Millán Mon alerta sobre la necesidad de un etiquetado adecuado para combatir prácticas desleales como el “pescado vegetal”

El eurodiputado popular Francisco Millán Mon abordó durante la Comisión de Pesca del Parlamento Europeo cuestiones como una posible futura reforma del Reglamento de la Organización Común de Mercados (OCM) y la situación de la pesca artesanal y de bajura en la Unión Europea, alertando de la necesidad de un etiquetado adecuado para combatir prácticas desleales.

En este sentido, Millán Mon planteó la necesidad de que una futura reforma del Reglamento de la OCM aborde cuestiones como el etiquetado, la lucha contra el fraude alimentario y el reconocimiento de las cofradías de pescadores.

El eurodiputado gallego señaló que un etiquetado más transparente puede contribuir a poner en valor la producción europea y a reforzar la posición de los productores europeos en el mercado. No obstante, advirtió de que las nuevas obligaciones no deben traducirse en requisitos excesivamente complejos o costosos para la industria conservera y transformadora y reclamó estudios de impacto sobre los costes. También subrayó la necesidad de que los productos importados cumplan las mismas exigencias en esta materia.

Millán Mon subrayó, además, la necesidad de contar con un etiquetado adecuado para combatir prácticas desleales como el denominado “pescado vegetal” y evitar la confusión de los consumidores. Recordó que tanto el Consejo Consultivo de Mercado (MAC) como el Tribunal de Cuentas han señalado la necesidad de reforzar el marco regulatorio para evitar prácticas de etiquetado engañoso.

En este sentido, puso como ejemplo la reciente reforma de la OCM agrícola, que ha introducido la protección de determinadas denominaciones vinculadas a la carne. “Al igual que se ha considerado necesario proteger denominaciones como ‘solomillo’, ‘muslo’ o ‘pechuga’, también se deben proteger denominaciones vinculadas al pescado y productos pesqueros”, afirmó.

Por último, el eurodiputado gallego reclamó que una eventual reforma de la OCM dé respuesta a una reivindicación especialmente importante para Galicia: el reconocimiento de las cofradías de pescadores y su equiparación con las Organizaciones de Productores (OPs) a efectos de financiación. “El Parlamento Europeo ya se ha pronunciado varias veces sobre esta cuestión y la conclusión es clara: las cofradías deben ser reconocidas y poder optar a recibir ayuda financiera en pie de igualdad con las OPs”. En este sentido, pidió a la DG MARE que trabaje junto con los Gobiernos nacionales concernidos para encontrar una solución legislativa apropiada.

LA PESCA ARTESANAL

En la Comisión de Pesca también se abordó un estudio sobre la asignación de posibilidades de pesca en los Estados Miembros. En el debate, Millán Mon defendió una atención especial a la pesca artesanal y de bajura, que representa alrededor del 70 % de la flota europea y es fundamental para el empleo, las comunidades costeras y la seguridad alimentaria.

El eurodiputado popular destacó la diversidad de los sistemas nacionales de asignación y recordó que, de acuerdo con el artículo 17 de la PPC, son los Estados miembros los competentes en esta materia. No obstante, valoró positivamente las recomendaciones, recogidas en el estudio, de mejorar la transparencia, fomentar el intercambio de buenas prácticas y clarificar la evaluación que realiza la Comisión Europea.

Finalmente, Millán Mon defendió que el debate sobre la pesca artesanal no debe plantearse como una confrontación con la pesca de mayor escala. “Ambas generan empleo y riqueza y ambas son necesarias para garantizar la producción alimentaria, el futuro de nuestras comunidades costeras y la industria pesquera”, concluyó, al tiempo que insistió en la necesidad de diálogo con los sectores afectados por los eventuales cambios.

O PPdeG esixe aumentar os fondos para a atención dos menores migrantes non acompañados ante un recorte do 82 % polo Goberno central

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos, denunciou hoxe, o recorte dun 82 % nos fondos asignados polo Goberno central a Galicia para a atención dos menores migrantes non acompañados.

Neste senso, e tal e como censurou, os 740.000 euros consignados para este 2026 son “unha cantidade insuficiente”, ao non alcanzar “nin sequera o 5 % do custo real que supón atender a estes menores baixo a tutela da nosa Comunidade”. “Galicia ten que asumir con recursos propios –engadiu- a práctica totalidade do esforzo económico para garantir a protección, a escolarización, a atención sanitaria e a integración social que estes menores precisan e merecen”.

O portavoz popular criticou a constante política de improvisación e de falta de información do Executivo central. Tras incidir no compromiso de Galicia coa protección da infancia, considerou “inaceptable” que o Goberno de Pedro Sánchez descargue sobre as Comunidades o custo de decisións que son da súa competencia “sen ningunha coordinación e sen ningunha lealdade institucional”. Por todo isto, os populares, a través dunha proposición non de lei, veñen de reclamar o incremento “de forma inmediata” da achega económica a Galicia, así como tamén unha planificación efectiva e transparente.

UNHA NOVA PROPOSTA DO ESTATUTO MARCO
Asemade, o portavoz popular referiuse á urxente necesidade de abordar, de forma consensuada con todos os axentes implicados, a reforma do Estatuto Marco do persoal sanitario. Neste punto, recordou que a actual proposta formulada de forma unilateral e de costas ás Comunidades polo Goberno central “foi rexeitada” polos representantes dos profesionais, o que derivou, ao longo deste último ano, en mobilizacións nas rúas e en varias folgas xerais.

Para Pazos, urxe iniciar de cero unha nova proposta de renovación que conte coas memorias técnicas, xurídicas e económicas que permitan fundamentar cada modificación do Estatuto Marco vixente e que veña acompañada dun financiamento realista que asegure unha aplicación efectiva.

OS AGRAVIOS DO GOBERNO CENTRAL A GALICIA
Por outra banda, e a través dunha pregunta oral con carácter de urxencia, o Grupo Popular interesarase pola vindeira xuntanza do Consello de Política Fiscal e Financeira –que terá lugar esta mesma semana-. Tal e como sinalou o portavoz popular, “está en xogo o futuro económico da nosa Comunidade”, debido aos intentos do Goberno central por impoñer un novo modelo de financiamento autonómico que rache coa equidade territorial.

Do mesmo xeito, os populares preguntarán pola modificación da lexislación de costas que o Executivo central pretende, tamén, levar a cabo de forma unilateral e que supón un novo ataque ao litoral galego. O Executivo pretende alterar o criterio técnico para delimitar o dominio público marítimo-terrestre, eliminando a esixencia actual de recorrencia das ondas e substituíndoa polo rexistro dunha máxima onda nun momento concreto.

A última das preguntas orais versará sobre a transferencia da AP-9 e o Ditame aprobado no Congreso dos Deputados respecto á Proposición de Lei Orgánica de transferencia da autoestrada. Neste punto, insistiu en volver ao texto orixinal, o aprobado pro unanimidade na Cámara galega e o “único que defende os intereses de Galicia”. Neste punto, pediu a nacionalistas e socialistas “lealdade aos seus propios compromisos e decisións” e ao texto que apoiaron no Parlamento.

Por último, Pazos avanzou a comparecencia, a petición propia, do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para informar do inicio de curso escolar.

O PPdeG chama aos galegos e galegas á mobilización simultánea en apoio ao pobo ceutí e pola defensa da soberanía nacional

O PPdeG fai un chamamento aos galegos e galegas a participar nas concentracións simultáneas en apoio ao pobo ceutí, que se celebran mañá ás 20.00 horas diante dos concellos de Galicia. Os populares sinalan que esta mobilización se trata dunha mostra de “unión, solidariedade e compromiso” con Ceuta ante a crise migratoria actual que padecen estes compatriotas, tralos efectos da invasión que se produciu nos últimos días de xullo.

Os populares galegos defenden que estas mobilizacións non son un asunto “nin de esquerdas nin de dereitas”, senón de apoio á soberanía nacional e á volta a normalidade no territorio español, amosando empatía con compatriotas que o están pasando mal fronte a un Goberno central sumido na “absoluta pasividade” e no “abandono” do pobo ceutí.

Para o PPdeG, a realidade é que o PSOE de Pedro Sánchez provoca unha imaxe de “país fallido”, despois de asegurar que o problema estaba resolto aos dous días da invasión, cando a realidade é que un mes despois hai centos de persoas que seguen vagando polas rúas de Ceuta, sen que o Goberno dea ningunha solución. “Este é un Goberno experto en escorrer vultos pero incapaz de resolver problemas. Ceuta é o espello do que ocorre desde hai anos en España”, insisten os populares.

Neste sentido, o PPdeG apela á conciencia solidaria, se existe, dos dirixentes do PSOE. “Non é compatible defender os valores da socialdemocracia con encartarse ás necesidades egoístas do presidente do Goberno, negando o apoio a quen máis o necesitan”, apuntan os populares galegos. Fronte a isto, dende Galicia trasladan o seu apoio aos ceutís e ao presidente de Ceuta, Juan Jesús Vivas, que solicitou aos españois que se mobilicen nestas concentracións simultáneas por toda España, baixo o lema “Todos con Ceuta”.