O PPdeG pide ao Goberno central medidas lexislativas para que as cesións de explotacións dos agricultores a cónxuxes e descendentes non tributen no IRPF

Santiago, 25 de maio de 2018. O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González Pérez, defendeu hoxe na Comisión 7ª do Parlamento a necesidade de que o Goberno central introduza modificacións lexislativas que eviten a tributación no imposto da renda aos agricultores galegos que realicen un cambio de titularidade da súa explotación a título gratuíto por motivos de xubilación ou cesión aos descendentes. Esta proposta será rexistrada polo Grupo Popular a través dunha proposición non de lei no Parlamento galego, logo de que os socialistas rexeitaran esta mañá un acordo para a súa aprobación, “coa única finalidade de dicir que o PPdeG non apoia aos agricultores galegos”.

Continue reading

Tellado: “Cada minuto que pasa sen que Quinteiro dimita é un minuto que nos acerca á dimisión de Villares”

25, maio, 2018. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, afirmou esta mañá que cada minuto que pasa sen que Paula Quinteiro presente a súa dimisión “é un minuto que nos acerca á dimisión de Luís Villares”. Así se expresaba logo de que a deputada de En Marea se negase a deixar o seu escano despois de que llo pedisen 800 militantes do seu partido, o 85% dos que participaron na consulta.

Continue reading

O Parlamento demanda que a Xunta desenvolva un Plan integral de mellora xenética forestal

Santiago, 25 de maio de 2018. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a desenvolver un Plan integral de mellora xenética forestal, “que permita unificar as distintas actividades na materia nun único programa de planificación, execución, investigación e desenvolvemento dos recursos xenéticos forestais de Galicia a medio e longo prazo”, indicou o deputado popular José Silvestre Balseiros.

Continue reading

O PPdeG demanda a En Marea, PSOE e BNG que se sumen ao protocolo asinado pola Xunta e Fomento sobre os terreos do porto de A Coruña

Santiago, 23 de maio de 2018. O deputado do Grupo Popular Gonzalo Trenor demandou hoxe a En Marea, PSOE e BNG a sumarse ao protocolo asinado entre a Xunta e o Ministerio de Fomento que garante a titularidade  pública dos peiraos de Batería, Calvo Sotelo e da A Solana, ao tempo que garante o financiamento con 140 millóns de euros da conexión ferroviaria a Punta Langosteira.
Continue reading

O PPdeG rexeita asociar o galego a unha formación política, porque estaríase ligando o futuro da lingua ao desa organización

Santiago, 23 de maio de 2018. O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández Gil, rexeitou hoxe “asociar o galego a unha formación política concreta, porque deste xeito estaríamos ligando o futuro da nosa lingua ao desa formación”. “Nós defendemos que a lingua é un ben e un patrimonio de todos, e ninguén debe intentar apropiarse dela”, concretou.
Continue reading

O Grupo Popular insta á Xunta a velar polo legado artístico e bibliográfico do Centro Galego de Bos Aires

Santiago, 23 de maio de 2018. A deputada do Grupo Popular Raquel Arias defendeu hoxe no Parlamento que a Xunta vele polo legado cultural do patrimonio artístico e bibliográfico do  Centro Galego de Bos Aires, para que este se poida seguir desfrutando polo conxunto da colectividade e sociedade galega en Arxentina. Así mesmo, demandou que o Goberno galego, en colaboración coa Administración xeral do Estado, defenda que os emigrantes galegos asociacións ao Centro Galego de Bos Aires poidan seguir gozando de asistencia sanitaria en caso de necesidade.
Continue reading

O Parlamento insta á Xunta a impulsar medidas que recoñezan ás empresas que colaboran no desenvolvemento da formación profesional

Santiago, 23 de maio de 2018. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta a impulsar medidas e accións de recoñecemento para aquelas empresas que colaboran e participan no desenvolvemento da formación profesional, pola súa contribución a unha mellor formación do alumnado galego.
Continue reading

O PPdeG acusa aos socialistas de pretender “pasar dun servizo ferroviario rápido e eficiente a un máis lento e de menores prestacións”

Santiago, 22 de maio de 2018. O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, acusou esta tarde ao Grupo Socialista de intentar “confundir e xerar ruído” cunha proposición non de lei de “pouco fundamento técnico”, ao pretender “transformar o Eixo Atlántico nun servizo de proximidade”, isto é, “pasar dun servizo rápido e eficiente a un máis lento e de menores prestacións”.

Continue reading