Feijóo pon en valor o Santiago de 2020, con máis servizos, máis accesible e un Patrimonio máis coidado

4, marzo, 2020. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, destaca o compromiso do Goberno galego con Santiago, que conseguiu ter máis e mellores servizos públicos, é máis accesible e mantivo a salvo e máis coidado o seu Patrimonio. Deste xeito se expresaba nun almorzo -ao que asistiron máis de 600 persoas- de balance de todo o acadado en Santiago grazas ás actuacións nos últimos 11 anos do Executivo autonómico.

Continue reading

Miguel Tellado salienta o descenso de máis dun 14 por cento do paro ao longo desta lexislatura

3, marzo, 2020. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, salientou hoxe que “a estabilidade económica e laboral que vivimos en Galicia co Goberno de Feijóo ao longo desta lexislatura permitiu reducir o paro na Comunidade galega máis dun 14 por cento”. “O noso compromiso para os vindeiros anos é seguir creando emprego, principalmente nos colectivos con máis dificultades para incorporarse ao mercado de traballo como son os menores de 30 anos, as mulleres e os parados de longa duración”, indicou.

Continue reading

Feijóo di que o seu compromiso con Galicia está máis vixente ca nunca e só será presidente se os galegos o queren nas urnas

1, marzo, 2020. O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que o seu compromiso con Galicia está máis vixente ca nunca e só será presidente se a gran maioría de galegos así o quere nas urnas. Deste modo se expresaba no acto de aniversario da súa primeira vitoria electoral en 2009, onde tamén estivo acompañado por Pablo Casado e por Mariano Rajoy.

Continue reading

Ánxeles Vázquez, Elena Candia, Marisol Díaz e Corina Porro liderarán as candidaturas do PPdeG ás eleccións autonómicas

Santiago de Compostela, 29 de febreiro-. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, deu a coñecer hoxe os nomes das persoas que liderarán as listas de cara ás eleccións autonómicas do 5 de abril. Catro mulleres (Ánxeles Vázquez por A Coruña, Elena Candia por Lugo, Marisol Díaz por Ourense, e Corina Porro como número dous na lista de Pontevedra que encabeza o propio candidato) serán as primeiras caras visibles das candidaturas dos populares galegos.

Continue reading