O PPdeG lamenta que o Goberno de Sánchez responda que “non procede o rescate” da AP-9 cando o custo é similar ao das bonificacións

O PPdeG lamenta que, unha vez máis, o Goberno de Sánchez se negue ao rescate da concesión da AP-9, cando o custo é similar ao das bonificacións que se están aplicando neste momento.

“Non procede o seu rescate”, respondeu por escrito o Executivo central aos senadores populares galegos, que presentaron unha serie de preguntas na Cámara Alta para interesarse polas diversas cuestións que rodean á autoestrada.

Cómpre lembrar que un estudo económico recente da Xunta cuantificou o rescate en 2.356 millóns de euros, un custo practicamente equivalente ao que o Estado terá que asumir en bonificacións ata o final da concesión. Por iso, o PPdeG considera que o Goberno central “ten que rematar xa co agravio a Galicia”.

Así mesmo, os populares, critican a “falta de transparencia” do Executivo, ao que acusan de “ampararse na confidencialidade” de documentación no relativo ao expediente aberto pola Comisión Europea en relación coa autoestrada.

“A información relativa ao mesmo está suxeita a confidencialidade”, responden desde o Goberno central, unha afirmación que para os populares “corresponde máis a unha escusa para que o sanchismo siga mantendo unha situación agónica respecto á AP-9, onde os únicos prexudicados son os galegos”.

De feito, esta mesma semana o PSOE votou no Parlamento de Galicia a favor de demandar toda a documentación relativa ao expediente aberto pola Comisión Europea e das comunicacións mantidas pola administración do Estado con este obxecto. Unha petición impulsada polo PPdeG que, cos votos socialistas e dos seus socios do BNG, saíu aprobada por unanimidade.

A Cámara autonómica tamén acordou nos últimos meses, en varias ocasións, solicitar o traspaso da autoestrada a Galicia e a eliminación das peaxes, demandas que tampouco foron atendidas.

Por este motivo, os senadores, a través das devanditas preguntas, reiteraron as “demandas históricas” de mellora na AP-9 e o “continuo bloqueo” de Sánchez á mellora da xestión desta infraestrutura “clave” para os galegos.

Neste sentido, os populares lamentan tamén a suba continua dos peaxes da AP-9, cun novo aumento neste 2026 que os galegos xa levan un mes sufrindo. Así, insisten en que as xeran “un agravio comparativo respecto doutros territorios”, como é o caso de Navarra, que xa recibiu a transferencia da AP-67, ou Alicante, cuxa AP-7 quedou libre de pago para os usuarios.

“Sánchez pretende seguir facendo negocio á custa do peto dos galegos, pero desde o PPdeG continuaremos reivindicando unha AP-9 galega xestionada desde Galicia e libre de peaxes”, resume o senador José Manuel Balseiro.

O PPdeG salienta o importante aforro que suporá para os concellos o incremento da aportación da Xunta para o servizo de axuda no fogar

Os deputados do Grupo Popular Rubén Lorenzo e Carmen Pomar salientaron hoxe o importante aforro que suporá para todos os concellos o novo acordo aprobado pola Federación Galega de Municipios e Provincias para o financiamento do servizo de axuda no fogar, a través do que a Xunta incrementará un 50 por cento a súa aportación ao longo da presente lexislatura. En concreto, no caso do Concello de Carballo o aforro ata 2028 mantendo o servizo actual achegarase a 1,3 millóns de euros.

Rubén Lorenzo explicou que a través deste acordo a Xunta aumentará de forma gradual a súa aportación para a prestación do servizo de axuda no fogar, unha competencia municipal segundo se recolle na Lei de servizos sociais de Galicia, aprobada polo Goberno bipartito de PSdeG e BNG no ano 2008. En concreto, a Xunta comprométese a incrementar de 12 a 16 euros por cada hora prestada este mesmo ano, subir un euro máis por hora para o 2027 e chegar aos 18 euros no 2028.

No caso concreto do concello de Carballo, Lorenzo lembrou que, tomando como referencia o convenio asinado coa empresa que presta este servizo, que ten como finalidade a realización de arredor de 85.000 horas cada ano, o aforro para as arcas locais achegarase a 1,3 millóns de euros ao remate da presente lexislatura en 2028.

A CARÓN DOS CONCELLOS

Pola súa banda, Carmen Pomar asegurou que este incremento da aportación realizada pola Xunta “demostra que o Goberno galego está ao carón dos concellos galegos, sobre todo dos máis pequenos, que verán aliviadas as súas contas municipais para a prestación deste servizo tan importante”. Neste sentido, destacou que este aumento “facilitará que máis persoas dependentes poidan seguir vivindo con dignidade no seu propio fogar e co apoio que precisan”.

Porén, afirmou que “este servizo podería estar aínda mellor financiado se o Goberno de Pedro Sánchez puxera enriba da mesa o 50 por cento que lle corresponde pola Lei da dependencia, pero para desgraza dos galegos, en vez de achegarse a esa metade, cada ano reduce a súa aportación, que pasou nos últimos anos do 40 ao 34 por cento”. “Esta situación derivou en que neste momento a débeda que o Estado ten con Galicia pola prestación da dependencia se incremente día tras día, achegándose na actualidade aos 3.000 millóns de euros”, dixo.

O PPdeG salienta o importante aforro que suporá para os concellos o incremento da aportación da Xunta para o servizo de axuda no fogar

Os deputados do Grupo Popular Cristina Campero e Miguel Ángel Viso, acompañados do alcalde de Ribadavia, César Fernández, salientaron hoxe o importante aforro que suporá para todos os concellos o novo acordo aprobado pola Federación Galega de Municipios e Provincias para o financiamento do servizo de axuda no fogar, a través do que a Xunta incrementará un 50 por cento a súa aportación ao longo da presente lexislatura. En concreto, no caso dos concello da comarca do Ribeiro o aforro ata 2028 mantendo o servizo actual achegarase a 1,7 millóns de euros.

Cristina Campero explicou que a través deste acordo a Xunta aumentará de forma gradual a súa aportación para a prestación do servizo de axuda no fogar, unha competencia municipal segundo se recolle na Lei de servizos sociais de Galicia, aprobada polo Goberno bipartito de PSdeG e BNG no ano 2008. En concreto, a Xunta comprométese a incrementar de 12 a 16 euros por cada hora prestada este mesmo ano, subir un euro máis por hora para o 2027 e chegar aos 18 euros no 2028.

No caso concreto dos concellos da comarca do Ribeiro, Campero lembrou que, tomando como referencia que na actualidade se prestan máis de 110.000 horas anuais, o aforro para as arcas locais achegarase a 1,7 millóns de euros ao remate da presente lexislatura en 2028.

A CARÓN DOS CONCELLOS

Pola súa banda, Miguel Ángel Viso asegurou que este incremento da aportación realizada pola Xunta “demostra que o Goberno galego está ao carón dos concellos galegos, sobre todo dos máis pequenos, que verán aliviadas as súas contas municipais para a prestación deste servizo tan importante”. Neste sentido, destacou que este aumento “facilitará que máis persoas dependentes poidan seguir vivindo con dignidade no seu propio fogar e co apoio que precisan”.

Porén, afirmou que “este servizo podería estar aínda mellor financiado se o Goberno de Pedro Sánchez puxera enriba da mesa o 50 por cento que lle corresponde pola Lei da dependencia, pero para desgraza dos galegos, en vez de achegarse a esa metade, cada ano reduce a súa aportación, que pasou nos últimos anos do 40 ao 34 por cento”. “Esta situación derivou en que neste momento a débeda que o Estado ten con Galicia pola prestación da dependencia se incremente día tras día, achegándose na actualidade aos 3.000 millóns de euros”, dixo.

O PPdeG destaca a fortaleza do sistema sanitario galego pese á falta de respostas do Goberno central ante a escaseza de profesionais sanitarios

O vicesecretario de Familia e portavoz do PPdeG no Parlamento de Galicia, Alberto Pazos,  asegurou que Galicia continúa a contar con “un dos mellores sistemas sanitarios do mundo”, malia as dificultades actuais derivadas da escaseza de profesionais en determinadas especialidades. Segundo explicou, esta situación non é exclusiva da comunidade galega, senón un problema común a todas as comunidades autónomas.

Neste sentido, lembrou que as comunidades levan anos trasladando propostas ao Ministerio de Sanidade para dar resposta a esta falta de persoal, sen que ata o momento se teñan adoptado medidas eficaces para solucionar unha problemática que afecta ao conxunto do sistema sanitario español.