Rueda salienta que os candidatos das cidades conxugan unha combinación gañadora: “Talento, experiencia, proximidade e altura de miras”

O presidente dos populares galegos, Alfonso Rueda, salientou hoxe que os candidatos do PPdeG nas cidades para as eleccións municipais de 2023 conxugan unha combinación gañadora: “Talento, experiencia, proximidade e a altura de miras de entender que Galicia se constrúe desde cada un dos seus sete motores económicos”.
Pedro Puy avoga por un equilibrio entre “non incrementar o gasto para conter a inflación e non conter o gasto para evitar a recesión”

Santiago, 3 de agosto de 2022.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou hoxe no debate de aprobación do teito de gasto da Xunta para 2023 no Parlamento galego por “un equilibrio entre non incrementar o gasto para conter a inflación e non conter o gasto para evitar recesión”. Así mesmo, amosou a disposición ao diálogo tanto na tramitación dos orzamentos como na aprobación do Plan Estratéxico de Galicia 2022-2030.
Paula Prado: “A Sanidade Pública precisa unha transfusión de médicos de familia e o único donante que pode facela é o Goberno de Sánchez”

A secretaria xeral e Julio García Comesaña visitaron a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue xunto aos membros da Comisión de Sanidade do PPdeG, que se reuniron a continuación
Rueda salienta que as candidaturas do PPdeG nas eleccións municipais serán un reflexo do compromiso coa xuventude: “Seguiremos contando coa mocidade para facer boa política dende as institucións”

O presidente participou na clausura do Día do Afiliado de Novas Xeracións celebrado en Cenlle
O Parlamento galego celebrará o 3 de agosto o Pleno extraordinario para a aprobación do teito de gasto para 2023

Santiago, 28 de xullo de 2022.- O Parlamento de Galicia acollerá o vindeiro mércores, ás 11 da mañá, o Pleno extraordinario para a aprobación do límite de gasto non financeiro da Comunidade galega, segundo o se acordou hoxe na Xunta de Portavoces. O portavoz popular, Pedro Puy, subliñou que “estamos a falar dun procedemento normal en Galicia que da estabilidade e certeza para a recuperación da economía galega”.
Paula Prado asegura que o PPdeG actuará de “auditor” dos compromisos de Sánchez con Galicia

A secretaria xeral e José Ángel Santos participan en Moraña na constitución da Comisión de Pequenos Concellos dos populares galegos
Paula Prado exemplifica a aposta de Galicia polo rural a través da reestruturación parcelaria

A secretaria xeral participa xunto a Dalia García nunha xuntanza informativa sobre as novas zonas de concentración parcelaria que prevé decretar a Xunta
O Grupo Popular garante a comparecencia do conselleiro do Medio Rural para falar de incendios cando remate o período de alto risco

Santiago, 28 de xullo de 2022.- A viceportavoz do Medio Rural do Grupo Popular, Elena Candia, considerou hoxe na Deputación Permanente do Parlamento galego “unha irresponsabilidade” a comparecencia do conselleiro nestes momentos para informar sobre os incendios forestais, pero garantiu que esta comparecencia terá lugar unha vez remate o período de alto risco.
O Grupo Popular lamenta que o esforzo da Xunta no incremento das prazas MIR non sexa correspondido polo Goberno de España

Santiago, 27 de xullo de 2022.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, destacou esta tarde o extraordinario esforzo realizado pola Xunta na convocatoria de formación sanitaria especializada de este ano, na que a Comunidade galega incrementa un 45 por cento a súa oferta de prazas formativas para especialistas en medicina de familia ante o grave problema de déficit destes profesionais que está a sufrir toda España.
