O PPdeG explica que o novo modelo de Pacto Local pasa previamente polo deseño do novo sistema de financiamento autonómico e municipal

Santiago, 28 de setembro de 2021.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, acusou hoxe no Pleno do Parlamento aos socialistas galegos de “intentar lavarlle a cara ao Goberno de Pedro Sánchez e de xustificar os seus agravios e desprezos a Galicia demandando en Galicia un novo Pacto Local, que pasa previamente polo deseño dun novo sistema de financiamento autonómico e local”.

Continue reading

O PPdeG demanda á oposición deixar traballar aos profesionais sanitarios para seguir avanzando na mellora da atención primaria

Santiago, 28 de setembro de 2021.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, defendeu hoxe no Pleno que a Xunta continúe avanzando no cumprimento do fixado no documento Por unha atención primaria vertebradora e desenvolvendo os compromisos aprobados no ditame da Comisión de Reactivación nas cuestións relacionadas coa atención primaria, a saúde mental e o persoal.

Continue reading

O PPdeG incide que o Congreso é o parlamento indicado para investigar o baleirado dos encoros da Confederación Hidrográfica Miño-Sil

Santiago, 28 de setembro de 2021.- A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Marisol Díaz Mouteira, insistiu hoxe no Pleno do Parlamento que o Congreso é o parlamento indicado para realizar unha comisión de investigación sobre o baleirado este verán dos encoros pertencentes á Demarcación Hidrográfica Miño-Sil, ao ser un organismo dependente do Goberno central. Porén, afirmou que, “se teñen tanto interese, BNG e PSdeG poden crear de xeito automático unha comisión de investigación no Parlamento galego, acolléndose ao artigo 52 do Regulamento”.

Continue reading

O PPdeG afirma que é o Goberno central quen debe lexislar sobre consolidación do emprego público e despois aplicar a normativa en Galicia

Santiago, 28 de setembro de 2021.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, avogou hoxe no Parlamento galego por “esperar a que o Goberno de España lexisle sobre a consolidación de emprego no sector público para aplicar esta normativa en Galicia” e afirmou que “intentar trasladar outra mensaxe é distorsionar a realidade, xogar cos sentimentos e xerar falsas expectativas a moitas persoas que nestes momentos están á espera de que o Goberno central cumpra os eu compromiso e aprobe canto antes esta normativa”.

Continue reading