O PPdeG demanda que a Xunta licite e execute o novo emisario submarino e a mellora da EDAR de Praceres

Santiago, 30 de outubro de 2018.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira demandou hoxe no Parlamento que a Xunta licite e execute as obras do novo emisario submarino e a mellora da actual estación depuradora de Praceres, ao tempo que require aos concellos de Pontevedra, Marín e Poio o arranxo das deficiencias existentes nas súas redes de sumidoiros que repercuten negativamente na eficiencia da depuradora de Praceres ao producirse infiltracións de auga de mar.
Continue reading

O Grupo Popular demandará no Pleno ao Goberno central que concrete o prazo para a supresión da peaxe da AP-9 en Redondela

Santiago, 30 de outubro de 2018.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana que o Goberno central concrete o prazo e fórmula elixidos para a supresión da peaxe de Redondela na AP-9 e se designe definitivamente ao Instituto Tecnolóxico para o control do medio mariño en Galicia (Intecmar) como laboratorio nacional de referencia para biotoxinas e control e clasificación das zonas de produción de bivalvos.
Continue reading

Puy avoga por conseguir un acordo sobre comparecentes e documentación que mellor contribúan á finalidade das comisións de investigación sobre a sanidade e o Marisquiño

Santiago, 29 de outubro de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, amosou hoxe a disposición do PPdeG para, unha vez analizados polo miúdo os plans de traballo presentados polos grupos da oposición das comisións de investigación sobre a sanidade pública e o accidente do Marisquiño en Vigo, “conseguir que haxa un acordo para que estean os comparecentes e a documentación que poidan contribuír mellor á finalidade para a que foron constituídas ambas comisións”.
Continue reading

Feijóo di que a Xunta destinará en 2019 máis de 4.000 euros por cada lucense, moito máis do que se destinaba á provincia en 2009

28, outubro, 2018. O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, dixo que o PPdeG é o único partido que ten un proxecto para Lugo e que mostra diso son os orzamentos do Goberno autonómico para esta provincia: “Nunca houbo tanto orzamento en Lugo como agora”. “A Xunta –engadiu- investirá máis de 4.000 euros por cada lucense, moito máis do que se destinaba a esta provincia no 2009”.

Continue reading

Feijóo asegura que o PP quere un proxecto para servir aos veciños de Pontevedra e non para defender a causa nacionalista do BNG

27, outubro, 2018.O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo,asegurou que os populares queren un proxecto de cidade para servir aos veciños de Pontevedra e non para defender a causa nacionalista, como fai o BNG cos votos dos cidadáns. “Nós empregamos a confianza dos pontevedreses para facer máis Pontevedra, para facer máis Galicia e para facer máis España”, engadiu durante a presentación do candidato Rafa Domínguez.

Continue reading

O Parlamento demanda a Alcoa que reconsidere a súa decisión e retire o expediente de extinción de emprego sobre a plantilla de A Coruña

Santiago, 23 de outubro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular, que foi transaccionada dos grupos do PSOE e En Marea, a través da que se demanda á empresa Alcoa que reconsidere a súa decisión e retire o expediente de extinción de emprego sobre a totalidade da plantilla da súa factoría de A Coruña, tentando buscar solucións entre todos os axentes políticos, económicos e sociais afectados, abrindo unha mesa de negociación con todas as partes.
Continue reading