O Grupo Popular reafirma a posición clara e firme en defensa dos dereitos humanos en Gaza e Cisxordania, demandando ao Goberno de España que apoie o Plan de Paz

A deputada do Grupo Popular Katy Varela reafirmou hoxe no Pleno do Parlamento de Galicia a posición clara e firme en defensa dos dereitos humanos en Gaza e Cisxordania, demandando ao Goberno de España que apoie o Plan de Paz, como vía máis adecuada que inclúe o cesamento do fogo, a chegada plena de axuda humanitaria e evitar a escalada do conflito; e esixindo a Israel a continuación total de entrada de axuda humanitaria en Gaza, priorizando a saúde, a educación, a alimentación e a reconstrución do territorio.

Katy Varela asegurou que “sempre tivemos claro denunciar o ataque desmesurado por parte do Estado de Israel na franxa de Gaza, pero o que non queremos é ter titulares ou rédito político a costa de conflitos como este”. “Cando denunciamos unha situación internacional de vulneración de dereitos humanos e de conflito armado, facémolo por moral, ética e principios, sen sectarismos, porque para nós non hai vítimas de primeira ou de segunda e todas as persoas son iguais independentemente da súa orixe, etnia, relixión ou ideoloxía política”, apuntou.

Na súa intervención, lembrou que existe un alto ao fogo entre Israel e Hamas, que se pacta no Plan de Paz para Oriente Próximo asinado nun acto o 13 de outubro coa presenza do presidente do Goberno de España. Porén, criticou que o BNG “quere delegar toda a responsabilidade na Xunta ata en asuntos como este, pero é Pedro Sánchez quen acudiu á sinatura dese acordo e a quen lle corresponde velar máis polo seu cumprimento”.

“Non escoitamos ao BNG condenar con contundencia as continuas vulneracións de dereitos humanos que se levaron a cabo polo réxime de Nicolás Maduro en Venezuela, nin falas das miles de persoas que morren por reivindicar os seus dereitos en Irán e nin sequera son capaces de asinar unha declaración institucional conxunta para condenar as masacres que se están a perpetrar neste país”, manifestou a deputada popular, quen tamén considerou lamentable que “levemos dous anos sen sacar adiante unha declaración institucional de condena do holocausto xudeo”.

Katy Varela incidiu que “queremos reafirmar a importancia do cumprimento dese acordo de paz e, polo tanto, de que as ONGs poidan realizar o seu traballo e que a axuda humanitaria chegue a esa poboación desfavorecida polo conflito”. “Pero hai que pedirllo a quen presenciou o acordo de paz, o presidente do Goberno de España”, concluíu.

Millán Mon anuncia que el PP ha propuesto elevar a 7.000 millones de euros los fondos para la pesca en el próximo Marco Financiero Plurianual de la UE

El eurodiputado del Partido Popular de Galicia Francisco Millán Mon, miembro de la Comisión de Pesca, intervino hoy en un debate en el pleno del Parlamento Europeo en Estrasburgo sobre la necesidad de relanzar la competitividad europea, en el marco del Informe Draghi.

En el debate, el eurodiputado gallego se centró en la pesca y anunció que, recientemente, el Partido Popular había presentado enmiendas para elevar a al menos 7.000 millones de euros la financiación de la pesca en el próximo Marco Financiero Plurianual 2028-2034 (MFP), frente a los 2.000 millones de euros propuestos por la Comisión Europea. Estas enmiendas se presentaron, tanto en la Comisión de Pesca como en la Comisión de Presupuestos, al informe de la posición del Parlamento Europeo para la negociación del futuro MFP.

Millán Mon subrayó, en primer lugar, la necesidad de una Europa competitiva, para evitar que la UE se quede rezagada frente a Estados Unidos o China, como apunta el Informe Draghi. “Cuando hablamos de competitividad, no podemos olvidar a los sectores primarios. El sector pesquero tiene un gran potencial que se debe aprovechar”, recordó.

El eurodiputado mencionó dos obstáculos fundamentales que dificultan el despliegue de este potencial. En primer lugar, los excesos regulatorios y la burocracia, “que se resolverían a través de un ‘ómnibus’ de simplificación, como he venido reclamando”. La propia presidenta de la Comisión, Ursula Von der Leyen, hizo hincapié, durante el debate, en los 10 ‘ómnibus’ de simplificación propuestos hasta el momento, a los que Millán Mon querría añadir uno para la pesca.

En segundo lugar, para el eurodiputado gallego, es esencial asegurar una financiación suficiente para la pesca. “El recorte del 67% propuesto para el próximo Marco Financiero es inaceptable”, subrayó, y anunció: “Por eso, desde el Partido Popular, presentamos enmiendas la semana pasada al informe del Parlamento Europeo parar que se garanticen al menos 7.000 millones de euros para la pesca y la acuicultura en el próximo Marco Financiero”.

“Estos fondos son imprescindibles para afrontar los grandes retos del sector”, señaló el eurodiputado. Como tales retos, mencionó la descarbonización y la modernización de la flota, que, a su juicio, son elementos clave para asegurar la competitividad y el relevo generacional de la pesca europea y gallega.

O Parlamento galego demanda ao Goberno central que dote con orzamento específico a Lei ELA

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se reclama ao Goberno central que asigne unha dotación orzamentaria específica para facer efectivos de maneira inmediata os dereitos recoñecidos pola Lei ELA, e que a súa aplicación teña carácter retroactivo desde a súa entrada en vigor.

A portavoz popular de Política Social, Raquel Arias, afirmou que “unha lei sen orzamento non é unha lei; é, pola contra, unha ficción política, propaganda e unha burla”. Así, agarda que o Executivo central cumpra dunha vez cunha norma que aprobou hai xa 16 meses: “Ningunha comunidade ten capacidade para afrontar en solitario a atención que estes enfermos e as súas familias precisan”, porque, segundo dixo, “as axudas son esenciais para vivir con dignidade”.

Así, Raquel Arias criticou a falta de sensibilidade do Goberno central por tardar tres anos en tramitar a norma, que, cando entrou en vigor, fíxoo sen financiamento preciso e sen mecanismos de aplicación: “Unha burla para os doentes”. E é que, tal e como argumentou, a lei que, segundo o Goberno de Sánchez, está pensada para chegar a todos os afectados, “as achegas son tan restritivas que só chegan ao 5 por cento dos doentes”.

O GOBERNO GALEGO, AO CARÓN DOS ENFERMOS DE ELA

Tal e como recordou a deputada popular, Galicia foi pioneira en axudas e dereitos para os enfermos de ELA. Así recordou que foi a primeira comunidade en crear o proceso asistencial integrado de esclerose lateral amiotrófica, mediante o cal se priorizou a atención establecendo vías rápidas tanto a nivel sanitario, para axilizar a diagnose, como a nivel social, para a tramitación da dependencia e a discapacidade. “En Galicia, aos doentes con ELA recoñéceselle o grao máximo de dependencia de forma automática”, engadiu Arias.

Así mesmo, fixo fincapé na axuda directa anual de 12.000 euros a todos os doentes galegos diagnosticados con ELA, mediante a cal lles permite mercar produtos de primeira necesidade. Unhas axudas que, desde este mesmo ano, están exentas fiscalmente.

Durante a súa intervención, Raquel Arias tivo palabras de “agarimo, recoñecemento e admiración” para Susi Seoane, quen foi presidenta da Asociación Galega de Enfermos de ELA (AGAELA), pola súa loita na investigación da enfermidade e incremento dos dereitos dos doentes e os seus familiares: “Susi deixounos hai apenas dúas semanas sen ver cumprido o seu soño”, dixo a parlamentaria popular, quen avogou por un compromiso firme e unánime cos enfermos e as súas familias.

O Parlamento galego demanda ao Goberno central que respecte o autogoberno de Galicia e retire o recurso presentado ante o plan de axilización da dependencia e a repotenciación do sector eólico

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, co voto en contra do PSdeG e a abstención do BNG, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que respecte o autogoberno de Galicia e retire, con carácter inmediato, o recurso de inconstitucionalidade contra o plan de axilización da dependencia e da discapacidade, así como contra a repotenciación dos parques eólico e a obriga de ofertar e vender en Galicia parte da electricidade xerada en beneficio directo da cidadanía e da industria galegas.

O portavoz popular, Alberto Pazos, manifestou que “ao longo do noso autogoberno se teñen producido desencontros entre o Goberno galego e o Goberno central, diferenzas que foron resoltas normalmente a través das canles institucionais pero que nesta ocasión é a primeira vez que o Goberno de Pedro Sánchez decidiu utilizar unha vara de medir diferente e específica para castigar a Galicia”. “Non falamos dunha discrepancia de criterio entre a Xunta e o Estado, senón dun novo episodio do proceso de doma e castración de Galicia deseñado por un goberno incapaz de asumir democraticamente o seu fracaso electoral nesta terra”, dixo.

PARALIZACIÓN DE FACTO

En concreto, o recurso interposto polo Goberno de España paralizou de facto o plan de choque impulsado pola xunta para reducir as listas de espera na dependencia e o proceso de modernización e remuda de parques eólicos que permite o abaratamento do prezo da enerxía para empresas e fogares galegos.

“O plan de axilización e simplificación da dependencia e da discapacidade da Xunta estaba a ser unha ferramenta de enorme utilidade para reducir os tempos de espera para o recoñecemento da dependencia”, asegurou Alberto Pazos, quen concretou que só durante o pasado ano 2025 se resolveron 86.319 expedientes, 28.737 persoas se incorporaron ao sistema de dependencia, se fixeron 57.582 recoñecementos de discapacidade e 12.626 persoas con dependencia viron recoñecida de maneira automática a súa discapacidade, reducindo os tempos de espera en dous meses.

Pola súa banda, a modificación da normativa impulsada polo Goberno galego buscou acelerar o proceso de renovación tecnolóxica dos parques eólicos galegos de máis de 25 anos, obrigando ás eléctricas a adiantar os seus investimentos para mellorar o aproveitamento eólico en beneficio de todos. “Unha medida moi criticada polo sector enerxético, pero que segundo o informe da Universidade de Vigo permitiría reducir o número de aeroxeradores nun 80 por cento, aumentando ao mesmo tempo a produción nun 34,5 por cento”, indicou o portavoz popular.

MEDIDAS COPIADAS

Ademais, subliñou que “son tan exitosas estas medidas que o propio Goberno de Pedro Sánchez está incorporando algunhas destas iniciativas na súa propia lexislación, coa diferenza de que mentres a Xunta recoñece aos dependentes de grao 3 o 100 por cento da discapacidade, o Goberno de España fai o mesmo pero limita o recoñecemento ao 65 por cento”.

“Resulta incomprensible que o Goberno de España cuestione unha normativa que está mellorando a vida dos galegos, pero aínda resulta máis incomprensible que ese disparate sexa apoiado por grupos que teñen representación neste Parlamento”, considerou o portavoz popular, quen anotou que “non se pode berrar pedindo máis autogoberno, despois de apoiar a quen recorta o noso autogoberno; non se pode esixir a redución das listas de espera da dependencia, e apoiar a quen boicotea as medidas que permiten reducir as listas de espera da dependencia; e non se pode esixir que a sociedade galega obteña beneficio da explotación dos nosos recursos, para despois apoiar a quen impide que iso se faga realidade”, concluíu.