O Parlamento galego demanda ao Goberno central que transfira a Galicia fondos Next Generation para financiar as necesidades do comercio

O Parlamento galego aprobou esta mañá a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio dos deputados do PSdeG, a través da que se demanda ao Goberno de España para que transfira a Galicia os recursos procedentes dos fondos europeos Next Generation co obxecto de financiar as necesidades do comercio galego e das súas asociacións e federacións. “Todas as axudas en apoio ao noso comercio repartidas neste ano 2024 teñen a súa orixe exclusiva en fondos propios da Xunta, aos que non se lle engadiron recursos procedentes de fondos europeos que deberían ser xestionados polas comunidades autónomas”, sinalou a portavoz popular de Comercio, Felisa Rodríguez.

Na súa intervención, cualificou esta iniciativa aprobada hoxe como “importante, necesaria e xusta”. Así, considerou que é “importante para o noso comercio, para mellorar a economía local e para axudar e dinamizar o territorio onde se asenta, porque as axudas convocadas para o comercio galego foron financiadas na súa totalidade con fondos propios da Xunta”.

“Tamén é unha iniciativa necesaria, porque consideramos unha inxustiza que a Galicia non lle foran transferidos neste ano 2024 os fondos europeos Next Generation para o beneficio do comercio galego, das súas asociacións e federacións”, indicou a portavoz popular, quen lamentou que “ese fondo que o Goberno central ten sen gastar”.

Por último, Felisa Rodríguez considerou que é unha proposta “xusta, fronte á desinformación que amosaron os grupos da oposición ao vetar que o pasado 19 de setembro se aprobara neste Parlamento unha iniciativa neste sentido, mentindo ao dicir que os fondos europeos xa foran transferidos ao Goberno galego”.

 

O Grupo Popular salienta que a Xunta xa executou o 83 por cento dos 130 millóns de fondos Next Generation para a sostibilidade turística

O portavoz de Turismo do Grupo Popular, Borja Verea, salientou hoxe no Parlamento de Galicia que a Xunta “xa ten mobilizados, a día de hoxe, máis do 83 por cento dos máis de 130 millóns de euros de Fondos Next Generation que xestiona para avanzar na sostibilidade turística do destino”.

Borja Verea explicou que o Goberno galego “deseñou distintas actuacións de cohesión en destino que se traduciron en ambiciosas liñas de axuda para beneficiar a concellos e tamén ás empresas, que, ademais, están a dar os seus froitos á hora de diversificar a oferta turística galega e facela cada vez máis sostible”.

En concreto, o portavoz popular referiuse ás liñas de axuda para a rehabilitación de recursos emblemáticos do litoral, ás destinadas ao embelecemento e actualización das adegas ou ás que se deseñarán proximamente para modernizar e mellorar as instalacións termais galegas, “sen esquecernos do Plan Nacional Xacobeo Next Generation, que está permitindo dinamizar e diversificar o Camiño de Santiago, ampliar a súa capacidade aloxativa e mellorar o seu patrimonio”.

Verea lembrou que desde a Axencia de Turismo de Galicia “se presta asesoramento a aqueles concellos que o solicitan e fan consultas para acollerse a estas axudas, ao tempo que os propios plans teñen reunións de seguimento onde cada concello pode formular as dúbidas que vexa necesarias”.

 

Millán Mon defiende el sector pesquero europeo en un debate sobre la protección de los océanos

El eurodiputado del Partido Popular Francisco Millán Mon intervino hoy en un debate en el pleno del Parlamento Europeo en Estrasburgo sobre la necesidad de proteger los océanos. El debate contó con la participación del Comisario de Agricultura Janusz Wojciechowski.

Millán Mon subrayó al comienzo de su intervención que los océanos se enfrentan a muchas amenazas: “el cambio climático, la contaminación por desechos y vertidos, los plásticos, el transporte marítimo, la explotación de hidrocarburos, la pesca ilegal…”, pero advirtió que su protección no debía caer en “extremismos maximalistas”. Pidió que el Pacto Europeo por los Océanos tenga “una visión holística, global, y que trate de integrar las actividades humanas de una manera sostenible y en diálogo con los afectados”.

El eurodiputado gallego manifestó que proteger los océanos también es vital “para el sustento de nuestros pescadores” y recordó que “el sector europeo es un sector muy regulado. Lleva a cabo una pesca sostenible y lucha contra la pesca ilegal. Contribuye a nuestra seguridad alimentaria y debemos velar por su prosperidad y competitividad”.

Tras aludir al reconocimiento por el Tratado sobre diversidad biológica en alta mar (el llamado BBNJ) del papel de las OROPs (organizaciones regionales de ordenación pesquera) y de las reglamentaciones que estas adopten, Millán Mon destacó la importancia de la diplomacia europea tanto en ellas como en el resto de los organismos internacionales. “Necesitamos el liderazgo de la Unión Europea para conseguir que se globalicen nuestros altos estándares. Así podremos lograr no sólo una verdadera protección de los océanos, sino también el level playing field que tanto desean nuestros pescadores”, subrayó el eurodiputado popular.

Para terminar, Millán Mon se detuvo en las llamadas áreas marinas protegidas. Señaló que requieren un trato especial, “pero este debe basarse en criterios científicos y atender a los objetivos específicos del área en cuestión, no a meros porcentajes”, apuntó. Y puso el ejemplo del sinsentido de prohibir la pesca de arrastre de fondo, si de lo que se trata es de proteger a las aves marinas. “No podemos caer en la demonización de ciertas artes pesqueras, como hace, por ejemplo, el Plan de Acción Marino presentado el año pasado por la Comisión Europea”, concluyó.

 

O Grupo Popular afirma que o galego “ten que ser unha ponte e algo que nos une, que non podemos utilizar como arma arroxadiza”

O portavoz de Lingua do Grupo Popular, José Luís Ferro, afirmou hoxe porque “a nosa lingua non debe ser un problema, senón unha ponte e algo que nos une e que non podemos utilizar como arma arroxadiza”. Neste sentido, avogou por “chegar non só a un pacto político, senón a un pacto social polo futuro da nosa lingua, porque os galegos non entendería que os políticos vaiamos por un camiño e a sociedade por outro”.

Ao remate da xuntanza celebrada co conselleiro de Cultura e o secretario xeral da Lingua, á que tamén asistiron o portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, e a voceira popular de Cultura, Carmen Pomar, José Luís Ferro salientou que os responsables da Consellería “amosaron toda a súa disposición para levar adiante actuacións para conseguir que a nosa lingua se implante moito máis na nosa sociedade”, para o que considerou fundamental que “todas as forzas políticas poidamos chegar a un entendemento facendo as aportacións que consideremos oportunas a ese novo pacto polo galego”.

“A nosa sociedade é unha realidade cambiante, e así o ten demostrado ao longo dos máis de 20 anos desde que se aprobou o Plan de normalización lingüística, polo que este paso do tempo créanos unha serie de novos desafíos e retos respecto do galego, sobre todo coa xente nova, onde as novas tecnoloxías estanse implantando con moita forza e fan que a nosa mocidade se relacione e comunique dun xeito moi diferente”, manifestou.

Así mesmo, Ferro referiuse a “eses novos neofalantes, que temos que tratar de que acollan a nosa lingua e facerlla amigable para que se acheguen a ela e comecen a utilizala”.

Por último, o portavoz popular salientou os altos niveis competencias do galego e asegurou que “xa lles gustaría a outras comunidades españolas con idioma propio ter os datos que temos nos: entendemos nun 93 por cento o galego, o falamos máis dun 96 por cento, o lemos arredor do 96 por cento e o escribimos nun 85 por cento”.

 

O PPdeG pon en valor as medidas do Goberno galego para a xuventude: “Traballamos por resolver as demandas da xente nova”

Novas Xeracións de Galicia salienta o seu obxectivo de “ser útiles para a mocidade” resolvendo as demandas da xente nova, trasladándoas ás diferentes administracións e materializándoas en medidas reais e efectivas como as que promove día a día o Goberno de Alfonso Rueda.

Esta mañá a organización político-xuvenil do PPdeG, coa súa presidenta Nicole Grueira á fronte, organizou un reparto informativo na zona universitaria de Santiago de Compostela para dar a coñecer medidas promovidas polo Executivo galego como as matrículas universitarias gratuítas, a conxelación das taxas de máster, o Bono Deporte para todos os mozos federados de ata 16 anos, as axudas para a obtención do carné de conducir ou programas como Xuventude Mentoring ou o Carné Xove.

Este reparto foi o primeiro dunha campaña que Novas Xeracións levará a cabo de xeito periódico durante os próximos meses en todos os campus universitarios de Galicia, e tamén noutras zonas, co obxectivo de “continuar a pé de rúa e ao carón da xente moza”.

Nesta ocasión quixeron destacar especialmente as novidades que recollen os Orzamentos galegos para 2025, especialmente no eido da vivenda. Así, co obxectivo de facilitar o acceso á vivenda da mocidade, reservaráselle ata o 25% das vivendas en venta e o 40% das de aluguer que promova o Goberno galego no seu obxectivo de duplicar o parque público residencial na presente lexislatura.

A isto súmase o novo Bono Emancípate, coa que se pretende facilitar que a xuventude galega poida emanciparse e independizarse a través dunha axuda para cubrir os primeiros gastos que xera a posta en marcha dun fogar propio, como o mobiliario ou a mudanza.

 

Adrián Vázquez reclama a la Comisión Europea que “los gallegos tienen derecho a saber lo que comen”

El eurodiputado gallego Adrián Vázquez Lázara ha apoyado una iniciativa del Partido Popular Europeo (PPE), una pregunta escrita planteada a la Comisión Europea y encabezada por la diputada Esther Herranz, instando al Ejecutivo comunitario a considerar la elaboración de una propuesta legislativa que armonice el uso de los términos adecuados para etiquetar los productos de origen vegetal y apariencia cárnica en toda la Unión Europea.

“Los gallegos y gallegas tienen derecho a saber lo que compran, lo que comen y lo que dan de comer a sus hijos, por eso un buen etiquetado es clave” afirma Vázquez. Según explica, términos como “hamburguesa”, “filete” o “salchicha” en productos vegetarianos y veganos pueden reducir la libertad de elección de los consumidores y perjudicar a los productores cárnicos.

Esta iniciativa surge tras la reciente sentencia del Tribunal de Justicia de la UE que determina que los criterios establecidos por el Reglamento No. 1169/2011 son suficientes para proteger a los consumidores, incluso cuando un alimento lleva un nombre común y no contiene el ingrediente típico que se espera.

Los populares subrayan los problemas y tensiones derivados del uso de términos tradicionalmente asociados a productos cárnicos y expresan su preocupación por la posible fragmentación del mercado único si cada Estado miembro desarrolla sus propias definiciones legales para tales términos.

Adrián Vázquez asegura además que desde Europa no tienen “derecho a confundir a los ciudadanos”, considerando que la actual incertidumbre y dispersión normativa contribuye a fragmentar el mercado común y dificulta el trabajo del sector cárnico.

“Es fundamental evitar la fragmentación del mercado único y maximizar el potencial económico de nuestros ganaderos derivado de vender con seguridad en toda Europa”, argumenta el eurodiputado de Lalín, quien además se identifica como “orgulloso nieto y sobrino de carniceras gallegas”.

POSIBLE INCLUSIÓN EN EL ETIQUETADO FRONTAL DE LOS ENVASES

Además, el texto remitido por el Partido Popular a la Comisión, también insta a considerar la inclusión de esta cuestión en la propuesta de etiquetado frontal de los envases de alimentos que el ejecutivo europeo tiene previsto presentar próximamente. “Una legislación clara y coherente en toda la Unión Europea es clave para garantizar la protección del consumidor, evitar la confusión y promover la libre circulación de productos”, concluye Vázquez.

Cabe recordar que la Xunta de Galicia, a través de la Consellería do Medio Rural, dentro de la programación de control de calidad alimentaria, tiene previsto llevar a cabo controles sobre productos veganos para comprobar el uso de denominación de productos de origen animal —aquellas menciones relativas a productos de la pesca y cárnicos— y proteger a los consumidores de etiquetajes engañosos.

 

Alfonso Rueda reivindica na Coruña o gasto social récord dos Orzamentos galegos para 2025 e os case 5.000 M€ que se reservan á provincia

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe os investimentos do Goberno galego na provincia da Coruña en cuestións como as residencias, os centros educativos, o equipamento sanitario ou a construción de vivenda pública ao abeiro dos Orzamentos autonómicos con maior gasto social. Ante os membros da Xunta Directiva Provincial do PP da Coruña celebrada esta tarde e na que tamén participaron o presidente do partido na provincia, Diego Calvo, e a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, o líder dos populares galegos explicou que os contas para o próximo ano reservan para esta provincia case 5.000 millóns de euros e máis de 660 millóns no caso da súa capital. Unhas cantidades que se destinarán a cuestións tan importantes como as obras do novo CHUAC (37,6 millóns de euros) ou ao remate da terminal de autobuses, cun investimento de 16,5 millóns de euros. Ao que habería que engadir outros investimentos en residencias, centros educativos ou innovación. O presidente Rueda destacou especialmente o investimento en vivenda, como os 1,5 millóns de euros para adquirir solo e os case 14 millóns para construír vivenda pública para alugueiro en Xuxán. De feito, tal e como remarcou, fronte aos que promoven leis que só suben os prezos do alugueiro, a Xunta é a administración que máis inviste en vivenda pública na cidade. Sobre esta cuestión engadiu que o Executivo que preside ten precisamente como obxectivo prioritario duplicar o parque de vivenda pública de aquí a 2028 e que, para cumprir este obxectivo, o próximo ano triplicarase o orzamento destinado a solo residencial e construción de nova vivenda ata os 126 millóns de euros. Ao que habería que engadir ademais a aprobación de novas bonificacións fiscais para dinamizar o mercado. Se isto é posible, explicou, é grazas a que, mentres o Goberno central non é quen de aprobar as súas contas, o Goberno galego volveu facelo en tempo e forma e sen recorrer a endebedamento. Por iso quixo poñer en valor o “Estilo Galicia” baseado na estabilidade, o rigor e a xestión. O presidente encabezou hoxe o cuarto e último encontro provincial dunha rolda que tivo o obxectivo de escoitar e planificar o futuro da formación, e no que trasladou que o contacto cos galegos e galegas se trata dunha avaliación continua. DIEGO CALVO INSISTE NA IMPORTANCIA DE MANTER O PARTIDO ACTIVO Pola súa banda, Diego Calvo avalou “o bo facer do goberno da Xunta que, un ano máis presenta as contas en tempo e forma”, fronte a un Goberno central máis preocupado de asuntos que pouco teñen que ver cos problemas dos cidadáns. O presidente provincial insistiu na idea de “manter activo o partido, de traballar preto dos veciños” e animou a alcaldes e portavoces a trasladar á xente todos os proxectos, axudas e investimentos que o Goberno autonómico pon a disposición dos galegos e galegas. “Galicia é exemplo unha vez máis de boa xestión e de estabilidade. Un exemplo cada vez máis inusual en España da importancia de facer as cousas ben”, concluíu.  

La senadora gallega Verónica Casal reclama al Gobierno que cumpla sin excepción con todas las comunidades y financie al 50% la Atención a la Dependencia

El Senado aprueba una moción consecuencia de interpelación del Grupo Parlamentario Popular –con el voto en contra del PSOE- que pide al Gobierno que cumpla con la financiación del 50% del Sistema para la Autonomía personal y Atención a la Dependencia –tal y como establece la ley- en los próximos PGE. La iniciativa, defendida por la senadora gallega Verónica Casal, que ha sido respaldada por una amplia mayoría de la Cámara, solicita mejorar el acceso al Ingreso Mínimo Vital (IMV), incrementar la cobertura del Bono Social Eléctrico, así como aprobar un Plan de choque contra la pobreza infantil. Durante la presentación de la iniciativa, Casal señaló que “la situación social en nuestro país dibuja un panorama mejorable y pone de manifiesto el actual empobrecimiento de la población española”. Así, incidió en que la pobreza energética “se ha duplicado desde 2018 y el Bono Social Eléctrico apenas llega a las rentas más bajas”. “1 de cada 5 familias no pueden permitirse mantener su vivienda a una temperatura adecuada y la mitad de las familias españolas tienen problemas para llegar a fin de mes”, alertó la senadora ferrolana. Igualmente, lamentó que “la medida estrella del Gobierno” –el IMV- apenas está llegando a la población a la que va dirigida, ya que, según la AIReF, sólo 342.856 hogares lo recibieron, el 36% de los potenciales beneficiarios. En este punto, Casal recordó que el ministro de Derechos Sociales reconoció los efectos de un Estado con las partidas presupuestarias prorrogadas y denunció que la falta de presupuestos supone 600 millones de euros menos para dependencia. “Rememos todos juntos para revertir la situación de la gente en exclusión social, los dependientes y los niños que se enfrentan a la pobreza infantil”, finalizó.

O PPdeG esixe a Pontón unha desculpa ás familias galegas por frivolizar coa dramática realidade da mocidade que sofre acoso

O Partido Popular de Galicia esixe a Ana Pontón que rectifique a súa “frívola” postura respecto ao bullying e pida perdón ás familias e á mocidade galega que lamentablemente sofren esta “dramática realidade”. Logo de que a portavoz do BNG empregase esta mañá no Parlamento de Galicia o termo “bullying” para referirse a circunstancias que nada teñen que ver co acoso, os populares galegos inciden en que “hai comparacións que sobran” e esíxenlle respecto ás familias e para os nenos e nenas. Lamentablemente, Ana Pontón preferiu seguir na súa liña en vez de rectificar e por iso desde o PPdeG piden unha desculpa e reiteran que ante o acoso, en Galicia non caben nin a frivolidade nin a tolerancia.

O Parlamento de Galicia solicita ao Goberno de España que garanta o acceso de Lugo e Ferrol á alta velocidade ferroviaria

O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que garanta o acceso das cidades de Lugo e de Ferrol á alta velocidade ferroviaria, en condicións de igualdade co resto do territorio, para o que é imprescindible a execución das actuacións precisas para adaptar a infraestrutura ferroviaria actual e que permita a chegada do AVE, entre as que se inclúen as variantes de Canabal-Os Peares, Rubián e Betanzos. A deputada popular Elena Candia afirmou que “lucenses e ferroláns temos un reto en común: vencer unha inxustiza que deixa a estas dúas cidades galegas sen conexión coa alta velocidade ferroviaria”. “Non podemos aceptar que unha sectaria planificación de infraestruturas afonde nas desigualdades dos territorios, porque é afondar en cidadáns de primeira e de segunda”, indicou. Candia asegurou que “discrepo co ministro de Transportes cando di que o tren vive en España o mellor momento da súa historia, porque Lugo e Ferrol están peor que nunca e aínda non recuperaron sequera as frecuencias que se suprimiron con motivo da pandemia”. “Avanzamos, froito da colaboración entre as administracións, na construción da intermodal de Lugo, pero nin temos trens nin temos previsión de telos”, lamentou. Por iso, solicitou “alzar a voz, como lucenses e como ferroláns, pero tamén como galegos, para que o Goberno de España garanta, dunha vez, o acceso destas dúas cidades á alta velocidade ferroviaria”.