O PPdeG pide á Deputación de Lugo que aumente en 10 millóns o orzamento para estradas provinciais e incremente ata os 32 millóns o plan de cooperación

O deputado do Grupo Popular Enrique Barreiro demandou hoxe no Parlamento de Galicia que a Deputación de Lugo aumente en 10 millóns de euros o orzamento destinado ás estradas provinciais, ao tempo que incremente ata os 32 millóns de euros o plan de cooperación. Así mesmo, solicitou a posta en funcionamento de nove centros de día, así como a residencia comarcal de Becerreá, ademais de axilizar e finalizar as obras de construción dos centros de Guitiriz, A Pontenova, A Pobra de Brollón, Folgoso do Courel e Portomarín.

Enrique Barreiro explicou que estas demandas “foron recollidas nas xuntanzas que o Partido Popular de Lugo celebrou con alcaldes, voceiros e veciños de todos os concellos lucenses, que presentaron propostas para dar resposta ás necesidades reais da provincia”. Neste sentido, criticou que o presidente da Deputación “intente esconder, ata o último momento, o orzamento deste organismo para o vindeiro 2025, para o que non recibiu nin escoitou aos 67 alcaldes e alcaldesas da provincia para coñecer as necesidades de cada municipio”.

APOIO Á RIBEIRA SACRA COMO PATRIMONIO MUNDIAL

En concreto, o deputado popular urxiu a elaboración e desenvolvemento dun plan de conservación, mantemento e mellora das estradas provinciais, reforzando tamén o desbroce. Para isto, pediu que se duplique o orzamento destinado a vías provinciais, aumentándoo en 10 millóns de euros.

Respecto á cooperación cos concellos, Enrique Barreiro considerou “necesario incrementar a achega provincial en 10 millóns de euros, chegando aos 32 millóns, así como incluír nas bases da vindeira anualidade a posibilidade de solicitar a aplicación de parte da achega provincial deste plan a gastos correntes dos concellos”.

No eido da cultura, Barreiro pediu que a Deputación garanta a seguridade naqueles tramos do Camiño de Santiago que discorren por estradas provinciais, construíndo sendas paralelas onde non existan e eliminando os puntos detectados como perigosos.

O deputado popular fixo unha especial mención ao apoio ao turismo, onde cualificou de “obriga da Deputación a elaboración dun plan estratéxico para a provincia, que teña en conta as necesidades e peticións das asociacións e entidades que forman parte do Consello Provincial de Turismo, apostando por un modelo máis sostible”. Ademais, solicitou “colaborar de xeito decidido no impulso da candidatura para que a Ribeira Sacra consiga en 2026 o recoñecemento pola Unesco como Patrimonio Mundial”.

Un dos aspectos no que máis incidiu Enrique Barreiro foi o benestar social, onde solicitou a posta en funcionamento dos centros de día de Trabada, Pol, Castroverde, Meira, Pedrafita do Cebreiro, Navia, Ribadeo, A Fonsagrada e Ribas do Sil. Ademais, demandou que se consignen as partidas orzamentarias específicas que aseguren a apertura inminente do centro de día e residencia comarcal de Becerreá, ademais de axilizar ou finalizar as obras de construción dos centros de Guitiriz, A Pontenova, A Pobra de Brollón, Folgoso do Caurel, Portomarín, Ourol, Pantón e O Saviñao.

 

O Grupo Popular demanda maior eficacia na xestión do seu orzamento á Deputación de A Coruña, xa que o grao de execución non supera o 40%

O deputado do Grupo Popular Gonzalo Trenor demandou hoxe ao presidente da Deputación de A Coruña unha maior eficacia á hora de xestionar o orzamento desta institución, xa que o grao de execución do seu presuposto rolda anualmente só o 40 por cento. “Danse situacións vergoñentas como que a Deputación de A Coruña, cun orzamento de 220 millóns de euros, acumula en bancos máis de 300 millóns”, sinalou.

Gonzalo Trenor criticou que a Deputación de A Coruña “consigna anualmente unha cantidade importante de diñeiro cuxa transformación en bens e servizos para os cidadáns queda en menos da metade, porque son incapaces de executar o orzamento ano tras ano”.

Na súa intervención, o deputado popular puxo de manifesto a incongruencia do presidente da Deputación coruñesa “ao pedir, por una banda, que a Xunta lle libere de competencias impropias, pero, por outro lado, pretende construír residencias de maiores sen un encaixe desde o punto de vista das competencias da Deputación”.

CONVERXENCIA EN INFRAESTRUTURAS E SERVIZOS

“Axustaríanse máis ao marco competencial da Deputación se priorizase as infraestruturas nos concellos da súa provincia e, especialmente, se promovese a converxencia en materia de infraestruturas e servizos básicos, como por exemplo os servizos de abastecemento ou o saneamento”, concretou.

Neste sentido, Trenor avogou porque desde a entidade provincial se faga compatible un POS flexible cuns plans específicos dirixidos, sobre todo, a pequenos concellos de menor capacidade económica, co fin de que vaian converxendo nas infraestruturas básicas”.

Por último, Gonzalo Trenor lamentou que a Deputación de A Coruña aprobara no pleno do pasado 27 de setembro o novo Plan Estratéxico de Subvencións 2025-2027, sen sometelo ao informe preceptivo e vinculante da Xunta de Galicia, como establece a Lei 5/2014 para os efectos de garantir unha coordinación e unha eficiencia no gasto público, así como un respecto ao marco competencial.

 

O PPdeG comprométese a dar a batalla en Europa pola cuestión eólica para “defender o presente e garantir o futuro de Galicia”

O Partido Popular de Galicia comprométese a dar a batalla en Europa no que se refire á tramitación ambiental de proxectos eólicos na nosa Comunidade e á súa adecuación ao marco normativo sectorial vixente para así “defender o presente e garantir o futuro de Galicia”.

Así o ratificou esta semana a Comisión de Medio Ambiente do partido nunha reunión encabezada pola coordinadora deste órgano, Marisol Díaz Mouteira, e na que tamén participaron o eurodeputado Adrián Vázquez e a responsable de Medio Ambiente e Cambio Climático do Goberno galego, Ángeles Vázquez.

Na reunión abordouse a cuestión prexudicial sobre os eólicos presentada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o pasado mes de xuño ante o Tribunal de Xustiza Europeo e na que, tal e como se anunciou esta semana, o Goberno galego se personará co obxectivo de defender o seu bo facer e as plenas garantías coas que contaron as autorizacións de parques eólicos concedidas nos últimos anos.

“Este é un problema para o que urxe unha solución canto antes e ante o que todos deberíamos ir a unha na defensa dos intereses de Galicia”, subliña Adrián Vázquez lamentando a postura dun BNG que “parece que quere que volvamos a vivir nos castros e sen electricidade” e dun PSdeG que “supostamente reclama enerxía eólica en Galicia pero en Bruxelas só pon pedras no camiño”.

O eurodeputado lalinense insiste ademais en que a resolución desta cuestión prexudicial terá afectación en todos os países europeos e, por iso, xunto a Francisco Millán Mon, xa contactaron cos ministros de Medio Ambiente doutros estados membros “para alertarlles desta situación tan preocupante”.

GALICIA RETROCEDE POSICIÓNS EN TERMOS DE POTENCIA EÓLICA

Pola súa banda, Ángeles Vázquez recorda que nos 11 anos de vixencia da Lei de avaliación ambiental estatal ningún tribunal albergou dúbidas sobre se o procedemento fixado nesta norma se axustaba ao dereito comunitario. De aí que sorprenda a “interpretación propia” realizada polo TSXG e pola que “de forma errónea” rexeita a forma de actuar do Goberno galego segundo o establecido, precisamente, na normativa estatal.

A responsable de Medio Ambiente e Cambio Climático do Executivo autonómico remarca o seu convencemento de que a tramitación feita en Galicia baseouse na aplicación dunha lei acorde coa normativa comunitaria e por iso defende a actuación levada a cabo en todos os procedementos sometidos a avaliación ambiental desde 2013 (ano de aprobación da Lei de avaliación ambiental española).

Denuncia así mesmo a parálise que está a sufrir o sector eólico en Galicia debido ao “goteo constante” de recursos xudiciais contra as autorizacións de novos parques que levaron a que a nosa Comunidade pasase de ser líder en España en potencia eólica instalada a caer ata a cuarta posición.

Un retroceso que, afirma, ten a súa razón principal nesta parálise que impide que se poida avanzar no obxectivo de descarbonización e loita contra o cambio climático. Por iso agarda que o pronunciamento xudicial permita sentar doutrina e acabar así coa actual situación de inseguridade xurídica que afecta ao sector en Galicia.

 

Paula Prado asegura que para acadar a igualdade “plena e real” é necesario que, como en Galicia, as mulleres conten con representantes que “defendan os seus intereses e coloquen na axenda política os seus dereitos”

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, defende que para acadar a igualdade “plena e real” na sociedade en xeral e nos ámbitos de decisión política en particular é necesario que “as mulleres se sintan representadas non só por mulleres polo simple feito de selo, senón por aquelas que defendan os seus intereses e coloquen na axenda política a defensa dos seus dereitos”.

Así o manifestou onte na conferencia inaugural do Encontro Internacional Equigov organizado pola Universidade do Estado de Santa Catarina e a Assambleia Legislativa estatal e que se celebra estes días en Florianópolis. Unha conferencia na que, baixo o título de A participación das mulleres na política española, a número dous dos populares galegos explicou como en España e en Galicia se ten incrementado a presenza de mulleres nos ámbitos de decisión política de xeito paralelo e como, paralelamente, a necesidade de maior participación e representación feminina se foi situando na axenda pública do noso país.

“A miña experiencia vital levoume a observar unha realidade que non era acorde co desenvolvemento normativo e lexislativo do noso país, onde a igualdade formal ou legal non coincidía coa igualdade real”, apuntou como punto de partida do seu afondamento nas dificultades e obstáculos que se atopan as mulleres no acceso a postos de responsabilidade e no ámbito da toma de decisións. “Os problemas cos que se atopan as mulleres polo mero feito de ser mulleres”, resumiu.

Facendo un repaso á lexislación española e ao contexto social feminino ao longo da ditadura e posteriormente no período constitucional, Prado concluíu que “unha boa normativa en materia de igualdade é aquela que ten correspondencia coa situación social da muller en cada momento e responde ás necesidades das mulleres nos diferentes ámbitos do Dereito” e incidiu no fundamental que resulta á asunción do recollido destas normas na conducta real da sociedade.

Destacou que os datos relativos ao liderado e á participación política das mulleres en España están por riba da media da maioría dos países do mundo, xa que as mulleres constitúen o 42% das cámaras parlamentarias, o 64% do Consello de Ministros e o 39% dos órganos deliberativos locais. Así mesmo, a porcentaxe de mulleres con cargos executivos nos partidos políticos foi ascendendo ata situarse actualmente no 45,7%.

No caso específico de Galicia, con datos relativos a 2023, cómpre destacar que o Parlamento galego é o que conta con maior porcentaxe de mulleres de todas as cámaras autonómicas de España, cun 56% fronte á media nacional do 47%. Ademais, nunha análise da evolución rexistrada entre 1983 e 2023, en Galicia pasou de haber 6 alcaldesas a 69 e de 408 mulleres a cargo dunha concellería en 1995 (11,3%) a un total de 1.426 concelleiras en 2023 (42,1%).

“As mulleres non han de participar en política polo mero feito de ser mulleres, senón que han de ter a oportunidade de formar parte de candidaturas en procesos electorais pola súa valía e porque defendan desde os seus postos os dereitos das mulleres”, subliñou ao tempo que se congratulaba de que no noso país cada vez haxa máis mulleres en postos que tradicionalmente ocupaban homes.

Neste sentido, considera fundamental “ir máis alá de asignar ás mulleres as áreas que tradicionalmente se asocian ao sexo feminino” e permitirlles mostrar a súa valía á fronte de departamentos como, por exemplo, os de Medio Ambiente, Infraestruturas, Vivenda, Economía ou Industria.

“A igualdade non é patrimonio de ninguén, non é de esquerdas nin de dereitas. É un reto que todos debemos asumir como responsabilidade propia e, desde o noso ámbito de actuación individual, colaborar para que sexa unha realidade”, concluíu invitando á sociedade brasileira a seguir o exemplo de España para facer do seu país “a punta de lanza dos países americanos en materia de igualdade”

GOBERNOS ABERTOS E TRANSPARENCIA

Dado que un dos obxectivos principais deste encontro era tamén debater sobre a equidade nos servizos públicos a través de gobernos e parlamentos abertos, a secretaria xeral do PPdeG puxo en valor que “actualmente Galicia atópase entre as tres comunidades autónomas máis transparentes de España”.

Recordou así que o Goberno galego, no seu obxectivo de promover a máxima transparencia da xestión pública, foi actuando con medidas innovadoras e pioneiras neste eido que posteriormente adquirirían rango legal. É o caso da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, que “inclúe máis de 50 elementos de transparencia a maiores sobre o marco normativo estatal como son a publicación do tempo medio de pago de facturas, a situación financeira das contas públicas, a relación de BICs ou a composición das mesas de contratación”.

 

El PP exige a Planas que deje de ningunear al sector pesquero y que rebaje cuanto antes el IVA a los productos pesqueros

El portavoz de Pesca del Grupo Parlamentario Popular en el Senado, Manuel Ruiz, exige al ministro de Agricultura, Pesca y Alimentación. Luis Planas, que deje de ningunear al sector pesquero e implante cuanto antes medidas concretas a su favor, como la rebaja del IVA a los productos pesqueros.

Así se lo traslada el senador gallego al titular de Pesca en una interpelación de su Grupo, durante la sesión de control al Gobierno en el Pleno del Senado, para que informe sobre las actuaciones que ha llevado a cabo para solucionar los graves problemas que está sufriendo el sector pesquero y la posición y aspiraciones del Gobierno de España en la próxima negociación de los topes admisibles de captura para el año 2025.

Manuel Ruiz arranca su intervención destacando “la irrelevancia” de Planas dentro del Gobierno y la consecuencia es que quien lo está pagando es el sector pesquero, “quien debería ser su máxima prioridad”.

“Hay cariños que matan, el sector se está muriendo y usted lo contempla impasible como una estatua de sal”, le reprocha a la vez que le solicita más “realismo” con los análisis que realiza al respecto.

A su parecer, Planas es “irrelevante” porque, por ejemplo, el Gobierno no redujo el IVA de los productos pesqueros y Planas no sólo hizo “oídos sordos” a las peticiones del sector, sabiendo que es un alimento esencial en cualquier dieta, sino que “defendió con uñas y dientes” la postura de los ministerios involucrados.

En este punto, el portavoz de Pesca de los populares en la Cámara Alta advierte que en la última década el consumo de pescado se sitúa en un 38%, mientras el ministro Planas no sólo no hace nada, sino que es un sumiso frente, por ejemplo, a las decisiones que tomó la ministra de Transición Ecológica, perjudicando al sector y, por tanto, al consumidor. “Sus decisiones acaban castigando al sector”, destaca el senador gallego.

A este respecto, Ruiz le pregunta cómo es posible que permita que el ministerio de Consumo sugiera rebajar el consumo de pescado en la dieta escolar. “¿Qué respeto le tienen?”, reitera, a la vez que recuerda que la Agencia Española de Seguridad Alimentaria y Nutrición emitió un informe con una propuesta semanal de consumo -radicalmente opuesta- sugiriendo el consumo de tres o más raciones a la semana de pescado.

Igualmente, el senador coruñés afea a Planas que negase la aprobación de zona catastrófica en la Ría do Burgo para ayudar a las mariscadoras afectadas por las incesantes lluvias del otoño del año 2023. “Ustedes no hicieron nada por esas mariscadoras”, incide.

EUROPA SIGUE RECORTANDO ESPECIES

En otro orden, Manuel Rivas se interesa por el paso del ministro en la presidencia europea, ya que “la cosa no pinta bien y su balance no invita al optimismo”. Así, lamenta que en que en los cuatro primeros años del Gobierno de Sánchez “ya hemos perdido más del 15% de las posibilidades de pesca y la cosa sigue creciendo”.

Por ello, califica este momento como “crítico” y más con las rebajas de especies que se van conociendo: la merluza del Gran Sol, lubina, abadejo o sardina, entre otras. “Luche contra la preasignación de cuotas por parte de estos países”, solicita al ministro Planas.

Manuel Rivas también reprende al titular de Pesca ante los pocos avances en el Acuerdo con Tailandia, que supone una amenaza a nuestra industria conservera que sin política arancelaria estaría abocada. “Por cierto, la UE y España siguen consintiendo que, como denuncia ANFACO, cerca del 50% de la conserva de Tailandia que entra por las fronteras europeas no son válidas o son ilegales”, apunta.

 

Paula Prado destaca en Brasil que as políticas de igualdade de Galicia son unha referencia para outras rexións

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, considera que as políticas de igualdade que funcionan en Galicia constitúen “unha referencia” e un exemplo a seguir para outras rexións.

Así o manifestou hoxe durante a reunión que mantivo co presidente da Assambleia Legislativa do Estado de Santa Catarina, Mauro de Nadal, e varios deputados desta Cámara cos que tivo a oportunidade de compartir experiencias, debater sobre intereses comúns e poñer en valor a importancia da igualdade na política.

Neste sentido, a número dous dos populares galegos incidiu en que a igualdade debe estar na base de todas as políticas públicas na medida en que estas inciden directamente no día a día das persoas.

 

O Grupo Popular pedirá ao Goberno central no Pleno que permita cubrir as vacantes da Policía Autonómica e adaptar os fondos para políticas activas de emprego ao mercado laboral galego

O Grupo Popular demandará ao Goberno de España no Pleno da vindeira semana a convocatoria dun concurso de méritos para cubrir todas as prazas vacantes na Unidade de Policía Adscrita á Comunidade galega, así como unha maior flexibilidade nas condicións de asignación dos fondos para políticas activas de emprego, de xeito que a Xunta poida adaptalos ás necesidades e particularidades do mercado laboral galego.

Ao remate da Xunta de Portavoces, o portavoz popular, Alberto Pazos, informou que a sesión plenaria dará comezo coa comparecencia da conselleira de Economía e Industria, para dar conta das liñas xerais de actuación do seu departamento.

A continuación, dentro do apartado de proposicións non de lei, o Grupo Popular insistirá na demanda ao Goberno central, concretamente ao Ministerio do Interior, para que articule un concurso de méritos na Policía Nacional de xeito que se poidan cubrir as vacantes existentes na Unidade de Policía Adscrita á Comunidade galega, de xeito que se poidan incorporar os efectivos necesarios para cubrir as 500 prazas existentes.

MÁIS DE 10 MILLÓNS DE EUROS ANUAIS

Alberto Pazos apuntou na “plena actualidade” desta iniciativa “logo de que o Goberno de Pedro Sánchez pretenda impor a Galicia un novo convenio para o mantemento da coñecida como Policía Autonómica, que representa un custo totalmente inasubmible para as arcas da Xunta”. En concreto, o Goberno central pretende que Galicia asuma agora a metade dos custos das nóminas dos efectivos desta unidade policial, así como outros gastos e complementos que implica o funcionamento dos seus efectivos.

Neste momento, a Unidade da Policía Adscrita a Galicia conta cun total de 345 efectivos, o que supón un custo de persoal cada ano de 7,6 millóns de euros, ao que se suma outros 3,1 millóns por custe de funcionamento e produtividade.

Unha segunda proposición non de lei do Grupo Popular ten que ver coa necesaria adecuación entre a oferta e a demanda de emprego, “para o que consideramos imprescindible que o Goberno central modifique, de acordo coas comunidades autónomas, as condicións de asignación e utilización dos fondos finalistas en materia de políticas activas de emprego, outorgándolles ás comunidades autónomas unha maior flexibilidade para adaptalos ás necesidades e particularidades dos seus mercados laborais”.

“Somos conscientes da falta de man de obra existente en moitos ámbitos laborais e a necesaria mellora que precisa o Servizo Público de Emprego, retos que temos que afrontar para seguir mellorando a inserción laboral dos galegos e galegas”, sinalou o portavoz popular, quen se referiu expresamente aos colectivos con máis dificultades para atopar emprego: a mocidade, as mulleres e os parados de longa duración”.

APLICACIÓN MOI ESTRITA

Pazos explicou que “unha das cuestións importantes na adecuación da oferta á demanda de emprego son os fondos finalistas que o Goberno central distribúe entre as comunidades autónomas en materia de políticas activas de emprego”, pero lamentou que “estes fondos concédense cunhas directrices de aplicación moi estritas que limitan a capacidade das comunidades autónomas para adecuar estes cartos ás necesidades específicas do seu mercado laboral”.

Dentro do apartado de preguntas, o Grupo Popular cuestionará ao Goberno galego sobre as posibilidades que existen de facer realidade un Pacto pola Lingua, que permita seguir impulsando e prestixiando o uso do galego en todos os contextos, logo das xuntanzas celebradas a pasada semana polo conselleiro de Cultura cos grupos parlamentarios.

Así mesmo, e logo de coñecer que a prioridade do actual Goberno de España é a conexión ferroviaria entre Lisboa e Madrid, deixando nun segundo plano a liña Lisboa-Porto-Vigo, o Grupo Popular pedirá unha valoración do Goberno galego sobre a falta de compromiso do Goberno central co impulso do AVE entre Galicia e a fronteira portuguesa.

Por último, preguntarase sobre as novas campañas de vacinación fronte aos virus respiratorios sincitial, o virus do papiloma e a vacina intranasal contra a gripe, “medidas que consolidan a Galicia como referente no ámbito da prevención ao contar co programa de vacinación máis completo do mundo”, sinalou Alberto Pazos.

 

O PPdeG solicitará en Bruxelas o desbloqueo de fondos europeos para paliar os efectos das eventualidades climáticas e naturais no sector agrogandeiro galego

O Partido Popular de Galicia solicitará en Bruxelas o desbloqueo dos fondos europeos destinados a cubrir a afectación no sector agrogandeiro dos desastres climáticos e catástrofes naturais para estender a súa cobertura aos agricultores e gandeiros galegos ante as diferentes eventualidades que poidan sufrir.

Así o anunciou esta tarde o eurodeputado Adrián Vázquez durante a visita que realizou á explotación gandeira Carreira de Afonso en Lago (Mazaricos) xunto á responsable de Medio Rural do Goberno galego, María José Gómez, o deputado autonómico Enrique Barreiro e o portavoz local do partido, José Manuel Caamaño.

Vázquez fíxose eco da problemática que supón a baixa cobertura das pólizas de seguros no sector agrogandeiro e destacou que, tras a recentes inundacións en diversos países de Europa central, a presidenta da Comisión Europea, Ursula Von Der Leyen, vén de anunciar unha flexibilización da normativa para garantir que os fondos comunitarios poidan mobilizarse de forma rápida para apoiar aos Estados membros afectados por desastres climáticos e catástrofes naturais.

Unha proposta na que se comprometeu a incluír as problemáticas específicas dos agricultores e gandeiros galegos para que poidan beneficiarse da extensión da cobertura destes fondos e minimizar así o impacto das diferentes eventualidades que poidan sufrir.

Explicou ademais que en España o organismo responsable de mellorar as condicións deste tipo de pólizas é a Entidade Estatal de Seguros Agrarios (Enesa) dependente do Ministerio de Agricultura. Polo que esixiu a ambos organismos que tomen tamén medidas para mellorar estas pólizas a nivel estatal.

APOIO DO GOBERNO GALEGO AO SECTOR PARA CUBRIR GASTOS

Pola súa banda, a responsable de Medio Rural do Goberno galego, María José Gómez, lembrou que o seu departamento está traballando co sector para avaliar as consecuencias do temporal no campo. Para iso, sinalou, xa se levaron a cabo diferentes reunións con organizacións profesionais agrarias e coas cooperativas agroalimentarias.

Nesta liña, Gómez insistiu na importancia dos seguros agrarios como mellor fórmula para facer fronte a este tipo de situacións e reiterou o compromiso do Goberno galego para impulsalos, mediante liñas de axuda para o seu fomento.

Así, recordou que neste 2024 a Xunta destina 8,5 millóns de euros para apoiar o aseguramento, coa novidade de que as achegas públicas poden cubrir ata un máximo do 75% do custo da póliza, e avanzou que de cara ao 2025 vaise incrementar a partida orzamentaria para este fin.

Puxo en valor ademais o feito de que esta mesma semana se vaia aboar aos agricultores e gandeiros galegos o anticipo dos pagos directos da PAC referentes á solicitude única de 2024 e que ascenden a un total de 45 millóns de euros. Esta é, subliñou, a cantidade máis alta dos últimos catro anos e sendo das poucas veces que se adianta este pago ao mes de outubro. Desta forma, explicou Gómez, os beneficiarios poderán contar cun fluxo de efectivo para facer fronte os seus gastos operativos durante o presente ciclo agrícola.

 

Paula Prado destaca o traballo da comunidade galega en Brasil por manter vivas as tradicións e preservar os lazos de unión con Galicia

A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, pon en valor o traballo da comunidade galega en Brasil á hora de manter vivas as tradicións culturais e gastronómicas da nosa Comunidade e preservar os lazos de unión entre Galicia e a diáspora.

A número dous dos populares galegos participou esta fin de semana no cocido galego organizado polo Centro Español de Santos, ao que asistiron máis de 300 persoas e entre as que se atopaban varias xeracións de galegos residentes neste municipio ubicado no litoral do estado de São Paulo.

Este centro comunitario, cuxas orixes se remontan ao século XIX e que agrupa a varias entidades, ten entre as súas liñas de traballo o fomento da galeguidade co obxectivo de manter os lazos socio-culturais co pobo galego a través de eventos culturais, educativos, deportivos e gastronómicos.

Paula Prado, que estivo acompañada pola responsable do PP no estado de São Paulo, Amanda Barrio, aproveitou a súa presenza para agradecerlle aos directivos da asociación e a aos seus socios que permitan que os fillos e netos dos galegos que no seu día emigraron a Brasil poidan hoxe seguir formándose e participando en actividades conxuntas, como este cocido, mantendo viva así a cultura galega.

 

O PPdeG denuncia as mentiras do Goberno central para non transferir a AP-9 a Galicia: “É posible atopar unha solución, pero necesítase vontade política”

O Partido Popular de Galicia denuncia que o Goberno central se escuda en mentiras na súa negativa a transferir a AP-9 e na súa falta de compromiso coa mellora das infraestruturas estatais na Comunidade: “É posible atopar unha solución, pero para iso necesítase vontade política”.

Así o considera o eurodeputado galego Adrián Vázquez, para o que a transferencia da autopista que vertebra Galicia e o avance na consecución da súa gratuidade constitúen “un asunto vital” e por iso afea ao Executivo estatal a súa actitude ao respecto “escusándose en argumentos que non son verdade”.

“Noutros países europeos con autopistas en situación similar á da AP-9 no que se refire ao rescate ou á supresión das peaxes, si foron quen de atopar solucións”, explica poñendo o exemplo de Italia, Hungría, Francia ou Portugal.

O político lalinense fai extensiva esta “falta de vontade política” tamén á negativa do Goberno de Sánchez a “compartir a documentación que entregou á Comisión Europea e que, segundo eles, impide o rescate da autopista”. De aí que insista na súa demanda de “coñecer exactamente que é o que está facendo o Goberno”.

A RELACIÓN ENTRE GALICIA E O AVE SEGUE DANDO PASOS ATRÁS

Na mesma liña, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, amósase convencida de que a AP-9 non sería tan necesaria e ademais se podería diversificar o transporte na nosa Comunidade “se o Goberno central se puxese as pilas co caos ferroviario”. Por iso lamenta que, en vez de dar pasos cara adiante, “a relación entre Galicia e o AVE segue dando pasos cara a atrás”.

Recordando o “premio inmerecido” que recibiu o ministro Óscar Puente o pasado domingo en Lugo e o seu continuos “brindes ao sol”, a número dous dos populares galegos sitúa na mesma liña de incumprimentos o ocorrido esta semana con Pedro Sánchez “pasando de Galicia e da conexión de Alta Velocidade con Portugal e, polo tanto, perpetrando o seu enésimo golpe a un proxecto fundamental”.

“É lamentable que mostre máis interese polas infraestruturas galegas o Goberno portugués que o Goberno do noso propio país”, conclúe ao tempo que sinala que “os compromisos demóstranse con números e os números delatan o nulo interese do Goberno central con esta infraestrutura”.

Refírese así ao feito de que a renuncia de Sánchez a aprobar uns Presupostos Xerais para 2025 implica tamén unha renuncia á conexión de AVE con Portugal, xa que se prorroga a “pírrica” partida de 30.000 euros asignada á Saída Sur de Vigo.

Por todo isto, desde o PPdeG afirman que seguirán loitando desde todas as institucións pola conexión Vigo-Porto por Alta Velocidade, xa que consideran que se trata dunha “infraestrutura clave para Galicia e para a vertebración de Europa”.