O Comité Executivo do Partido Popular de Galicia, en sesión celebrada en Santiago de Compostela, acordou que o 19 Congreso Provincial Extraordinario do Partido Popular de Ourense teña lugar na cidade de Ourense o vindeiro sábado, día 13 de xullo de 2024.

¿CÓMO PODES PARTICIPAR?
Para participar na elección do novo/a Presidente/ a e dos/as compromisarios/as do Congreso, deberás inscribirte antes do venres 28 de xuño. No momento de facelo deberás de estar ao corrente de pagamento das túas cotas e/ ou aportacións, ou poñerte ao día durante ese mesmo período de inscrición. Terás o impreso na páxina web www.ppou.es, así como nas sedes do partido para a túa inscrición, que poderás realizar -unha vez cumprimentado- de forma presencial na sede, por correo ordinario ou por correo electrónico (ourense@pp.es).

¿QUEN PODE SER ELIXIDO/A COMPROMISARIO/A?
Os/ as afiliados/ as previamente inscritos que o desexen poderán presentarse como candidatos/ as a compromisarios/as dende o xoves 13 de xuño ata o venres 28 de xuño de 2024.
 
 ¿QUEN PODE SER ELIXIDO PRESIDENTE/ A?
Poderán presentarse como candidatos/ as á Presidencia Provincial todos/as os/as afiliados/ as que o desexen e que cumpran coa condición de elixible (ao corrente de pagamento das súas cotas e que leven máis de 12 meses afiliados/ as ao Partido). Para ser proclamado/ a precandidato/ a á Presidencia Provincial do Partido será necesario presentar o apoi o de, polo menos, 75 afiliados/ as que estén ao corrente dos seus pagamentos e obrigas, no documento normalizado e aprobado polo Comisión Organizadora, que será facilitado por ésta a quen llo solicite e a disposición de todos/as os/ as interesados/ as na web www.ppou.es. A presentación de precandidaturas á Presidencia Provincial finalizará ás 20:00 horas do xoves 20 de xuño de 2024, debendo realizarse diante da Comisión Organizadora (sede do Partido Popular, Avenida Buenos Aires, 33 de Ourense).
A Comisión Organizadora do Congreso procederá á proclamación de precandidatos/as á Presidencia Provincial ás 14:00 horas do venres 21 de xuño de 2024, para posteriormente iniciar unha campaña electoral interna que terá lugar dende o sábado 22 de xuño ata ás 00:00 horas do mércores 3 de xullo.
 ¿CANDO SERÁN AS VOTACIÓNS?
As Asembleas para a elección de compromisarios/as que participarán no Congreso e para a votación a precandidatos/as á Presidencia Provincial serán convocadas pola Comisión organizadora do Congreso o mércores día 19 de xuño para poder celebrarse o xoves 4 de xullo de 2024.