiso a unha demanda aprobada por unanimidade neste Parlamento e que tamén contou co voto favorable á súa tramitación no Congreso de todos os grupos parlamentarios, a excepción de VOX”, sinalou.

O portavoz popular demandou aos socialistas galegos que, “por unha vez, velen polos intereses de Galicia e alcen a súa voz ante esta nova burla e desprezo de Pedro Sánchez a todos os galegos”. Neste sentido, amosou a sorpresa porque o PSdeG opte neste momento por priorizar o rescate da AP-9, “aparcando o que ata agora foi o seu obxectivo, remarcado durante a última campaña electoral polo seu candidato: a gratuidade desta autopista”.

OPORTUNIDADE DO RESCATE

Pazos asegurou que o Grupo Popular, como xa propuxo recentemente a conselleira de Planificación de Infraestruturas nunha reunión que mantivo con usuarios da AP-9, “estamos dispostos a que o Ministerio valore a oportunidade do rescate desta autoestrada, tendo en conta que, coas novas bonificacións das peaxes anunciadas polo Goberno central, que esperamos que algún día sexan realidade, tanto as anunciadas para a AP-9 como para a A-53, o custo da indemnización polo rescate e o custo das bonificacións ata o final da concesión supoñen uns importes moi semellantes, o que debería facer reflexionar seriamente aos responsables do Ministerio sobre a posibilidade e oportunidade de proceder ao rescate a curto prazo da AP-9”.

Porén, lembrou que esta proposta de rescate dos socialistas galegos “choca frontalmente coa posición que viu defendendo o ministro Puente nas súas comparecencias públicas, chegando a cualificar esta posible solución como “ “inasubmible para o Estado” ou “tremendamente difícil e custosa”.

“Desde o Grupo Popular imos seguir defendendo os intereses de todos os galegos e o único que pedimos, tanto ao Goberno de España como aos socialistas galegos, é un pouco de seriedade respecto das peaxes da AP-9, a súa transferencia e o seu posible rescate”, manifestou o portavoz popular, quen anotou que “basta xa de que a AP-9 sexa o mellor exemplo dos constantes agravios e desprezos de Pedro Sánchez con Galicia, prexudicando seriamente a súa economía e os petos dos galegos e dos usuarios desta autoestrada”.

NOVA DEPUTADA DO GRUPO POPULAR

Alberto Pazos comezou a súa comparecencia ante os medios informando que no vindeiro Pleno tomará posesión como nova deputada do Grupo Popular Magdalena Pérez, que vén substituír a Pablo Prieto, recentemente elixido Presidente da Federación Galega de Fútbol.

Concelleira delegada de réxime interior, persoal e administración no Concello de Porto do Son, Magdalena Pérez é licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Compostela e conta cun ciclo superior en animación sociocultural e turística, ademais dunha ampla experiencia na xestión de servizos sociais, así como na realización de actividades de tempo libre.

O Parlamento de Galicia demanda ao Goberno de España fondos para poñer en marcha programas específicos de emprego

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o voto favorable de BNG nin PSdeG, a través da que se reclama ao Goberno de España os fondos necesarios que permitan poñer en marcha programas específicos de emprego, a raíz do éxito dos proxectos piloto existentes na Comunidade galega.

A portavoz popular de Emprego, Noelia Pérez, lembrou que “Galicia está a afrontar retos en materia laboral, como cubrir as necesidades das empresas coas capacidades das persoas que están buscando activamente emprego, así como reter e atraer talento para seguir sumando capacidades ao noso tecido produtivo”. “E todo isto facéndoo dun xeito ordenado e poñendo un enfoque especial na mocidade”, apuntou.

PROGRAMAS INNOVADORES

Noelia Pérez referiuse aos programas innovadores orientados a conectar a formación coa realidade do mercado laboral que vén desenvolvendo a Xunta, como a estratexia Mocidade Activa, as bolsas de excelencia Mocidade Exterior, os programas Xerme ou Alento, e o proxecto Fixar, “cuxo éxito levou a que Galicia fora recoñecida como Rexión Emprendedora Europea 2025”.

“Son accións que non só buscan a xeración de emprego de calidade, senón tamén a fixación de poboación nas nosas vilas e cidades, cuxos resultados evidencian unha tendencia crecente cara o autoemprego, a aposta pola volta ao rural e a consolidación de novos modelos laborais, como os colivings”, indicou a portavoz popular.

Porén, manifestou que estas medidas e estes resultados “certifican que as políticas de emprego desenvolvidas pola Xunta van polo bo camiño, pero precisamos do apoio do Goberno de España a través dunha distribución equitativa dos fondos europeos e estatais, fundamentais para garantir que todas as comunidades autónomas poidan desenvolver programas adaptados á súa realidade socioeconómica, en especial proxectos relacionados coa xeración de emprego”.