A Comisión de Reactivación aproba o ditame, coa incorporación de 46 transaccións cos grupos da oposición

Santiago, 29 de xuño de 2021.- A Comisión de estudo para a reactivación económica, social e cultural de Galicia pola crise da Covid-19 aprobou esta mañá o ditame, coa incorporación de 46 emendas dos grupos da oposición. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avanzou que “seguiremos coa man tendida para chegar a acordos ata a votación definitiva en sesión plenaria” e salientou que o fondo de consenso de 115 millóns de euros “permitirá reforzar as conclusións do propio ditame, permitindo que o 24 por cento do mesmo sexa administrado polos propios concellos”.

Continue reading

Aprobado o ditame do proxecto de lei da Universidad Intercontinental da Empresa, paso previo para a súa aprobación definitiva en Pleno

Santiago, 25 de xuño de 2021.- A Comisión 4ª do Parlamento galego aprobou hoxe o ditame do proxecto de lei de recoñecemento da universidade privada “Universidad Intercontinental de la Empresa”, co que esta iniciativa lexislativa queda pendente da súa aprobación definitiva en Pleno. O portavoz de Educación do Grupo Popular, Ovidio Rodeiro, lamentou “o razoamento ideolóxico” das as emendas presentadas por BNG e PSdeG, polo que demandou respectar a libre competencia dos operadores privados no ámbito da educación superior, do mesmo xeito que acontece na gran maioría das comunidades autónomas españolas.

Continue reading

O PPdeG demanda no Parlamento que o Concello de Monforte dialogue para solucionar o conflito laboral do Conservatorio de Música

Santiago, 25 de xuño de 2021.- A deputada do Grupo Popular Raquel Arias insistiu hoxe no Parlamento galego en que o Concello de Monforte inicie un proceso de diálogo dirixido a reconducir a situación do conflito laboral que mantén co equipo de profesores do Conservatorio Municipal Mestre Ibáñez e garanta, á maior brevidade, o bo funcionamento interno deste cento.

Continue reading