Skip to content

Evega; corenta anos no centro do sector vitícola

Juan Casares Gándara

 

Aínda hoxe, estou convencido de que a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) constitúe un piar fundamental que sustenta o desenvolvemento do sector vitivinícola galego. A súa historia comezou o 5 de novembro de 1985, cando foi inaugurada no concello ribeirán de Leiro, ó pé do Mosteiro de San Clodio; un enclave fondamente ligado á tradición vitícola da nosa terra. Catro décadas despois, o 5 de novembro de 2025, celebrámo-lo seu corenta aniversario como centro consolidado e referente a nivel autonómico e estatal.

Se a súa creación respondera á necesidade de modernizar e fortalecer un sector clave na economía e na identidade galega, co tempo a súa actividade foi medrando e aconsellou a apertura, en xullo de 1997, da Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía (Eeve) no concello pontevedrés de Ribadumia. Esta subestación permitiu aumenta-la súa capacidade de investigación e de intervención ó tempo que ampliou o seu achegamento ás distintas realidades vitivinícolas do territorio galego.

Dende a súa fundación, a misión da Evega foi impulsa-lo desenvolvemento tecnolóxico do sector mediante a investigación aplicada e a transferencia do coñecemento adquirido. Un exemplo é Fitovit; unha plataforma web que permite previ-los danos das patoloxías fúnxicas, as grandes inimigas da viña en Galicia, de xeito respectuoso coa contorna. Porén, o seu traballo non se limita ó ámbito científico, senón que abrangue tamén o asesoramento directo a viticultores e adegueiros, contribuíndo a mellora-la calidade dos viños e a competitividade das empresas. A isto súmase unha intensa actividade formativa, -xornadas, cursos e talleres-, fundamental para garanti-la profesionalización do sector.

Para min, un dos aspectos máis destacados da Evega é o seu papel como laboratorio oficial para a análise de produtos derivados da vide xa que, dende xullo de 2014, conta cunha acreditación da ENAC que avala a fiabilidade das súas análises e a converte nunha ferramenta esencial para garanti-lo cumprimento dos estándares de calidade e seguridade no ámbito vitivinícola galego. Asemade, a investigación que desenvolve tradúcese en avances concretos que teñen un impacto directo no sector: a través de proxectos de I+D+i, xéranse novos materiais e tecnoloxías que son adoptados posteriormente polos profesionais e un caudal de coñecemento que se difunde de xeito activo mediante publicacións especializadas e participacións en congresos estatais e internacionais.

Outro dos grandes tesouros que acolle a Evega é a súa colección de variedades tradicionais de vide, considerada a máis completa e antiga de Galicia. Trátase dun auténtico banco de xermoplasma que cumpre unha función esencial: preserva-la biodiversidade e evita-la desaparición de variedades autóctonas. Este patrimonio xenético galego non só ten un valor histórico e cultural incalculábel, senón que representa tamén unha oportunidade para o futuro xa que permite a recuperación e posta en valor de castes cun gran potencial enolóxico; tal foi o caso da Albilla do Avia. Así mesmo, funciona como un viveiro seleccionador oficial que subministra material vexetal certificado que cumpre coas esixencias de calidade varietal, xenética e sanitaria, e permite asegura-la sustentabilidade e a excelencia das producións vitivinícolas galegas.

Durante os case once anos que a dirixín, potenciámo-la súa dimensión formativa, participando activamente no adestramento de profesionais e na formación doutros novos mediante convenios con centros educativos, programas de prácticas para bolseiros e a dirección de teses de doutoramento. Hoxe, dende a distancia, ratifícome en que a Evega é moito máis ca un centro de investigación; representa un espazo onde converxen a ciencia, a tradición e o futuro; constitúe un motor de innovación ó servizo dun dos sectores máis emblemáticos e estratéxicos de Galicia.

Noticias recomendadas

<span style="font-style: italic;">Galicia dá a cara fronte a crise</span>
J.M Barreiro
Cando estala unha crise internacional como a guerra en Oriente Medio hai dúas maneiras de reaccionar:
<span style="font-style: italic;">Regresións e terapias</span>
Pedro Puy
A procura na web do termo inglés crisis of democracy arroxa máis de 140 millóns de entradas.
O PPdeG enxalza o compromiso do Goberno galego co tecido veciñal, a través da nova convocatoria de axudas que ascende a 3M€
O PPdeG enxalza o compromiso do Goberno galego co tecido veciñal, a través da nova convocatoria de axudas que ascende a 3M€. Neste senso, as deputadas autonómicas, Dolores Hermelo e
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies