O PPdeG salienta que Galicia foi a primeira comunidade en crear un plan de reactivación da cultura, dotado con máis de 26 millóns de euros

Santiago, 9 de novembro de 2021.- A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique salientou hoxe no Pleno do Parlamento galego que Galicia “foi a primeira comunidade autónoma en poñer en marcha un plan de reactivación para recuperar a actividade cultural, un plan que contou con máis de 26 millóns de euros, dialogado e dirixido a todos os ámbitos, e que foi adaptándose para atender as necesidades dos profesionais a medida que íamos coñecendo a evolución da pandemia”.

Continue reading

O PPdeG pedirá mañá no Pleno ao Goberno central a intervención temporal de Alcoa e a súa implicación no Pacto de Estado por Ferrol

Santiago, 8 de novembro de 2021.- O Grupo Popular demandará mañá no Pleno do Parlamento galego a intervención temporal por parte do Goberno central da factoría de Alcoa en San Cibrao para a súa posterior venda a un inversor privado que garanta un proxecto industrial viable. Así mesmo, solicitará que o Goberno de España se implique no Pacto de Estado por Ferrol, no que se prevé a posta en marcha dunha Zona Franca no porto ferrolá que dinamice a actividade comercial e industrial desta comarca.

Continue reading

O Parlamento galego demanda a difusión do Banco de Explotacións Agrarias entre os seus beneficiarios

Santiago, 5 de novembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á xunta a promover a difusión e coñecemento do Banco de Explotacións Agrarias entre os seus posibles beneficiarios, en concreto os actuais titulares próximos á xubilación e que non contan con relevo, así como os posibles futuros beneficiarios de explotacións.

Continue reading

O Parlamento galego demanda que se recoñeza como admisible a efectos de recibir axudas a totalidade da superficie que teña actividade gandeira

Santiago, 5 de novembro de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei, transaccionada entre o Grupo Popular e o BNG, a través da que demanda que a Xunta centre os seus esforzos negociadores con tódalas institucións precisas para que sexa recoñecida como admisible a totalidade da superficie que realmente teña actividade gandeira, mellorando o coeficiente de admisibilidade de pastos (CAP) no caso das zonas arbustivas e baixo arboredo, de modo que Galicia non siga a ser prexudicada pola falta de recoñecemento das súas singularidades a efectos da PAC.

Continue reading

O Grupo Popular acusa a BNG e PSdeG de amparar a actitude antidemocrática da presidenta da Deputación de Pontevedra de non comparecer no Parlamento

Santiago, 4 de novembro de 2021.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos acusou hoxe ao BNG e PSdeG de “amparar a actitude antidemocrática da presidenta da Deputación de Pontevedra” ao non comparecer no Parlamento galego para informar dos orzamentos desta institución provincial, xa que “está no caciqueo, na corruptela e tapando as vergoñas baixo a mullida alfombra da deputación”.

Continue reading

O Grupo Popular ofrece un pacto pola provincia ao presidente da Deputación de Lugo

Santiago, 4 de novembro de 2021.- O deputado do Grupo Popular Daniel Vega ofreceu hoxe no Parlamento galego ao presidente da Deputación de Lugo “un pacto pola provincia para incrementar un 25 por cento os fondos do Plan Único, pola mellora das infraestruturas da provincia, para seguir incrementando o solo industrial dispoñible bonificado e para aproveitar os fondos europeos de recuperación”.

Continue reading

O Grupo Popular cualifica de “papel mollado con promesas que caerán nun saco roto” os orzamentos da Deputación Provincial de A Coruña

Santiago, 4 de novembro de 2021.- O deputado do Grupo Popular Rubén Lorenzo afirmou hoxe que os orzamentos da Deputación de A Coruña “son papel mollado con promesas que, un ano máis, caerán en saco roto”, e lamentou que esta institución provincial só tivera executado o pasado mes de setembro o 31 por cento dos orzamentos de 2021.

Continue reading