O Parlamento galego demanda a reactivación do programa de coidados porta a porta no rural galego

Santiago, 21 de outubro de 2021.- O Parlamento de Galicia demandou hoxe á Xunta de Galicia, a través dunha proposición non de lei do Grupo Popular, que, na medida que se normalice a situación sanitaria, se reactiven as unidades móbiles que levan ata a porta das persoas maiores que viven no rural galego servizos gratuítos como o de oftalmoloxía, podoloxía ou atención ao alzhéimer, co fin de facerlles a vida máis doada sen ter que desprazarse fóra da contorna.

Continue reading

O Parlamento galego solicita á UE que censure o comportamento de Noruega sobre a flota bacallaeira

Santiago, 19 de outubro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que censure diante da Unión Europea o comportamento do Goberno de Noruega sobre a flota bacallaeira, así como para esixirlle que se adopten medidas equivalentes de sanción fronte ao recorte unilateral de disposición de cotas de pesca de bacallau.

Continue reading

Puy lamenta a unidade de BNG e PSdeG no DEA á redución de impostos, a mellora da xestión da auga, a reforma da atención primaria ou a política forestal

 

Santiago, 15 de outubro de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe que “so 5 das 48 resolucións aprobadas no Debate sobre o Estado da Autonomía foron apoiadas unicamente polo PPdeG” e lamentou que BNG e PSdeG “se puxeran de acordo en opoñerse a medidas como a redución de impostos, a mellora da xestión da auga, o fomento da lingua galega, a reforma da atención primaria sanitaria ou a política forestal”.

Continue reading