Tellado: “Non é unha casualidade que sexa Galicia a Comunidade que lidera a creación de emprego”

2, agosto, 2018. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, valorou esta mañá os datos publicados do paro de xullo, nos que Galicia foi a autonomía que rexistrou a maior baixada do desemprego do pasado mes e na que máis subiron as afiliacións. “Non é casual que sexa Galicia, a única comunidade con maioría absoluta e con estabilidade institucional, a que leve liderando a creación de emprego durante os últimos meses”, subliñou.

Continue reading

A Comisión de estudo de política forestal e incendios aproba o seu ditame co voto favorable dos grupos do PPdeG e PSdeG

Santiago, 31 de xullo de 2018.- A Comisión de estudo sobre política forestal e prevención e extinción de incendios aprobou hoxe o seu ditame, co apoio dos grupos parlamentarios do PPdeG e PSdeG. Entre as recomendacións recollidas no documento figuran a necesidade dunha planificación integral do territorio e dos usos do solo rural, ao tempo que demanda dotar de novas competencias á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) para impulsar a mobilidade de terras produtivas e a creación de polígonos agrarios e distritos forestais. Tamén se solicita centralizar nun ente instrumental específico, dependente da Xunta, as funcións en materia de prevención de incendios e vixilancia de incumprimentos; así como a creación dun grupo de expertos para optimizar a eficacia do servizo de extinción de incendios.

Continue reading

Puy salienta que o 80% das iniciativas en Pleno sexan a proposta da oposición, convertendo o Parlamento galego no centro político de Galicia

Santiago, 30 de xullo de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe, na presentación do balance da actividade parlamentaria desenvolvida nesta primeira metade da X Lexislatura, que o 80 por cento das iniciativas debatidas en sesións plenarias foron a proposta dos grupos da oposición, co que “estamos a conseguir o obxectivo de facer do Parlamento o centro político de Galicia”. Puy destacou, ademais, o labor de control ao Goberno galego desenvolvido desde a Cámara, xa que teñen comparecido unha media de 2,4 veces cada día desde o inicio da lexislatura.
Continue reading

Puy salienta que o PPdeG razoa, rende contas e contrasta opinións fronte a formacións que basean a súa estratexia no slogan e a descualificación

Santiago, 29 de xullo de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, criticou hoxe as formacións políticas que basean a súa estratexia “no slogan e a descualificación global do adversario”, fronte a un PPdeG que “entende o debate como unha forma de razoar, explicar, render contas e contrastar opinións”. Respecto do recente congreso nacional do  PP asegurou que o partido “está nun prazo moi breve de tempo renovado e con ilusión para afrontar o futuro”, logo de vivir “un proceso absolutamente natural de relevo no que prevaleceu a integración sobre a división e a confrontación”.
Continue reading

Paula Prado avoga por lexislar para que as plantas de tratamento de residuos garden unha distancia mínima cos núcleos de poboación

Santiago, 23 de xullo de 2018.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, considerou hoxe necesario que as plantas de tratamento de residuos, como a que se prevé construír na antiga canteira de Casalonga en Teo, “garden unha distancia mínima cos núcleos de poboación como xa acontece agora coas granxas de gando”. Deste xeito, anunciou que “proporemos que se lexisle neste sentido, ao tempo que demandamos que se cumpra estritamente a lexislación vixente e o establecido no Plan de xestión de residuos industriais de Galicia”.
Continue reading

Tellado salienta “a receptividade” da oposición ás propostas do PPdeG para o ditame da Comisión de política forestal e loita contra os incendios

Santiago, 23 de xullo de 2018.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, salientou hoxe “a receptividade” da oposición ás propostas e recomendacións formuladas polo PPdeG para o ditame da Comisión de estudo sobre política forestal e loita contra os incendios forestais, polo que “somos optimistas de cara á aprobación, antes de que remate este mes de xullo, do ditame en comisión co maior respaldo parlamentario posible”.
Continue reading

Pedro Puy avoga por “un acordo de país co máximo consenso” no ditame da Comisión de Estudo sobre política forestal e loita contra os incendios

 

Santiago, 16 de xullo de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou hoxe por “un acordo de país co máximo consenso” no ditame da Comisión de Estudo de política forestal e prevención e extinción de incendios. Puy concretou que entre as propostas do PPdeG figura reforzar a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) para mellorar os problemas de estrutura da propiedade no rural galego, así como a creación dun grupo específico de expertos para optimizar o servizo de prevención e extinción de incendios e a súa coordinación cos servizos de emerxencias.
Continue reading