O Parlamento galego pide ao Goberno central que habilite nos portos de Celeiro, Burela e Ribeira inspeccións de produtos de orixe animal

Santiago, 17 de xaneiro de 2020.– O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que solicita ao Goberno central, ante a próxima saída do Reino Unido da Unión Europea, que habilite e autorice aos portos de Celeiro, Burela e Ribeira para levar a cabo inspeccións en fronteira de produtos de orixe animal, ben sexa habilitando un PIF específico ou como centro asociado ao da Coruña.

Continue reading

O Parlamento demanda que Xunta e Concello colaboren para a cesión do uso da loxa vella de Camariñas, unha vez sexa solicitado pola entidade local

Santiago, 17 de xaneiro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, unha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno galego a colaborar co Concello de Camariñas para chegar a unha cesión de uso do edificio da lonxa vella, unha vez que a entidade local faga a solicitude preceptiva.

Continue reading

Tellado cre que a UE acreditou que o Goberno socialista mentiu sobre a chegada do AVE á Comunidade

17, xaneiro, 2020. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, cre que a Unión Europea acreditou que o Goberno socialista mentiu sobre a chegada do AVE a Galicia, xa que grazas a UE coñeceuse que hai tramos que non van estar operativos ata 2022 e “con sorte”. “Nin Pedro Sánchez, nin o ministro de Fomento, nin a presidenta de ADIF, nin o delegado do Goberno en Galicia  foron quen de ter a valentía de dicirlle á cara aos galegos a verdade”, incidiu.

Continue reading

O PPdeG asegura que o novo Centro de atención a persoas con diversidade funcional de Ourense será público e as súas prazas totalmente públicas

Santiago, 16 de xaneiro de 2020.– A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo asegurou hoxe no Parlamento que “o novo Centro de atención a persoas con diversidade funcional de Ourense, cuxo inicio de construción está previsto no primeiro cuadrimestre deste ano, será público e coa totalidade das súas prazas públicas”.

Continue reading

O PPdeG demanda un programa autonómico para a retirada do amianto e que o Goberno de España facilite o financiamento destas actuacións

Santiago, 16 de xaneiro de 2020.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, demandou hoxe no Parlamento que a Xunta elabore un programa autonómico para a retirada do amianto, ao tempo que o Goberno de España poña en marcha un programa nacional para a erradicación deste material que facilite o financiamento das actuacións, en consonancia cos obxectivos establecidos pola Unión Europea.

Continue reading

O Grupo Popular solicita, a través dunha proposición de lei para a súa remisión ao Congreso, que se aplique o IVE reducido aos cueiros dos nenos

Santiago, 15 de xaneiro de 2020.- O Grupo Popular vén de rexistrar no Parlamento de Galicia unha proposición de lei, para a súa remisión ao Congreso dos Deputados, co obxectivo de modificar a Lei37/1992 do imposto sobre o valor engadido para incluír os cueiros dos nenos e nenas entre os produtos aos que se aplica o tipo reducido do 4 por cento.

Continue reading

O Grupo Popular apoia que a Xunta realice unha proposta para a retirada e tratamento en terra dos lodos procedentes da dragaxe do Lérez

Santiago, 15 de xaneiro de 2020.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento galego a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta a Xunta a realizar unha proposta para a retirada e tratamento en terra dos lodos procedentes da dragaxe da canle do río Lérez que pola súa potencial carga contaminante ou prexudicial non sexan susceptibles de ser utilizados para a rexeneración doutras zonas da ría.

Continue reading

O Parlamento galego esixe a Fomento que constrúa e financie a estación intermodal de Lugo, dotándoa dun aparcamento soterrado

Santiago, 15 de xaneiro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, co voto en contra do Grupo Socialista, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se esixe ao Ministerio de Fomento que constrúa e financie a estación intermodal que presentou na cidade de Lugo en marzo de 2019, unha terminal ferroviaria reformada e dotada cun aparcadoiro subterráneo que cubra as súas necesidades.

Continue reading