O Parlamento galego demanda ao Goberno central a reposición de todos os servizos ferroviarios suprimidos durante a pandemia

Santiago, 3 de xuño de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través se solicita ao Goberno central que restableza todos os servizos de tren que foron suprimidos amparándose na pandemia provocada pola COVID-19, tanto no que ten que ver nas conexións interiores na Comunidade galega como coas conexións de Galicia con outras comunidades autónomas.

Continue reading

O Parlamento galego demanda ao Goberno de España que habilite a elección presencial das prazas MIR

Santiago, 3 de xuño de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta ao Goberno de España a habilitar a elección presencial das prazas de formación sanitaria especializada da convocatoria 2020-21, facilitando e levando á práctica cantas medidas sexan pertinentes para garantir a transparencia, a igualdade de condicións e a seguridade fronte á Covid-19. Así mesmo, no caso de que se manteña a elección telemática, pídese ao Goberno central un coñecemento das prazas dispoñibles en cada momento, asegurando así que Galicia non quede con prazas vacantes de sanitarios residentes por mor do sistema de elección.

Continue reading