Defensa ante a UE e a OMC do freo a proposta de prohibir determinadas subvencións á pesca

Galicia asiste con preocupación ao desenvolvemento das negociacións que, no marco da Organización Mundial do Comercio (OMC) están a darse sobre medidas para a eliminación de subvencións á pesca ilegal, non declarada e non regulamentada (INDNR) e á prohibición de determinadas formas de subvencións á pesca que supostamente contribúen á sobrecapacidade e á sobrepesca.

O 11 de maio de 2021, o Presidente das negociacións sobre as subvencións á pesca, Embaixador Santiago Wills (Colombia), presentou un novo proxecto de texto destinado a achegar aos Membros a un acordo antes da reunión de Ministros do 15 de xullo.

Neste sentido, a tenor do artigo 5 do borrador presentado, consideraríase que contribúen á sobrecapacidade ou sobrepesca, por tanto estarían prohibidas, as subvencións “á compra ou a cubrir os custos de combustible, xeo ou cebos”.

Galicia rexeita a eliminación xeneralizada do combustible bonificado para a frota pesqueira que propón este borrador da OMC, debido a que pon en risco a sustentabilidade e o futuro do sector pesqueiro galego. Entendemos que se trata dunha medida cando menos inxusta, xa que cargaría de novo un esforzo sobre a frota da UE e da galega, que están demostrado practicar unha pesca responsable e sustentable en todos os mares nos que desenvolve a súa actividade sobre un equilibrio dos termos ambientais, sociais e económicos e cun alto estándar de aplicación de requisitos nestes terreos, tal e como lle establece a normativa europea, a máis esixente en materia de sustentabilidade a nivel global.

Desde o convencemento de que poden adoptarse outras medidas para mellorar a eficiencia enerxética e atallar a sobrepesca, a sobrecapacidad e as prácticas
irresponsables de determinadas frotas sen prexudicar a aquelas que actúan de forma
responsable, Galicia está a promover outras accións para a mellora da eficiencia enerxética e a descarbonización do sector, tales como a inclusión do sector marítimo-pesqueiro na vía do uso do hidróxeno.

 

Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario Popular presenta a seguinte proposición non de lei en Pleno:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para demandar diante da UE e da OMC unha defensa pechada para frear a proposta de prohibir as subvencións á compra ou a cubrir os custos de combustible, cuxo obxectivo é a defensa da igualdade global da actividade marítimo-pesqueira e da competitividade e sustentabilidade da nosa frota”.

 

Rexistro: https://www.parlamentodegalicia.es/Expedientes/11/PNP-001663

 

 

O Parlamento galego demanda a promoción da contratación colectiva de seguros agrarios no sector vinícola

Santiago, 22 de outubro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a promover a contratación colectiva de seguros agrarios na viña a través da Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia. “O seguro é capaz de proporcionar o que a natureza lle quita ao agricultor: medios para manterse en activo e evitar o endebedamento”, manifestou a portavoz popular de Medio Rural, Elena Candia.

Continue reading

O Grupo Popular asegura que as obras de restauración da ponte Nafonse respectan ao máximo o patrimonio cultural

Santiago, 22 de outubro de 2021.- A deputada do Grupo Popular Ana Belén García asegurou hoxe no Parlamento galego que os traballos de restauración da ponte Nafonso entre Noia e Outes “estanse a executar respectando ao máximo o patrimonio cultural” e afirmou que estas obras “servirán non só para poñer en valor a ponte, senón que mellorarán a seguridade viaria neste treito”.

Continue reading

O Grupo Popular solicita ao Goberno central que desbloquee a segunda fase da conexión do Porto Seco de Monforte coa N-120

Santiago, 21 de outubro de 2021.- O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro solicitou hoxe no Parlamento galego ao Goberno central que “desbloquee a execución da segunda fase da conexión do Porto Seco de Monforte coa estrada N-120, de xeito que a Xunta poida executar estas obras, para as que xa ten consignada unha partida orzamentaria de 750.000 euros”.

Continue reading

O Parlamento esixe ao Goberno de España unha reforma lexislativa contra a ocupación de vivendas

Santiago, 21 de outubro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra de BNG e PSdeG, a través da que se insta á Xunta a que, tomando como base os informes de xuristas, remita un informe xurídico ao Goberno de España para esixir que se efectúe a necesaria reforma lexislativa que axude a poñer freo ao fenómeno da ocupación de vivendas.

Continue reading

O Parlamento galego demanda que a ampliación do Hospital de Ourense inclúa novos espazos para as asociacións de pacientes

Santiago, 21 de outubro de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a aproveitar o proxecto de novo edificio ambulatorio do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense para renovar e ampliar os espazos asociativos deste centro sanitario, incluíndo no proxecto deste novo edificio espazos de uso común para as actividades das asociacións de pacientes.

Continue reading