“Non me consta”, as cinco horas de evasivas e propaganda de Sánchez

José Manuel Barreiro.

A comparecencia de Pedro Sánchez no Senado foi un claro retrato do seu Goberno: arrogancia, propaganda e cero rendición de contas. Máis de cinco horas de intervención para non dicir nada, para esconderse detrás dun “non me consta” que xa simboliza toda una forma de gobernar: negar a realidade e seguir aferrado ao poder.

O Senado esperaba explicacións sobre o caso Koldo, pero Sánchez decidiu non dar a cara ante  un escándalo que salpica directamente ao corazón do PSOE.  A verdade é que mentres milleiros de cidadáns sufrían as consecuencias da pandemia, o seu Goberno adxudicaba máis de 50 millóns de euros a unha trama de corrupción ligada a persoas do seu entorno máis próximo e Pedro Sánchez pretende convencernos de que non sabía nada.

O presidente do Goberno converteu o Senado nun circo. Coas gafas na man e un discurso cheo de evasivas, intentou distraer a atención da opinión pública. O seu obxectivo era claro: agochar a verdade e gañar tempo, pero o tempo xa non xoga ao seu favor. A xa mermada credibilidade do presidente Sánchez quedou polo chan.

O único que recoñeceu foi que recibiu pagos en metálico do PSOE e fíxoo unhas horas antes de que a Audiencia Nacional decidira investigar se houbo financiamento ilegal no seo do Partido Socialista. Pedro Sánchez non pode esconderse tralo “non me consta” cando a Garda Civil, os tribunais e os medios de comunicación están destapando unha rede de corrupción que operaba ás portas da Moncloa.

O Senado non viu a un líder sereno nin a un estadista comprometido, senón a un presidente á defensiva, superado polos acontecementos e sen argumentos para xustificar o inxustificable. A transparencia non é unha opción para quen goberna, é unha obriga democrática. Cando un presidente prefire o silencio á explicación,  a sombra á luz, está a recoñecer que algo ten que agochar. Por iso hoxe Pedro Sánchez é un presidente debilitado, con escaso apoio parlamentario e cada vez menos crédito moral ante a cidadanía.

Sánchez tivo a oportunidade de demostrar que aínda quedaba nel un mínimo de decencia pero preferiu volver mirar cara outro lado. E cando un presidente deixa de enfrontar a verdade, deixa tamén de merecer o respecto do seu pobo. España necesita un goberno que respecte as institucións e fale con claridade. España non merece un presidente do “non me consta” senón un Goberno do si me fago responsable.

El PP blindará legalmente el mapa concesional de transporte de viajeros por carretera para mantener su actual configuración frente al recorte que pretende Puente

La portavoz del Grupo Parlamentario Popular en el Senado, Alicia García, ha anunciado hoy que el PP, a través de sus enmiendas a la Ley de Movilidad Sostenible, “blindará legalmente que el nuevo mapa concesional transporte de viajeros por carretera para que se mantenga en su actual configuración”.

El proyecto de Ley de Movilidad Sostenible se encuentra en su trámite parlamentario y será aprobado por la Cámara Alta “con un importante paquete de enmiendas del PP que mejoran sustancialmente el proyecto, en el Pleno del próximo miércoles 5 de noviembre”, explica.

Alicia García expone que, dentro del importante paquete de enmiendas —un total de 86— que el GPP ha presentado el en el trámite en el Senado del proyecto de ley, “la principal novedad es la de blindar legalmente el nuevo mapa concesional de transporte de viajeros por carretera, el transporte de autobuses, para que se mantenga con su actual configuración”.

Los populares recalcan que sus enmienda piden que “siga dependiendo del Gobierno de España y no se transfiera a las Comunidades Autónomas; y que, por supuesto, se mantengan todas las rutas, frecuencias y paradas que existen hasta ahora, y que no se supriman o minoren tal y como pretende el ministro Óscar Puente”.

“Con las enmiendas del Partido Popular conseguimos que esto quede blindado legalmente”, insiste Alicia García, quien añade que, además, “pedimos que se incluya la financiación del Estado para todo tipo de transporte interurbano, que no tenga que depender ni de ayuntamientos ni de CCAA.”

Alicia García alerta de que con el nuevo mapa concesional de servicios de transporte regular de autobús que quiere llevar a cabo el Gobierno de Sánchez, “con Óscar Puente como brazo ejecutor”, se suprimen casi la mitad de las rutas en toda España. Con ello, el Ejecutivo central “castiga a la desconexión” nada menos que a 3,25 millones de españoles, más de 130.000 de ellos perteneciente a 22 concellos de Galicia, que quedarán sin servicio de autobús estatal”, denuncia.

La ley suprimiría paradas de autobús estatales en los ayuntamientos de Melide, Arzúa, Chantada, Guitiriz, Monterroso, O Corgo, Palas de Rei, Quiroga, Baralla, A Pontenova, Meira, As Nogais, Ribadavia, A Rúa, Riós, Trasmiras, A Mezquita, Lalín, O Porriño, Tui, Silleda y Forcarei.

OBLIGAMOS A RENFE A RECUPERAR SUS COMPROMISOS DE PUNTUALIDAD

En otra de las enmiendas destacadas, “obligamos por ley a que Renfe recupere sus compromisos de puntualidad”, explica la portavoz popular, quien denuncia que, hace dos años, a comienzos de 2024, “Óscar Puente decidió que donde antes se devolvía el 50% del precio del billete con retrasos de a partir de 15 minutos, no fuera hasta transcurrida media hora”.

“Igualmente, Puente decidió que cuando antes se devolvía el 100% del importe del billete a partir de llegar el tren media hora tarde, a partir de 2024, fuera desde hora y media”, recuerda Alicia García, tras lo que insiste en que, con las enmiendas del GPP, “volvemos al antiguo esquema, el que estuvo vigente hasta 2023, al objeto de que Renfe se comprometa a recuperar su puntualidad y, por supuesto, si no que pague las penalizaciones oportunas a los usuarios del servicio de tren”.

ENMIENDAS PARA TRANSPORTISTAS Y CARGADORES PARA COCHES ELÉCTRICOS

Otras de las enmiendas destacadas por la portavoz popular son las que piden darle al sector del transporte, a los camioneros, los aparcamientos seguros para descansar por la noche: “Es una demanda y una reivindicación que los transportistas vienen demandando desde hace mucho tiempo”.

Rueda subliña a diferenza entre un PPdeG que “cre que gobernar e xestionar é fundamental” e os partidos que “polarizan e están todo o día á gresca”

O presidente Alfonso Rueda subliñou hoxe o seu desexo de que “se vexa cada vez máis a diferenza entre os que cren que gobernar e xestionar o día a día é o fundamental”, como o PPdeG, e aqueles partidos que “ideoloxizan, polarizan e están todo o día á gresca”.

“Estamos vendo un presidente de España á defensiva, que fala no Senado como se estivera nun xulgado porque sabe perfectamente que lle están facendo preguntas de cousas que non pode recoñecer. E se estás aí, coa cabeza en mil leas xudiciais provocadas ou permitidas por ti mesmo, é que non tes tempo para gobernar. Eu quero que cada vez máis nos diferenciemos de todo iso”, manifestou Rueda este mediodía ante uns 350 asistentes do Congreso Local do PP de Ponteareas no que Nava Castro foi elixida como novo presidenta do partido.

O presidente dos populares galegos lamentou que a nivel nacional se estea vendo como algúns “levantan muros e parecen empeñados en que traguemos con que pensar que o importante é estar cada un nun lado e que non haxa ninguén que se estea ocupando das cousas do día a día”. “Eu sinceramente creo iso é antipolítica. A xente que nos dá a súa confianza ou os que dan a cara como militantes é para que fagamos as cousas ben, para que non perdamos o tempo e para que teñamos principios”, sinalou.

Nese sentido, asegurou que a do PPdeG é “unha familia forte” que vai seguir sendo un exemplo e “non se vai amedrentar” fronte aos que “fan manifestacións e din que hai que tensionar a rúa e crear conflito, pero non gobernar”. “Os que din sempre que ‘non’, os da algarada, os que pensan que meternos medo é unha ferramenta que nos vai botar para atrás, teñen que saber que iso non é posible. En Ponteareas sabedes moi ben do que falo: durante anos tivestes que sufrir o sectarismo, o pensar que o importante era a ideoloxía e o de menos era xestionar”, engadiu.

CHAMAMENTO Á “UNIDADE” PARA OBTER A MAIORÍA ABSOLUTA

“En Ponteareas vese mellor que en ningún outro sitio e Nava Castro é unha referente, espero que con maioría absoluta cando dentro de un ano e medio haxa que volver a pedir a confianza”, augurou Rueda, que fixo un chamamento á “unidade”: “A unión fai a forza e non hai maior forza que ter maioría absoluta, e por iso temos que loitala. Collendo todas as esencias, probablemente perdendo algo todo o mundo para poder gañar todos. O camiño ten que ir por aí”, agregou.

Deste xeito, avogou por “non perder o tempo” para poder “gobernar e xestionar”, para desenvolver actuacións como o saneamento ou a depuradora de Ponteareas, así como o proxecto dese centro de saúde que “tanta falta fai”, e para seguir axudando “para que as magníficas instalacións municipais sexan aínda mellores”.

Rueda situou Ponteareas como “un dos concellos máis importantes desta provincia” e dixo alegrarse de “ser o presidente dun goberno que fixo os deberes con Ponteareas, un goberno serio”.

Por último, lembrou que durante todos os anos que traballou con Nava Castro sempre percibiu “unha persoa firme, leal, traballadora, teimuda, con obxectivos claros, que sabe o que quere e que loita por iso”. “Como directora de Turismo pegoulle unha revolución ao turismo de Galicia que aínda estamos desfrutando hoxe en día”, remarcou, valorando que o “desfrutaba”, pero aínda así cando lle pediu que volvera ao seu concello para ser alcaldesa “fíxoo sen dubidalo”.

CHAMAMENTO Á “UNIDADE” PARA OBTER A MAIORÍA ABSOLUTA

Pola súa banda, a secretaria xeral Paula Prado augurou que despois das eleccións municipais de 2027, o PPdeG terá aínda máis alcaldesas e Nava Castro “seguirá sendo unha delas”. Os populares xa suman 31, a formación con maior número de Galicia, seis delas na provincia de Pontevedra —Marín, Mos, Oia, Salvaterra de Miño, Forcarei e Ponteareas—. “Demostran que somos o partido das mulleres e das mulleres que gobernan”, salientou.

Así mesmo, Prado subliñou que o Goberno de Rueda vai aprobar os Orzamentos autonómicos por 17ª vez consecutiva en tempo e forma e serán “os máis altos da nosa Historia, cun reforzo sen precedentes do gasto social”, e ademais “non se esquecerán de Ponteareas”.

Por último, a secretaria xeral do PPdeG lamentou que o PSOE galego estea “disposto a todo con tal de defender a Sánchez”, mesmo a insultar, como fixo esta semana unha deputada autonómica da provincia, Paloma Castro, que “en lugar de condenar a corrupción, decidiu burlarse da saúde do senador do PP que interpelou a Sánchez na Comisión”. “Pero segue sen dimitir. Para eles todo vale con tal de non pedir perdón”, dixo.

Mentres tanto, o BNG evitou o xoves pedir explicacións a Sánchez no Senado, demostrando que é “moi mansiño en Madrid pero moi bravo en Galicia”, onde nas últimas semanas se dedicou a producir “a súa propia película de terror”, con actuacións “como os ataques violentos que en Ponteareas coñecen ben”, xa sexa “instrumentalizando as reivindicacións da cidadanía ou directamente insultando a quen non pensa como eles”. “Todo lles vale porque a súa estratexia é a conflitividade social, a manifestación e o alboroto”, concluíu Prado.

NAVA CASTRO E COMO “GOBERNAR CON XENEROSIDADE”

O presidente provincial, Luís López indicou que “Ponteareas non precisa gastar inxentes cantidades de cartos en promoción, como fan outros concellos”. “Ponteareas non necesita chamar a atención con insultos nin con bufonadas para ver se ocupa un par de minutos nunha tertulia. Ponteareas non necesita chamar a atención para facerse un oco no mundo, porque xa ten a Nava Castro, porque Nava xa pon a Ponteareas no mapa”, precisou.

“Ela sábeo, e non contenta con ser a mellor embaixadora do seu concello, é a mellor garantía do seu futuro.  De aí a reforma do mercado de abastos, a futura biblioteca, a nova residencia de artistas, as novas pistas de atletismo e vestiarios nas Rabadeiras, e a recuperación da avenida da Constitución. Nava chegou á Alcaldía cun lema brillante que dicía ‘reseTEA!’ e o que está a conseguir é algo máis que un reseteo, é unha revolución para os seus veciños e veciñas, e este partido vaino garantir durante moitos anos”, subliñou Luís López.

Así mesmo, o dirixente popular lembrou que coñecía xa a Nava por ser durante tantos anos o rostro do éxito turístico de Galicia e de Rías Baixas. “Pero como presidente da Deputación, sendo ela deputada, descubrín nela unha cualidade que se bota moito de menos na política de hoxe: a xenerosidade. Nava brilla sen forzar nada nin xesticular moito, sabe facer que todos se sentan importantes, sabe abandeirar as causas do seu municipio sen quitarlle o foco á xente, como coa plataforma N-120”, indicou.

“En todo caso, como presidente provincial, ao que aspiro en Ponteareas en 2027 está moi claro: eu quero que a Nava non lle fagan falta socios. Eu quero que só precise ao PP. Aos que coa túa xenerosidade te levarán á maioría absoluta en 2027. Ese é o obxectivo”, finalizou Luís López.