O PPdeG salienta que Galicia é a segunda comunidade con mellor ratio de facultativos de medicina interna

Santiago, 12 de xullo de 2022.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, salientou hoxe no Pleno do Parlamento galego que Galicia, segundo os datos do propio Ministerio de Sanidade, “é a segunda comunidade autónoma con mellor ratio de facultativos de medicina interna por cada 100.000 habitantes” e insistiu na demanda ao Goberno central para que “tome as medidas necesarias para que o sistema de solicitude de acreditacións de prazas estea aberto de forma permanente e non unicamente en períodos curtos de tempo”.

Continue reading

O PPdeG contempla a transferencia da inspección de traballo, pero lembra que están pendentes a da AP-9 e a xestión do litoral

Santiago, 12 de xullo de 2022.- A deputada do Grupo Popular Noelia Pérez asegurou hoxe no Pleno do Parlamento galego que “aspiramos ao máximo teito competencial, polo que contemplamos a transferencia en materia de inspección de traballo, pero na defensa dos intereses dos galegos non imos adoptar ningunha competencia que non veña dotada do financiamento necesario, ademais de que nestes momentos hai competencias pendentes prioritarias para o noso país: a AP-9 ou a xestión do litoral”.

Continue reading

O Grupo Popular demanda ao BNG que deixe de presentar a Galicia como “o territorio do candil e a lareira”

Santiago, 12 de xullo de 2022.- A portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, Elena Candia, demandou hoxe ao BNG que “abandone o seu empeño en presentar a Galicia como o territorio do candil e a lareira” e asegurou que “erran no diagnóstico da situación que vive o noso rural, o que lles vai difícil acertar no tratamento necesario para abordar os seus problemas”.

Continue reading

O Grupo Popular critica que as decisións do Goberno central en materia de comunicacións “fan retrotraernos a tempos pasados de illamento de Galicia coa meseta”

Santiago, 11 de xullo de 2022.- O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, afirmou hoxe que “as decisións e a preocupante falta de xestión por parte do Goberno central en materia de comunicacións, tanto na perda de paradas e servizos no transporte público por estrada, como a busca dunha solución á caída do viaduto na A-6 ou a non chegada dos trens AVRIL, fan retrotraernos a outros tempos pasados de illamento de Galicia coa meseta”.

Continue reading

Os deputados galegos do PP no Congreso piden a comparecencia da ministra de Transportes polo incumprimento cos prazos de entrega dos trens Avril

Os deputados galegos do Partido Popular no Congreso rexistraron este venres na Cámara Baixa a solicitude de comparecencia da ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, para que dea explicacións sobre o incumprimento cos prazos de entrega dos trens Avril, que en Galicia estaba prevista para este mes de xullo.

Continue reading

O Parlamento galego insiste na demanda ao Goberno central para conectar Vigo á rede de moi alta tensión e construír a subestación de Balaídos

Santiago, 8 de xullo de 2022.- O Parlamento de Galicia insistiu hoxe, a través dunha proposición non de lei do Grupo Popular aprobada por unanimidade, na demanda ao Goberno de España para que rectifique e inclúa na planificación da Rede Eléctrica de España para 2021-2026 a conexión de Vigo á rede de moi alta tensión e constrúa unha nova subestación no polígono de Balaídos, que permita atender as necesidades de subministración da industria, sobre todo da factoría de Stellantis.

Continue reading