Rueda subliña a diferenza entre un PPdeG que “cre que gobernar e xestionar é fundamental” e os partidos que “polarizan e están todo o día á gresca”

O presidente Alfonso Rueda subliñou hoxe o seu desexo de que “se vexa cada vez máis a diferenza entre os que cren que gobernar e xestionar o día a día é o fundamental”, como o PPdeG, e aqueles partidos que “ideoloxizan, polarizan e están todo o día á gresca”.

“Estamos vendo un presidente de España á defensiva, que fala no Senado como se estivera nun xulgado porque sabe perfectamente que lle están facendo preguntas de cousas que non pode recoñecer. E se estás aí, coa cabeza en mil leas xudiciais provocadas ou permitidas por ti mesmo, é que non tes tempo para gobernar. Eu quero que cada vez máis nos diferenciemos de todo iso”, manifestou Rueda este mediodía ante uns 350 asistentes do Congreso Local do PP de Ponteareas no que Nava Castro foi elixida como novo presidenta do partido.

O presidente dos populares galegos lamentou que a nivel nacional se estea vendo como algúns “levantan muros e parecen empeñados en que traguemos con que pensar que o importante é estar cada un nun lado e que non haxa ninguén que se estea ocupando das cousas do día a día”. “Eu sinceramente creo iso é antipolítica. A xente que nos dá a súa confianza ou os que dan a cara como militantes é para que fagamos as cousas ben, para que non perdamos o tempo e para que teñamos principios”, sinalou.

Nese sentido, asegurou que a do PPdeG é “unha familia forte” que vai seguir sendo un exemplo e “non se vai amedrentar” fronte aos que “fan manifestacións e din que hai que tensionar a rúa e crear conflito, pero non gobernar”. “Os que din sempre que ‘non’, os da algarada, os que pensan que meternos medo é unha ferramenta que nos vai botar para atrás, teñen que saber que iso non é posible. En Ponteareas sabedes moi ben do que falo: durante anos tivestes que sufrir o sectarismo, o pensar que o importante era a ideoloxía e o de menos era xestionar”, engadiu.

CHAMAMENTO Á “UNIDADE” PARA OBTER A MAIORÍA ABSOLUTA

“En Ponteareas vese mellor que en ningún outro sitio e Nava Castro é unha referente, espero que con maioría absoluta cando dentro de un ano e medio haxa que volver a pedir a confianza”, augurou Rueda, que fixo un chamamento á “unidade”: “A unión fai a forza e non hai maior forza que ter maioría absoluta, e por iso temos que loitala. Collendo todas as esencias, probablemente perdendo algo todo o mundo para poder gañar todos. O camiño ten que ir por aí”, agregou.

Deste xeito, avogou por “non perder o tempo” para poder “gobernar e xestionar”, para desenvolver actuacións como o saneamento ou a depuradora de Ponteareas, así como o proxecto dese centro de saúde que “tanta falta fai”, e para seguir axudando “para que as magníficas instalacións municipais sexan aínda mellores”.

Rueda situou Ponteareas como “un dos concellos máis importantes desta provincia” e dixo alegrarse de “ser o presidente dun goberno que fixo os deberes con Ponteareas, un goberno serio”.

Por último, lembrou que durante todos os anos que traballou con Nava Castro sempre percibiu “unha persoa firme, leal, traballadora, teimuda, con obxectivos claros, que sabe o que quere e que loita por iso”. “Como directora de Turismo pegoulle unha revolución ao turismo de Galicia que aínda estamos desfrutando hoxe en día”, remarcou, valorando que o “desfrutaba”, pero aínda así cando lle pediu que volvera ao seu concello para ser alcaldesa “fíxoo sen dubidalo”.

CHAMAMENTO Á “UNIDADE” PARA OBTER A MAIORÍA ABSOLUTA

Pola súa banda, a secretaria xeral Paula Prado augurou que despois das eleccións municipais de 2027, o PPdeG terá aínda máis alcaldesas e Nava Castro “seguirá sendo unha delas”. Os populares xa suman 31, a formación con maior número de Galicia, seis delas na provincia de Pontevedra —Marín, Mos, Oia, Salvaterra de Miño, Forcarei e Ponteareas—. “Demostran que somos o partido das mulleres e das mulleres que gobernan”, salientou.

Así mesmo, Prado subliñou que o Goberno de Rueda vai aprobar os Orzamentos autonómicos por 17ª vez consecutiva en tempo e forma e serán “os máis altos da nosa Historia, cun reforzo sen precedentes do gasto social”, e ademais “non se esquecerán de Ponteareas”.

Por último, a secretaria xeral do PPdeG lamentou que o PSOE galego estea “disposto a todo con tal de defender a Sánchez”, mesmo a insultar, como fixo esta semana unha deputada autonómica da provincia, Paloma Castro, que “en lugar de condenar a corrupción, decidiu burlarse da saúde do senador do PP que interpelou a Sánchez na Comisión”. “Pero segue sen dimitir. Para eles todo vale con tal de non pedir perdón”, dixo.

Mentres tanto, o BNG evitou o xoves pedir explicacións a Sánchez no Senado, demostrando que é “moi mansiño en Madrid pero moi bravo en Galicia”, onde nas últimas semanas se dedicou a producir “a súa propia película de terror”, con actuacións “como os ataques violentos que en Ponteareas coñecen ben”, xa sexa “instrumentalizando as reivindicacións da cidadanía ou directamente insultando a quen non pensa como eles”. “Todo lles vale porque a súa estratexia é a conflitividade social, a manifestación e o alboroto”, concluíu Prado.

NAVA CASTRO E COMO “GOBERNAR CON XENEROSIDADE”

O presidente provincial, Luís López indicou que “Ponteareas non precisa gastar inxentes cantidades de cartos en promoción, como fan outros concellos”. “Ponteareas non necesita chamar a atención con insultos nin con bufonadas para ver se ocupa un par de minutos nunha tertulia. Ponteareas non necesita chamar a atención para facerse un oco no mundo, porque xa ten a Nava Castro, porque Nava xa pon a Ponteareas no mapa”, precisou.

“Ela sábeo, e non contenta con ser a mellor embaixadora do seu concello, é a mellor garantía do seu futuro.  De aí a reforma do mercado de abastos, a futura biblioteca, a nova residencia de artistas, as novas pistas de atletismo e vestiarios nas Rabadeiras, e a recuperación da avenida da Constitución. Nava chegou á Alcaldía cun lema brillante que dicía ‘reseTEA!’ e o que está a conseguir é algo máis que un reseteo, é unha revolución para os seus veciños e veciñas, e este partido vaino garantir durante moitos anos”, subliñou Luís López.

Así mesmo, o dirixente popular lembrou que coñecía xa a Nava por ser durante tantos anos o rostro do éxito turístico de Galicia e de Rías Baixas. “Pero como presidente da Deputación, sendo ela deputada, descubrín nela unha cualidade que se bota moito de menos na política de hoxe: a xenerosidade. Nava brilla sen forzar nada nin xesticular moito, sabe facer que todos se sentan importantes, sabe abandeirar as causas do seu municipio sen quitarlle o foco á xente, como coa plataforma N-120”, indicou.

“En todo caso, como presidente provincial, ao que aspiro en Ponteareas en 2027 está moi claro: eu quero que a Nava non lle fagan falta socios. Eu quero que só precise ao PP. Aos que coa túa xenerosidade te levarán á maioría absoluta en 2027. Ese é o obxectivo”, finalizou Luís López.

O PPdeG destaca o compromiso da Xunta coa atención sanitaria en Porto do Son, que se traduce nos 600.000 euros para o novo centro de saúde que figuran nos Orzamentos de 2026

Os deputados do PPdeG Ángel Rodríguez e Magdalena Pérez, acompañados polo alcalde Luis Oujo, destacaron hoxe o compromiso da Xunta de Galicia coa mellora da prestación sanitaria que reciben os veciños de Porto do Son, que se manifesta nos 600.000 euros que figuran nos Orzamentos autonómicos de 2026 para o novo centro de centro de saúde deste concello coruñés.

Ángel Rodríguez e Magdalena Pérez, que tamén é concelleira deste municipio, salientaron que o novo centro de saúde ocupará unha superficie de 1.800 metros cadrados e permitirá aumentar sensiblemente a capacidade asistencial que na actualidade reciben os veciños de Porto do Son.

En concreto, incrementará as consultas de medicina e de enfermería que se prestan no centro actual, ademais de dispoñer de novos servizos de odontoloxía ou fisioterapia, así como áreas específicas para pediatría e atención á muller.

El PPdeG pide en Europa que se garantice el acceso de Galicia al Fondo Social por el Clima pese a la mala gestión de Sánchez

Los eurodiputados del PPdeG, Francisco Millán Mon y Adrián Vázquez, han pedido a la Comisión Europea que garantice el acceso de Galicia al Fondo Social por el Clima al estar “en riesgo” por la “mala gestión” del Gobierno de Sánchez.

Los populares lo han hecho formulando una pregunta a la Comisión basada los retrasos del Gobierno central en la presentación del Plan Social por el Clima y en la transposición de la Directiva 2023/959 (ETS2).

El Fondo Social por el Clima es un programa europeo que busca amortiguar los costes derivados de la ampliación del régimen de comercio de derechos de emisión a los edificios y al transporte por carretera. Con este fin, ofrece financiación para medidas de eficiencia energética y reducción de la pobreza energética —renovación de sistemas de calefacción, aislamientos, programas de alquiler social energético, etc.—, así como para el fomento de la movilidad sostenible —ayudas para coches eléctricos, transporte público más sostenible, etc.—.

El PPdeG ha decidido presentar la pregunta tras las múltiples advertencias de la Xunta de Galicia, que señaló esta misma semana que el retraso del Gobierno de Sánchez podría demorar los desembolsos del Fondo y perjudicar especialmente a comunidades como Galicia, que ya tienen proyectos preparados y pendientes de financiación a través de este mecanismo.

Así, los eurodiputados del PPdeG recuerdan que, además del Plan nacional que debe presentar el Gobierno a la Comisión Europea para acceder a estos fondos, el Gobierno de España también debe transponer la Directiva ETS2, que sigue pendiente desde el 30 de junio de 2024. Esto es especialmente relevante, ya que, de acuerdo con la Guía para la implementación del Plan Social por el Clima, la Comisión no puede evaluar los planes nacionales si el estado miembro no ha transpuesto previamente dicha directiva.

“UNA MUESTRA DE LA INCOHERENCIA DEL GOBIERNO DE SÁNCHEZ”

“Esto es una muestra de la incoherencia del Gobierno de Sánchez, que es el primero en favorecer una agenda verde pero luego llega con retraso cuando se pretende ayudar a los hogares vulnerables en la transición energética”, critica Millán Mon.

Por su parte, Adrián Vázquez sentencia que “esa dejadez en el cumplimiento del Derecho europeo por parte del Ejecutivo central es un auténtico tapón entre Europa y Galicia, una barrera que impide que nuestra Comunidad acceda a unos fondos tan importantes para los gallegos”.

En su pregunta, los eurodiputados solicitan a la Comisión que aclare qué medidas adoptará para garantizar y asegurar que el Gobierno español cumpla con sus deberes de presentación del Plan y transposición de la Directiva y que los fondos lleguen a las regiones y ciudadanos que más los necesitan.

En ese sentido, y uniendo esta situación a la propuesta de Marco Financiero Plurianual que la Comisión ha presentado para 2028-2034, Adrián Vázquez recuerda que este “sólo es un ejemplo más de la importancia de contar con las regiones en la ejecución del dinero europeo y de por qué no es una buena idea centralizar toda la gestión en los gobiernos estatales”. “Galicia ya ha hecho los deberes y es el Gobierno de Sánchez quien tiene que ponerse las pilas, porque las consecuencias las vamos a pagar todos los gallegos”, añade el eurodiputado.

“La centralización que propone la Comisión Europea para el próximo marco financiero es un error”, reitera Millán Mon. “Desgraciadamente, lo hemos visto en España con el fracaso en la ejecución de los fondos Next Generation y ahora lo volvemos a ver con el retraso en la presentación del Plan Social por el Clima. Las regiones deben mantener su papel relevante en el próximo Marco Financiero y, desde el PPdeG estamos trabajando para ello”, concluye el eurodiputado.

O PPdeG salienta que a Xunta destinará o vindeiro ano 650.000 € aos cinco polos de emprendemento da provincia de Lugo, que xa atenderon máis de 1.100 proxectos

Os deputados autonómicos do PPdeG Raquel Arias e José Manuel Mato destacaron hoxe que a Xunta destinará o vindeiro ano cerca de 650.000 euros aos cinco polos de emprendemento e apoio ao emprego existentes na provincia de Lugo (Mondoñedo, A Fonsagrada, Friol, Sarria e Monforte), uns centros que xa atenderon máis de 1.100 proxectos de persoas emprendedoras desde a súa posta en marcha hai tres anos.

Nunha visita á área de autocaravanas aberta en Sober, unha das empresas coas que colabora o polo de emprendemento de Monforte, Arias e Mato destacaron a importancia destes centros para fomentar a iniciativa empresarial, dinamizar o mercado de traballo e fixar emprego, atendendo as demandas dos diferentes territorios e sobre todo das zonas rurais.

UN 56% DE MULLERES ENTRE AS PERSOAS EMPRENDEDORAS

Na actualidade, desde a súa creación hai tres anos, os cinco polos de emprendemento e emprego da provincia atenderon máis de 1.100 proxectos, dos que case 800 seguen activos.

O número de persoas emprendedoras que acudiron a estes polos de emprendemento achegouse ao millar, das que o 56% foron mulleres. Ademais, arredor do 55% destes emprendedores sitúanse entre os 30 e os 55 anos. Ao longo destes anos, estes centros realizaron máis de 3.400 titorías, das que arredor de 1.100 foron en liña e máis de 2.300 de xeito presencial.

O sector que predominou entre as iniciativas emprendedoras impulsadas desde estes polos lucense foi o da hostalería, cun 20%; seguido polo do comercio (16%) e o dos servizos (12%).

“Estes espazos de dinamización e captación de proxectos ofrecen, entre outros, servizos de información sobre oportunidades de emprendemento; asesoramento personalizado para cada territorio; espazos de traballo temporal e networking; captación de investimento e financiamento; e orientación, asesoramento e recursos físicos para os emprendedores”, indicaron os deputados populares. Ademais, os usuarios poderán acceder a convocatorias anuais de axudas para a consolidación de investimento e a xeración de postos de traballo.

Alberto Pazos considera “inasumible e intolerable” que a Universidade de A Coruña manteña oculta a bandeira española na entrada ao reitorado

O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, considerou hoxe “inasumible e intolerable” que a Universidade de A Coruña manteña hoxe a ocultación da bandeira española na entrada ao rectorado, polo que pediu “unha rectificación inmediata porque é unha cuestión de sensibilidade e se está cometendo un grave ataque ao respecto institucional”.

Acompañado de concelleiros do PP en A Coruña, Alberto Pazos manifestou que “se onte denunciábamos un feito que podía ter sido un erro puntual, que hoxe se manteña esa situación non indica outra cousas que é unha acción premeditada, que busca a confrontación, e unha utilización parcial e partidista dun espazo que debería representar a todos como é a Universidade de A Coruña”.

SENTIDO COMÚN

Deste xeito, fixo un chamamento “ao sentido común e a facer unha rectificación inmediata dunha situación que non desexa ninguén”, porque considerou que “unha institución que ten agora mesmo 13 millóns de euros en débedas ten problemas dabondo para que os seus máximos representantes intenten buscar conflitos novos”. “É necesario recuperar a cordura e rectificar, cesar nesta actitude de ocultar unha bandeira que nos representa a todos e non permitir que ocupe o seu espazo xunto ao resto de símbolos”, subliñou.

“Se alguén decide ondear unha bandeira e ocultar outras é evidente que está introducindo un sesgo que non coresponde co institucional”, indicou o portavoz popular, quen avogou por evitar “polémicas estériles e poñer solución a unha cuestión que é ben sinxela de solventar”.

TRANSFERENCIA AP9 E ESTUDO SOBRE O SEU CUSTO

Por outra banda, Alberto Pazos anunciou que o Grupo Popular levará ao Pleno da vindeira semana unha iniciativa para que o Grupo Socialista no Congreso retire as emendas presentadas á proposición de lei solicitando a transferencia da AP-9 á Comunidade galega, que “desvirtúan por completo o acordo unánime que saiu do Parlamento galego porque simplemente ofrecen unha coxestión desta autoestrada, condicionada ademais a que Galicia cofinancie unha serie de medidas que son competencia en exclusiva do Estado”.

“Ademais, como o único estudo que existe na actualidade sobre o custo do rescate e as bonificacións da AP-9 é o realizado pola Xunta, que sorprendentemente o Goberno de Pedro Sánchez nega a súa validez amparándose cada día nunha escusa nova e facilitando cada día un cálculo distinto do que suporía ese rescate, pedimos que o Goberno central elabore un estudo serio para coñecer cal é o custo de rescate da autovía”, sinalou o portavoz popular, quen recordou que o informe elaborado polo Goberno galego sinala que en termos económicos o custo do rescate e das bonificacións da AP-9 ata o remate da concesión é practicamente idéntico.

O Parlamento de Galicia demanda medidas que garantan o equilibrio e a convivencia entre a protección do lobo e as necesidades dos gandeiros

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co voto favorable nin de BNG nin de PsdeG, a través da que se insta á Xunta de Galicia a defender, ante as instancias que sexan precisas, incluído os recursos pertinentes ante a Xustiza, o equilibrio e a convivencia entre a protección do lobo e as necesidades dos gandeiros, así como seguir defendendo as accións de control sobre esta especie tendo en conta o estado favorable das súas poboacións.

A deputada popular Cristina Campero asegurou que “non se trata de criminalizar ao lobo, pero tampouco de idealizalo como se o rural fose un decorado para documentais”. Neste sentido, lembrou que a situación actual en Galicia é que existen 93 mandas de lobos, que ocupan máis do 90 por cento do territorio, os avisos por ataques aumentaron un 77 por cento desde 2021 e só no ano 2024 se rexistraron máis de 2.800 reses mortas por ataques deste animal.

IMPOSIBILIDADE DE AUTORIZAR MEDIDAS DE CONTROL

“A Xunta respecta pero lamenta profundamente a imposibilidade actual de autorizar medidas de control sobre o lobo ante danos recorrentes e acreditados no gando”, manifestou a deputada popular, quen indicou que o Goberno galego “xa prepara o recurso fronte á decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con argumentos sólidos e base científica: primeiro, o cambio normativo producido nos últimos meses que exclúe ao lobo das medidas de xestión por ser unha especie especialmente protexida; dos datos recentes, veraces e técnico-científicos qeu acreditan que o estado de conservación do logo en Galicia é favorable; e o último censo elaborado pola Xunta, que confirma que na actualidade hai 93 mandas fronte ás 90 que existían en 2015”.

Cristina Campero criticou que “o Goberno de España debe 12 millóns de euros a Galicia para apoiar aos nosos gandeiros polos danos causados polo lobo, unha débeda que contrasta cos máis de 31 millóns de euros que a Xunta leva mobilizados desde 2016 en axudas para a prevención e conservación dos danos causados pola fauna silvestre nas explotacións agrogandeiras galegas”.

“O que pedimos é simple: que se cumpra o procedemento e que se nos deixe traballar con sentido común, garantindo o equilibrio entre conservación e supervivencia do rural galego”, sinalou a deputada popular. En concreto, avogou por “facer accións de control proporcionadas, baseadas en datos científicos e a realidade do territorio, porque hai que protexer o lobo, pero tamén hai que protexer a quen vive co lobo todos os días”.

O PPdeG contrapón a aposta do Goberno galego por facilitar o emprego autónomo fronte ás “trabas, impostos e burocracia” que impón Pedro Sánchez a este colectivo

O PPdeG destacou hoxe as “facilidades” que o Goberno de Alfonso Rueda ofrece aos autónomos galegos fronte a un Pedro Sánchez que “desprotexe” a este colectivo con “máis trabas, máis impostos e máis burocracia” e que está “máis preocupado dos seus problemas que dos traballadores”.

Así o trasladou hoxe en declaracións aos medios a secretaria xeral do partido, Paula Prado, logo de visitar o negocio dunha traballadora autónoma na cidade de Vigo e antes de reunirse coa Asociación de Traballadores Autónomos (ATA) de Galicia. Fíxoo acompañada pola Comisión de Emprego do PPdeG e xunto ao responsable de Emprego do Goberno galego, José González, a secretaria provincial do PP de Pontevedra, Luisa Piñeiro, a presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, e o coordinador de Emprego do PPdeG, Pablo Fernández López.

A número dous dos populares galegos puxo a Ana Rocha, propietaria da Herboristería LavandaBio, como exemplo da “valentía” de todos eses traballadores autónomos que “arriscan os seus cartos e tempo para xerar riqueza e oportunidades en Galicia” e “non merecen que o Goberno de España diga que vería beneficioso que cada vez houbera menos autónomos”.

Fronte a este “desprezo” cara o traballo dos autónomos, Paula Prado reafirmou o compromiso do Goberno de Alfonso Rueda á hora de ofrecer “facilidades” a todo aquel que queira emprender, e especialmente no caso dos mozos e mozas que queiran iniciarse como autónomos en Galicia.

Nesta liña, puxo en valor o plan que o presidente nacional do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, presentou esta semana co obxectivo de que os autónomos –algo máis de 210.000 en Galicia– “non se sintan desprotexidos polo Goberno do Estado”.

“Pedro Sánchez está tan ocupado en tapar os seus problemas políticos e a corrupción do seu partido que non lle queda tempo para pensar nos traballadores”, concluíu Prado ao fío da comparecencia do presidente onte no Senado.

Unha comparecencia que, na súa opinión, só serviu para constatar “o desprezo do sanchismo ás institucións democráticas, aos grupos políticos da oposición e ao traballo dunha Comisión que está investigando cuestións gravísimas”. Unha actitude da que fixo ademais cómplice ao alcalde socialista de Vigo, ao que acusou de ser “o máximo defensor do sanchismo e da súa deriva”.

O PESO DOS TRABALLADORES AUTÓNOMOS NAS AFILIACIÓNS GALEGAS

O responsable de Emprego no Goberno galego, José González, destacou que Galicia é a segunda comunidade con maior peso dos traballadores autónomos nas afiliacións, con arredor dun 20% (19,21%), preto de catro puntos por riba da media nacional (15,79%). Fronte aos atrancos do Goberno central, reafirmou o compromiso da Xunta no marco do Diálogo Social e como Administración facilitadora, confirmando en 2026 a orde única de axudas (preto de 41 M€), coa previsión de beneficiar unhas 9.000 persoas e negocios do colectivo autónomo.

Así, fixo fincapé en que se volverán aglutinar o Programa de promoción do emprego autónomo (máis de 28,9 M€), que consta de dúas liñas: unha para impulsar o inicio da actividade e o mantemento de emprego e outra coa que se garante a cota cero durante 12 meses de actividade. Nese senso, destacou como novidade que esta cota cero se estenderá ata os 24 meses para quen se inicie en calquera sector asociado á agricultura, á gandaría e á silvicultura.

A maiores, a orde única inclúe o Bono Autónomo (8 M€), para consolidar negocios con polo menos 42 meses de actividade; o programa Nova Oportunidade (1,5 M€), para apoiar a quen volva emprender; o Bono Remuda (que se incrementa nun 20%, ata os 1,5 M€), para garantir a remuda xeracional; e o Bono Autónomo Concilia (750.000 €), con tres liñas diferentes.

José González salientou que a estas achegas engádense 1,7 M€ para a contratación do primeiro, segundo e terceiro traballador por parte de autónomos. Todas estas convocatorias, segundo lembrou, enmárcanse na Axenda Impulso Autónomo Horizonte 2027, que contará no 2026 cun orzamento superior aos 2 M€.

UN PSOE QUE “NON SE CANSA DE RECADAR”

Pola súa banda, a presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, reivindicou o papel das administracións locais á hora de favorecer a actividade dos autónomos. Unha disposición que contrasta coas “trabas impositivas” do Concello de Vigo, que encareceu o Imposto de Actividades Económicas un 4% nos dous últimos anos e volverá incrementalo nese mesma porcentaxe en 2026.

Tamén mencionou o “taxazo” aplicado no recibo do lixo “non só ás familias senón tamén ao sector servizos, composto por moitos autónomos”. Ao fío, lembrou que Vigo é a cidade coa tarifa de auga máis cara de Galicia, o cal tamén afecta a traballadores por conta propia ou microempresas.

Ademais, Luisa Sánchez lamentou a ausencia de campañas de apoio e de medidas que incentiven o consumo no comercio local promovidas desde o goberno municipal, aspecto abandonado polo alcalde de Vigo.

“Ao final, vemos que hai un partido, que é o Partido Popular, que fai a vida máis fácil aos autónomos e aos pequenos negocios; e outro partido, que é o PSOE, que non se cansa de recadar, xa sexa desde o Goberno de España ou desde os gobernos locais”, sinalou Luisa Sánchez.

O PPdeG cualifica de “película de terror” a deriva do BNG cara unha “radicalización total”

O PPdeG cualifica de “película de terror” a deriva do BNG cara unha “radicalización total” que se manifestou ao longo das últimas semanas cos chamamentos do independentismo galego á “conflitividade social”, os “ataques violentos e de odio” da súa militancia cara representantes doutras formacións ou os seus intentos por “adoutrinar” nos colexios.

A secretaria xeral dos populares galegos, Paula Prado, denunciou hoxe en rolda de prensa que ela mesma sufriu en redes sociais un destes “ataques” por parte do número 4 da candidatura do BNG ás eleccións europeas. Unhas palabras “de odio” que Ana Pontón “aínda non condenou” e que “deixan claro que o comunismo do BNG consiste en intentar silenciar e poñer na diana a quen non pensa coma eles”.

“É curioso que aqueles aos que lles parece ‘gravísimo’ o que nós dicimos e facemos sexan os mesmos que forman parte dun partido que basea a súa estratexia na ‘conflitividade social’ ou en intentar adoutrinar nos colexios”, engadiu facendo referencia ao recente documento no que a UPG “pide máis manifestacións e máis alboroto” e ás comunicacións da CIG-Ensino “intentando coar nos colexios materiais de todo tipo” co fin de “adoutrinar” aos nenos e nenas galegas.

Prado mostrou como exemplo disto último uns materiais que o sindicato nacionalista trasladou ao profesorado e nos que se pode ver, entre outras cousas, a un Eduardo Blanco Amor espido “para vestilo con camisetas reivindicativas” ou a unha Rosalía de Castro “silenciada e submisa” cunha mordaza na boca.

“Non imos consentir que isto chegue aos nosos fillos e fillas”, concluíu a secretaria xeral do PPdeG ironizando, na véspera do Samaín, con que os populares galegos están “asustados” ante “película de terror” na que se converteu o BNG logo de  reunirse cos “herdeiros de ETA”, de cualificar de “fascista” á Premio Nobel da Paz, María Corina Machado, e mesmo de “perseguir” a membros do Goberno galego, como é o caso da responsable autonómica de Política Social.

OS AGRAVIOS ACUMULADOS DE SÁNCHEZ CON GALICIA

Paula Prado celebrou que, mentres todo isto acontece, no Parlamento galego se estea vendo un “exercicio democrático e necesario” como é a presentación dos Orzamentos de 2026. Algo que, na súa opinión, constata que Galicia é “unha illa de estabilidade” que permite ao Goberno de Alfonso Rueda “seguir pensando no benestar dos galegos e das galegas e non en chistorras, soles e leitugas”.

Ao fío disto, denunciou a falta de Presupostos Xerais do Estado e a “obstaculización de investimentos” que iso supón “por moito que o secretario xeral do PSdeG fixera unha xira para criticar os Orzamentos da Xunta só porque non pode falar ben duns Presupostos estatais que nin están nin se lles espera”.

“O mesmo pasa co BNG de Ana Pontón, que segue tan bravo en Galicia e tan mansiño en Madrid”, afirmou a número dous dos populares logo de que hoxe mesmo os independentistas galegos decidiran ausentarse da Comisión do Senado na que comparecía Pedro Sánchez e “evitar así pedirlle explicacións”.

Prado rematou preguntándose “ata cando vai seguir sendo o BNG unha comparsa do sanchismo” e se realmente o independentismo galego “necesita seguir sendo tan submiso coa cantidade de agravios que Sánchez leva acumulados con Galicia”.

O Parlamento de Galicia demanda a elaboración dun protocolo para o acompañamento de persoas con discapacidade visual nos centros sanitarios

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a estudar a elaboración dun protocolo para o acompañamento das persoas con discapacidade visual nos centros sanitarios galegos, en consenso e coa participación dos profesionais da saúde e das organización que traballan para garantir e ampliar as súas condicións de accesibilidade e inclusión.

A portavoz popular de Política Social, Raquel Arias, afirmou que “a inclusión real significa que todas as persoas, independentemente das súas condicións físicas, mentais ou sensoriais, poidan participar plenamente na sociedade”. En concreto, manifestou que “situacións tan habituais como acudir a un centro de saúde, clínica ou hospital, solicitar unha cita ou estar pendente da quenda de chamada a unha consulta pode verse condicionada pola discapacidade visual, ao tempo que as posibilidades de desorientación dentro do centro sanitario son especialmente elevadas en persoas con discapacidade visual, polo que parece oportuno xerar un ambiente onde se garanta autonomía da persoa e o apoio necesario para a súa plena inclusión”.

FORMACIÓN ESPECÍFICA PARA OS PROFESIONAIS

“Todas estas razóns fan recomendable que a Xunta impulse a elaboración dun protocolo ou guía de acompañamento a persoas con discapacidade visual nos centros sanitarios para garantir un trato accesible e unha asistencia personalizada”, sinalou a portavoz popular. Ademais, considerou “axeitado levar a cabo unha formación específica para os profesionais sanitarios sobre as técnicas de acompañamento a persoas con discapacidade visual, que pode facerse da man e en colaboración coas propias organizacións que agrupan a persoas cegas ou con discapacidade visual”.

Raquel Arias lembrou que o Servizo Galego de Saúde “xa está promovendo diferentes accións para garantir a accesibilidade e a igualdade de oportunidades para persoas con discapacidade física, incluída a visual, e a mobilidade reducida”. En concreto, referiuse ao proxecto piloto de sinalización para persoas con discapacidade visual que se está desenvolvendo na área sanitaria de Vigo; o procedemento de atención a persoas con mobilidade reducida en consultas externas, servizos de urxencias e centros de atención primaria; ou o proxecto de atención a persoas con mobilidade reducida ou discapacidade visual que se está a traballar na área sanitaria de Ferrol.

O Parlamento de Galicia pide ao Goberno central que actualice a Lei de réxime fiscal das cooperativas

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra dos deputados do PSdeG, a través da que se solicita ao Goberno de España que actualice a Lei de réxime fiscal das cooperativas, “unha norma aprobada en 1990 e que se atopa totalmente desfasada despois de 35 anos, porque o sector non é o mesmo, nin a estrutura empresarial, nin o mercado, nin os retos tecnolóxicos son os mesmos”.

A portavoz popular de Emprego, Noelia Pérez, asegurou que “conservar un marco fiscal tan desfasado xera inseguridade, limita a capacidade de investimento e dificulta o crecemento das cooperativas”. Deste xeito, subliñou que “falamos dunha demanda realizada desde a propia Confederación Empresarial Española de la Economía Social, que pide en concreto recoñecer a figura do socio colaborador, para fortalecer o capital propio; flexibilizar límites de contratación, porque a realidade produtiva de 2025 non é a de 1990; tratar o fondo de educación e promoción como un investimento social; e permitir que as cooperativas poidan medrar sen estar pendentes de se, ao facelo, fan perder beneficios que sustentan o seu propio modelo democrático”.

PARTE FUNDAMENTAL DA ECONOMÍA SOCIAL DE GALICIA

Noelia Pérez lembrou que “o cooperativismo é unha parte fundamental da economía social de Galicia, porque temos máis de 2.000 cooperativas activas, cunha facturación anual superior aos 3.500 millóns de euros e que sosteñen miles de empregos estables”. “Estamos a falar cun sector estratéxico, que combina actividade económica con compromiso territorial, cohesión social e innovación organizativa, e para o que a Xunta destinará o vindeiro ano máis de 56 millóns de euros”, dixo.

Por este motivo, manifestou que a Xunta leva tempo traballando nunha nova Lei de cooperativas de Galicia para adaptar a lexislación ás novas realidades, favorecer a creación de novas entidades e reforzar o tecido existente. “O obxectivo é dotar ás cooperativas dunha regulación máis flexible, adaptar a súa estrutura xurídica ao dereito societario, dotalas das ferramentas e métodos organizativos necesarios para mellorar a súa xestión diaria e avanzar na modernización do rexistro de cooperativas, introducindo a dixitalización e a tramitación electrónica”, concretou.