Santiago, 7 de xuño de 2017.- A deputada popular Raquel Arias asegurou que a preocupación pola situación na que se atopan os refuxiados, que cualificou como un dos maiores problemas que ten Europa, “é un sentimento compartido por todos”, como así se puxo de manifesto xa o pasado mes de abril nunha declaración institucional realizada a este respecto polo Parlamento de Galicia. Neste sentido, lamentou que En Marea rexeitara que o Grupo Popular apoiara a súa iniciativa, xa que negouse a que fora votada por puntos unha vez se aceptou unha emenda do Grupo Socialista.
O Grupo Popular defende que o Goberno central tome as medidas necesarias para evitar os atascos na AP-9
Santiago, 7 de xuño de 2017.- O deputado do Grupo Popular, Alberto Pazos, defendeu esta mañá no Parlamento que o Ministerio de Fomento que tome as medidas oportunas para evitar atascos na AP-9 e que, en caso de producirse, se minimicen as súas consecuencias; se garantan as condicións do contrato concesional, en concreto, no referido á calidade do servizo e en materia de persoal; e se abra unha investigación á empresa concesionaria en relación coa calidade do servizo, como paso previo á posible adopción de medidas correctoras ou sancionadoras.
O Parlamento insta á Xunta para que concellos e deputacións participen na planificación do novo Plan de Transportes por estrada
Santiago, 7 de xuño de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancia do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno galego a establecer un marco de diálogo e colaboración estable cos concellos galegos durante todo o proceso de planificación do novo mapa de transportes por estrada, co obxectivo de que os novos servizos a implantar respondan con maior eficacia ás necesidades reais dos cidadáns. Así mesmo, solicítase a participación activa das deputacións provinciais na definición deste novo mapa de servizos de cara a un posible reforzamento e mellora dos servizos de transporte público por estrada.
O Parlamento aproba instar á Xunta á elaboración dun calendario vacinal para o adulto
Santiago, 7 de xuño de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, por iniciativa do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta de Galicia á elaboración e aprobación dun calendario vacinal para o adulto nos próximos tres meses, “que contribúa ao coñecemento das indicacións e beneficios tanto para os profesionais como para a cidadanía”.
O Grupo Popular avoga por esperar ao novo Plan Forestal para determinar as medidas axeitadas para o control das plantacións de eucalipto en Galicia
Santiago, 6 de xuño de 2017.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González Vázquez, avogou esta tarde no Parlamento por esperar á aprobación definitiva do novo Plan Forestal de Galicia para determinar o conxunto de medidas máis axeitadas para control das plantacións de eucalipto na Comunidade galega.
O Grupo Popular defende que a Xunta dote de medios materiais e persoal aos novos xulgados designados para os procesos relativos ás clausulas chan
Santiago, 6 de xuño de 2017.- A portavoz de Xustiza do Grupo Popular, Julia Rodríguez Barreira, defendeu esta tarde no Parlamento que a Xunta de Galicia dote dos medios materiais e persoais necesarios aos novos xulgados designados polo Consello Xeral do Poder Xudicial para dirimir os procesos relativos ás cláusulas chan en función da evolución das demandas.
O voceiro de Infraestruturas acusa á oposición de “intentar boicotear” a posta en marcha do novo plan de transporte público
Santiago, 6 de xuño de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, acusou hoxe no Parlamento aos grupos da oposición de “intentar boicotear” a posta en marcha do novo plan de transporte público de Galicia, “deixando ao rural galego sen transporte público desde o vindeiro mes de agosto e provocando a perda de centos de postos de traballo”.
O PPdeG rexeita modificar os orzamentos para incrementar o gasto social porque a propia Lei xa considera estas partidas como ampliables en función das necesidades
Santiago, 6 de xuño de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe que “o compromiso do Goberno galego e do PPdeG co gasto social está fóra de toda dúbida”, polo que considerou innecesario modificar os orzamentos para incrementar o gasto neste ámbito xa que a propia lei considera estas partidas como ampliables en función das necesidades dos beneficiarios.
O Grupo Popular lembra a En Marea que o 112 “xa é un servizo público” e ínstaos a “repasar o dereito administrativo e a Lei de Emerxencias de Galicia”
Santiago, 6 de xuño de 2017.- O Grupo Popular rexeitou esta mañá no Parlamento a solicitude de En Marea para que a Xunta inicie os trámites pertinentes para a recuperación do 112 como servizo público porque “xa é un servizo público, polo que quizais deberían repasar o dereito administrativo e a Lei de Emerxencias de Galicia”, manifestou a viceportavoz, Paula Prado.
O Grupo Popular avoga polo “diálogo por enriba dos intereses partidistas para sacar adiante a mellor Lei de protección e benestar dos animais de compañía
Santiago, 6 de xuño de 2017.- O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, avogou hoxe no Parlamento polo “diálogo por enriba dos intereses partidistas para sacar adiante a mellor Lei de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia”.