O Grupo Popular pedirá no Pleno que o Goberno central inclúa na planificación eléctrica o subministro aos proxectos industriais de Galicia

13 de decembro de 2022. O Grupo Popular solicitará ao Goberno central no Pleno ordinario da vindeira semana que rectifique a planificación prevista da Rede Eléctrica de España para 2021-2026 e inclúa actuacións de subministro de enerxía eléctrica a proxectos industriais de Galicia, como o de Altri, o de Showa Denko, a fábrica de hidróxeno verde de EDP e Reganosa, a biofábrica de ENCE, a central hidroeléctrica de Magtel ou a Stellantis. Así mesmo, na mesma sesión plenaria pedirá que a Xunta elabore un Plan galego de prevención do cancro de pulmón, no que se empreguen métodos innovadores de detección para facer unha iniciativa pioneira a nivel estatal.

Continue reading

O Parlamento reitera a solicitude ao Goberno central para que poña en marcha un operativo para localizar o Villa de Pitanxo e baixar ao mesmo

13 de decembro de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se reitera a solicitude ao Goberno de España para que poña en marcha unha operación de traballo subacuático que permita localizar o pecio do buque Villa de Pitanxo, descender ao mesmo e elaborar un traballo fotográfico e audiovisual sobre o seu estado, así como a recoñecer os seus arredores e zona exterior do buque para verificar a posible localización de corpos dos tripulantes desaparecidos.

Continue reading

O Grupo Popular demanda unha reforma lexislativa para proceder á revisión dos coeficientes redutores dos traballadores do mar

13 de decembro de 2022. O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro demandou hoxe no Parlamento galego ao Goberno central a modificar a lexislación vixente para proceder á revisión dos coeficientes redutores dos traballadores e traballadoras do mar, adecuando os mesmos ás circunstancias actuais da frota e da actividade marítimo-pesqueira, marisqueira e acuícola.

Continue reading

O Grupo Popular apoia as demandas de colectivos e organismos internacionais para axilizar a tramitación no Congreso da proposición de lei de bebés roubados en España

9 de decembro de 2022. O Grupo Popular apoiou esta mañá no Parlamento de Galicia a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se respalda as demandas dos colectivos sociais e dos organismos internacionais para que se axilice e impulse a tramitación e aprobación polo Congreso dos Deputados da proposición de lei de bebés roubados en España.

Continue reading

Aprobado en Comisión o ditame da nova Lei de para reducir a temporalidade no emprego público, paso previo á aprobación definitiva en Pleno

9 de decembro de 2022. A Comisión 1ª do Parlamento de Galicia aprobou hoxe, sen o apoio de BNG nin de PSdeG, o ditame do proxecto de Lei de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público en Galicia, cuxo “obxectivo é reducir a taxa de interinidade por baixo do 8 por cento e facelo atendendo ao marco legal europeo, aclarando as eivas e imprecisións da lexislación estatal”, manifestou o viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos.

Continue reading