O Parlamento demanda ao Goberno central a mellora integral e urxente da N-634 entre Abadín e Mondoñedo

Santiago, 18 de xuño de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se require ao Goberno central que acometa a mellora integral e urxente da estrada N-634, no treito entre o Alto de A Xesta en Abadín e Mondoñedo, que serve como itinerario alternativo á autovía do Cantábrico cando se producen peches de circulación polos intensos bancos de névoa.

Continue reading

O Grupo Popular afirma que a Xunta realizará unha mellora integral do firma na estrada LU-653 entre Pobra de Brollón e Hospital do Incio

Santiago, 18 de xuño de 2021.- O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro afirmou hoxe no Parlamento galego que a Xunta ten previsto realizar unha mellora integral do firme na estrada LU-653 entre A Pobra de Brollón e o Hospital do Incio, que se engadirá ás obras de rexeneración puntual que neste momento xa está a realizar nesta estrada por un importe de 125.000 euros.

Continue reading

O Grupo Popular afirma que a nova RPT de Portos de Galicia inclúe a incorporación de 5 novos gardapeiraos

Santiago, 17 de xuño de 2021.- O deputado do Grupo Popular Manuel Santos afirmou hoxe no Parlamento que o novo organigrama e relación de postos de traballo (RPT) do ente Portos de Galicia inclúe a incorporación de cinco novos gardapeiraos. Así mesmo, salientou a “vontade negociadora” deste organismo para a posterior funcionarización do persoal, nun prazo estimado de tres anos”.

Continue reading

O Parlamento galego demanda aumentar as posibilidades de pesca da sardiña

Santiago, 17 de xuño de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta ao Goberno de España para que se aumenten as posibilidades de pesca de sardiña, dentro do Plan de xestión e recuperación do stock desta especie, atendendo ao seu bo comportamento e á existencia de alternativas sostibles para elevar as cantidades de peixe a pescar.

Continue reading

O Parlamento galego apoia o levantamento do embargo a Cuba e a dotación de xiringas para a vacinación contra a Covid-19

Santiago, 16 de xuño de 2021.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento galego a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se amosa o apoio ao levantamento do embargo político, económico, comercial e financeiro que o Goberno dos Estados Unidos mantén contra Cuba, ao tempo que se apoia a campaña de solidariedade internacional destinada á adquisición de xiringas para vacinación contra a Covid-19.

Continue reading