O PPdeG subliña que as modificacións previstas para a Lei do patrimonio cultural responden ás demandas dos concellos

Os alcaldes e alcaldesas do Partido Popular subliñan que as modificacións previstas para a Lei do patrimonio cultural dan resposta a demandas históricas dos concellos, xa que permitirán adaptar a normativa actual á realidade, axilizando trámites e garantindo unha protección máis eficaz do patrimonio cultural.

O portavoz do grupo do PP e vicepresidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Ángel Moldes, sostén que estes cambios, previstos na Lei de acompañamento dos Orzamentos, incluso van evitar que moitos concellos teñan que renunciar ou perder axudas por non dispoñer a tempo das autorizacións necesarias, unha situación habitual neste momento.

“É unha medida que facilita a vida dos concellos e da cidadanía. Non se trata dunha delegación de competencias, senón de axilizar o procedemento para reducir os tempos de espera, tanto por parte da cidadanía como das institucións, co obxectivo de que o coidado do noso patrimonio non supoña un impedimento para o desenvolvemento de proxectos vitais ou profesionais”, defende.

Por este motivo, Moldes asegura que as declaracións do presidente da Fegamp non representan o sentir da maioría dos alcaldes e alcaldesas de Galicia, que levan moitos anos reclamando esta medida.

“A concellos como Poio, que somos un dos municipios de toda Galicia con máis bens protexidos, esta medida da Consellería de Cultura supón unha oportunidade e un desbloqueo moi importantes”, resalta o tamén alcalde poiense, e pon como exemplo que vai permitir axilizar trámites tan básicos como cambiar unha fiestra ou poder reasfaltar unha estrada na que hai un cruceiro protexido. “Son cuestións básicas que supoñían un auténtico problema de permisos e autorizacións”, engade.

Con todo, puntualiza que se algún alcalde considera que esta medida non lle beneficia, sempre poderán continuar co procedemento como ata o de agora.

Rueda contrapón a un Goberno galego que cumpre “con feitos” con Ourense fronte a un Sánchez a quen a corrupción “non lle deixa tempo para gobernar”

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, contrapuxo hoxe o compromiso “con feitos” do seu Goberno coa provincia e coa cidade de Ourense fronte a un Pedro Sánchez “tan cercado pola corrupción que non lle queda tempo para gobernar”.

Durante a súa intervención na cea de Nadal do PP na provincia de Ourense, que encabezou xunto ao presidente provincial do partido, Luis Menor, o líder dos populares galegos reivindicou o fundamental de contar con equipos cohesionados, unidos e nos que todos contribúan ao obxectivo de estar pegados ao territorio, saber o que demanda a cidadanía e responder ante iso.

Unha cuestión que, como explicou, ten que facerse valer ao longo do próximo ano coa vista posta nas eleccións municipais de 2027. “Temos que demostrar do que somos capaces, saír a dalo todo e sen dar nada por gañado”, remarcou ao tempo que se amosaba convencido de que o PP de Ourense, como sempre, volverá superar calquera expectativa.

“A xente confía en nós porque gobernamos, porque temos sentidiño e porque damos certeza”, reivindicou poñendo como exemplo destas certezas as que se recollen nuns Orzamentos de 2026 que “apostan decididamente por Ourense”.

Neste sentido, sinalou a aposta do Goberno galego por reforzar o investimento en vivenda, o esforzo investidor no Complexo Hospitalario de Ourense —con máis de 35 millóns de euros—, a nova residencia da Fundación Amancio Ortega ou os 14 millóns de euros destinados a melloras en centros educativos de toda a provincia. Ao que habería que engadir ademais outros investimentos en abastecemento, saneamento ou no centro de ciberseguridade.

Mentres Galicia goberna, remarcou Rueda, o exemplo de todo o contrario atópase nun Goberno de España cuxo presidente está “cercado por una corrupción que é un suma e segue”, ao que “nunca lle dan as contas” e que “nunca cumpre o que promete”. Neste sentido concluíu: “España merece moito máis que a trama do 2%, que Koldos, que Ábalos ou que Leires”.

O 2026 PRESÉNTASE COMO “UN ANO DECISIVO”

Pola súa banda, o presidente provincial do PP de Ourense, Luis Menor, quixo poñer en valor na súa intervención a multitudinaria resposta da militancia a esta convocatoria na medida en que demostra a capacidade de mobilización dos populares ourensáns.

Agradeceu a presenza do presidente do PPdeG, “cumprindo unha vez máis coa súa palabra” logo de que se comprometera a visitar Ourense periodicamente. Ademais, destacou a implicación mostrada polo líder dos populares galegos coa provincia “desde o minuto un” durante a terrible onda de lumes de agosto.

O presidente provincial afirmou que a cea de Nadal do PP de Ourense “é a Xunta Directiva máis importante de cantas pode celebrar o partido”, xa que “grazas a todas ás persoas que nos seguen, apoian e votan —en referencia aos militantes e simpatizantes asistentes— podemos presumir de ser o partido de Ourense”.

O 2026, engadiu, pode ser “un ano decisivo” tanto pola proximidade dunha posible dunha convocatoria de eleccións xerais como polo traballo que hai que facer de cara ás eleccións municipais de 2027: “Imos acelerar a actividade do partido, o contacto e a escoita da veciñanza para ofrecer a mellor resposta que a cidadanía espera de nós”.

Precisamente coa mirada posta nas municipais, lembrou que o PP de Ourense está desenvolvendo “un traballo de actualización, renovación e consolidación dos seus piares como son as agrupacións locais”. Un proceso que é, segundo concluíu, “o paso fundamental para construír unha alternativa de goberno cun proxecto que ilusione”.

O Parlamento de Galicia solicita ao Goberno central, co voto en contra de BNG e PSdeG, unha base permanente da UME na localidade ourensá de Toén

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra de BNG e PSdeG, a través da que se demanda ao Goberno de España a creación dunha base permanente da Unidade Militar de Emerxencias (UME) na localidade ourensá de Toén, que axilizaría o despregue de medios de extinción fronte a futuros incendios forestais.

O deputado popular Ángel Rodríguez manifestou que “todos os medios son necesarios na loita contra os incendios forestais” e destacou a cooperación entre as administracións no combate das lapas, facendo máis áxil o despregue de medios de extinción fronte aos novos incendios”.

Na súa intervención, Ángel Rodríguez lembrou que o Presidente Rueda avanzou, na súa comparecencia no Parlamento galego para facer un balance da vaga de incendios deste verán, a solicitude ao Goberno de España da creación dunha base permanente da UME en territorio galego, tendo en conta que “a proximidade dos medios que deben despregarse sobre o territorio fronte aos novos incendios é un factor fundamental que favorece o tempo de resposta e os propios traballos de extinción”.

BASE ACTUAL EN LEÓN

Na actualidade, a UME ten a súa base de operacións máis próxima a Galicia na sede do V Batallón de Intervención de Emerxencias, emprazado en San Andrés de Rabanedo en León e a tres horas de Ourense por estrada. “A súa activación require diferentes trámites e autorizacións que precisan dun tempo do que moitas veces nos incendios forestais non se dispón, e que é fundamental para un rápido control e extinción dos lumes”.

Rodríguez defendeu a idoneidade da localización da base permanente da UME en Toén porque nesta localidade “tamén está emprazado o Centro Integral de Loita contra o Lume, de titularidade autonómica, o que favorecería sinerxías e permitiría que os seus efectivos teñan máis familiaridade cos medios galegos”.

Así mesmo, o deputado popular sinalou que “outra vantaxe relevante da localización da UME en Galicia ten que ver con que os efectivos desta unidade militar, cando están exercendo as súas funcións, teñen a consideración de axentes da autoridade, o que permite que manden desaloxos, cortes de vías e outras ordes especialmente útiles ante situacións de emerxencia”.

O Parlamento galego insta á Xunta a priorizar o desenvolvemento pleno, autónomo e efectivo das políticas que protexen e xestionan o litoral galego

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio de BNG nin de PSdeG, a través da que se insta á Xunta de Galicia a priorizar as accións que desenvolva no marco da Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia (Loxilga) e que permitirán á Comunidade galega desenvolver de xeito pleno, máis autónomo e efectivo as políticas para protexer e xestionar a nosa costa.

O portavoz popular de Medio Ambiente, Gonzalo Trenor, afirmou que “o pasado 1 de xullo de 2025 foi e será para sempre un dia histórico para Galicia porque é cando entra en vigor o decreto polo que esta comunidade asumiu as funcións e servizos traspasados polo Estado en materia de xestión da costa”. “Esta data marcou un fito para a Comunidade autónoma, porque desde entón asumimos o autogoberno pleno sobre o noso litoral, a primeira cesión competencial á Xunta en 17 anos”, apuntou.

MÁIS ACTUACIÓNS EN MARCHA

Neste sentido, lembrou que desde esa data a Xunta xa puxo en marcha o visor web, que recolle a información cartográfica necesaria para a aplicación da norma; creouse a Comisión interdepartamental de coordinación da ordenación do litoral; constituíuse o Foro do Litoral; aprobouse a Estratexia de Economía Azul de Galicia 2024-2027; estase traballando nas directrices de ordenación do litoral; adaptáronse os procedementos de competencia autonómica de autorización na zona de servidume de protección á nova Lei de ordenación do litoral; unificáronse nun formulario todas as solicitudes de autorizacións no litoral; e creouse o novo servizo Galicia Litoral, co que se ofrece a través da web da Consellería e do 012 información sobre consultas ao respecto dos procedementos.

De cara ao futuro, Gonzalo Trenor explicou que a Xunta xa está a traballar no concurso para unificar a estética dos establecementos hostaleiros de tempada e no procedemento integrado para a obtención de títulos no litoral, asociado á posta en marcha dun rexistro do litoral que dará conta das autorizacións e das concesións outorgadas.

Así mesmo, o portavoz popular destacou os máis de 2 millóns de euros que a Xunta ten previsto investir o vindeiro ano nunha senda que una a Galicia costeira de norte a sur, ao tempo que tamén se unificará nunha aplicación informática toda a información dispoñible sobre o litoral galego e se crearán reservas de solo nas que desenvolver actuacións de iniciativa pública que contribúan a mellorar o medio ambiente, o patrimonio natural e o cultural.

Por último, Gonzalo Trenor referiuse á revisión e actualización do catálogo de bens de valor cultural do litoral e o programa de revitalización do patrimonio do litoral, que permitan a recuperación de edificacións xa existentes de especial valor arquitectónico, histórico e cultural, garantindo ao mesmo tempo que os novos usos que se dean a estes inmobles non poñan en perigo os valores que aconsellaron a súa protección cultural.

O Parlamento galego reclama ao Goberno de España a urxente cesión gratuíta a Galicia de vivendas e solos propiedade da SAREB para destinalos a políticas públicas de vivenda

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co voto favorable dos deputados do PSdeG, a través da que se reclama unha resposta urxente do Goberno de España ás reiteradas solicitudes de cesión gratuíta e definitiva das vivendas e solos propiedade da Sociedade de Xestión de Activos procedentes da Reestruturación Bancaria (SAREB) situados en Galicia, có fin de destinalos a políticas públicas de vivenda.

O deputado popular Roberto Rodríguez lembrou que o Goberno galego “ten solicitado en infinidade de ocasións ao Goberno central a cesión ou venda de vivendas propiedade da SAREB” para poñelas no mercado, ante o que “a resposta sempre foi a mesma: remitir listados de vivendas que se ofrecían e que non estaban en condicións de ser adquiridas: unhas non estaban rematadas, outras non dispoñían de licenza de primeira ocupación nin posibilidade de obtela, e a meirande parte emprazábanse en concellos sen demanda, non que non se xustificaba a adquisición”.

“Agora xa non hai posibilidade de que a Xunta adquira máis vivendas porque a SAREB pechou toda posibilidade de venda ou cesión cando acordou traspasalas á sociedade de vivenda anunciada polo Goberno central, a pesar de que Galicia aínda dispón de fondos para facerse con esas vivendas”, sinalou o deputado popular.

Roberto Rodríguez criticou que, “como colofón a este exemplo de boicot a aquelas administracións que, como a Xunta, queren actuar directamente na raíz do problema da vivenda e aumentar a oferta pública, o Goberno de Pedro Sánchez optou por transferir 55 millóns de euros a empresas privadas para que xestionen esas vivendas, que en Galicia serán adxudicadas ao marxe do rexistro de demandantes de vivenda”.

Deste xeito, considerou “incomprensible e intolerable que o Goberno central poña en mans privadas a xestión das 40.000 vivendas públicas da SAREB, que era a entidade que ía xestionar a nova empresa pública estatal de vivenda”. “O Goberno de Sánchez pon a xestión do problema que máis preocupa aos cidadáns nas mans dunha inmobiliaria, pero nada sabemos nin do proceso nin dos criterios de adxudicación deses alugueiros”, sinalou o deputado popular, quen concretou que “falamos de 40.000 vivendas e 2.400 solos onde, segundo os cálculos do propio Ministerio, se poderían construír 55.000 novas vivendas”.

Roberto Rodríguez amosou a preocupación porque esas vivendas “non sexan cualificadas como vivendas públicas, unha estratexia do Goberno central que non entendemos cando as comunidades autónomas, en particular Galicia, leva anos pedindo a cesión gratuíta de activos da SAREB para contribuír a incrementar o noso parque de vivendas públicas”.

“Pedimos ao Goberno central que recapacite e ceda gratuitamente á Xunta as vivendas da SAREB que estean en condición de ser habitadas, permitindo que esas vivendas se incorporen nos procedementos ordinarios de adxudicación de vivendas públicas, respectando a normativa e non xerando máis confusión entre a cidadanía”, rematou.

O PPdeG demanda ao Goberno de Sánchez a baixada do IVE dos alimentos básicos para “aliviar o afogamento económico que sofren as familias”

O Partido Popular de Galicia demanda ao Goberno de Sánchez que cumpra o mandato de rebaixar o IVE aos alimentos básicos, tal e como lle teñen demandado tanto o Parlamento galego como o Congreso, para así “aliviar o afogamento económico que sofren as familias ante a suba de prezos”.

“Non se entende que o Goberno central que máis impostos recada da historia siga afogando as economías domésticas cando o que estas precisan é máis apoio, máis certezas e máis seguridade”, denuncia neste sentido a secretaria xeral Paula Prado facéndose eco dunha situación económica na que “os prezos seguen subindo pero o poder adquisitivo non se recupera”.

A número dous dos populares galegos fixo estas declaracións aos medios esta mañá en Padrón logo de visitar diversos negocios da localidade xunto ao portavoz local do PP e deputado autonómico, Ángel Rodríguez Conde. Unha visita na que puideron comprobar de primeira man como o sector comercial reclama medidas que fomenten o consumo.

Medidas, como, por exemplo, o “exitoso” Bono Peixe posto en marcha polo Goberno de Alfonso Rueda e que contrastan coa “inacción” dun Pedro Sánchez que “segue sen facer caso” á iniciativa promovida polo PP para rebaixar o IVE dos produtos básicos e que xa foi aprobada tanto no Parlamento galego como no Congreso.

Paula Prado subliña que desde o seu partido seguirán insistindo desde todas as frontes ata conseguir esta rebaixa. “Xa bastante complicado está todo como para que nolo sigan poñendo cada vez máis difícil a negocios e clientes”, sostén.

“Está claro que as preocupacións de Sánchez son outras”, concluíu a este respecto a secretaria xeral facendo referencia á reunión secreta do presidente con Arnaldo Otegi para negociar a moción de censura ao Goberno de Mariano Rajoy e afeándolle que “teña tempo para os seus ‘chanchullos’ e non para o esencial”.

En clave local, Prado lamentou así mesmo que o alcalde socialista de Padrón “non se desmarque de Sánchez e do seu partido”, algo que “trae nefastas consecuencias aos veciños e veciñas desta vila”. Ao mesmo tempo, puxo en valor o labor de Ángel Rodríguez Conde e o grupo municipal do PP, que a partir de 2027 “volverán liderar o concello e deixarán atrás o actual desgoberno”.

A NECESIDADE DE APOIO AO COMERCIO LOCAL

Pola súa banda, Rodríguez Conde quixo poñer en valor o esforzo que día a día fan os establecementos do pequeno comercio local e os autónomos para “conseguir levar adiante a súa actividade”. Un esforzo que se ten que ver correspondido, na súa opinión, por administracións que “escoiten as súas necesidades e inquedanzas”.

O portavoz do PP de Padrón recordou así que o seu partido leva tempo presentando iniciativas no Pleno municipal para demandar ao Concello que tome medidas para fomentar o consumo no pequeno comercio.

O PPdeG amosa o apoio á demanda para que o Ministerio de Transportes abandone o estudo da nova variante de Caldas e retome a proposta aprobada por unanimidade nos concellos en 2008

O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, e a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, reuníronse no Parlamento de Galicia co portavoz do PP de Caldas de Reis, Fernando Pérez, e representantes das plataformas de Arcos da Condesa, Santa María e Godos para amosarlles o seu apoio á demanda para que o Ministerio de Transportes anule o actual estudo informativo do proxecto da variante oeste de Caldas de Reis e retome o trazado aprobado por unanimidade das forzas políticas deste concello e do veciño de Portas en 2008.

Alberto Pazos e Paula Prado, acompañados do tamén deputado popular Raúl Santamaría, rexeitaron que o Goberno de Pedro Sánchez, co beneplácito dos socialistas galegos, pretenda impoñer un novo trazado da variante de Caldas que causa graves prexuízos aos veciños tanto deste concello como da veciña localidade de Portas.

OPOSICIÓN DOS VECIÑOS

Deste xeito, amosaron o seu apoio á concentración convocada para o vindeiro sábado en Caldas de Reis coa que se pretende trasladar ao Goberno central a oposición dos veciños a todas as alternativas da nova proposta da variante oeste. Así mesmo, anunciaron a presentación de iniciativas no Parlamento de Galicia solicitando a anulación inmediata do estudo informativo elaborado polo actual Goberno central e que se elabore unha nova proposta de trazado da variante que adapte aos acordos unánimes dos Plenos municipais de Caldas e Portes do ano 2008.

“É incomprensible que o Goberno de Pedro Sánchez faga oídos xordos a unha demanda da gran maioría dos cidadáns destes concellos, que non entenden os intereses que pode haber para que se desprece o trazado respaldado unanimemente polos Plenos de Caldas de Reis e de Portas en 2008 e que supón unha afección ao territorio e ás propiedades moito menor que a nova proposta”, indicou Alberto Pazos.

Millán Mon lamenta la propuesta de recorte del 70% para el TAC de la caballa

El eurodiputado del PPdeG Francisco Millán Mon lamentó hoy, en el Parlamento Europeo, la propuesta de recorte del 70% para el TAC de la caballa.

Millán Mon, miembro de la Comisión de Pesca, intervino hoy en un debate en el pleno del Parlamento Europeo en Estrasburgo sobre las oportunidades de pesca para 2026. Los próximos 11 y 12 de diciembre tendrá lugar la reunión del Consejo AGRIFISH donde se decidirán los TACs y cuotas para 2026.

Millán Mon expresó, en primer lugar, su preocupación por la propuesta de un recorte muy elevado para la caballa o xarda, que asciende al 70%, y que espera que no prospere. “Desgraciadamente, las cuotas unilaterales que se adjudican los Estados costeros del norte, en especial, Noruega, han llevado a una muy mala situación al recurso”, lamentó el eurodiputado gallego, que continuó refiriéndose el nuevo instrumento con el que cuenta ahora la Comisión: la modificación del Reglamento 1026/2012 de pesca no sostenible. “Esperemos que sea suficiente y que Noruega no vuelva a asignarse cuota unilateralmente en 2026”, manifestó.

El eurodiputado gallego también lamentó la propuesta del recorte del 41% para la bacaladilla o lirio. “Espero que el Consejo evite un recorte tan pronunciado, pues tiene un gran impacto socioeconómico”, apuntó Millán Mon. En cuanto al abadejo, el eurodiputado pidió ser cuidadosos, por tratarse de una especie de estrangulamiento. “Celebro que, en este caso, la Comisión haya tenido en cuenta la doctrina del Tribunal de Justicia y haya considerado también las consecuencias socioeconómicas”, subrayó, “aunque un recorte del 26% sería muy elevado y preocupante”.

En positivo, Millán Mon se refirió al aumento de la cuota del atún rojo acordado en el ICCAT: “Espero que parte de ese aumento se dirija a cuotas para pesca accesoria en el Cantábrico, tan necesaria para los pescadores gallegos del cerco, como me explicaron hace unos días en Porto do Son”, apuntó.

Para terminar, se sumó a sus compañeros del PP español y pidió más flexibilidad y más días de pesca en el Mediterráneo para los pescadores que faenan en ese mar.

O Parlamento de Galicia solicita ao Goberno central que autorice o incremento do 15% das prazas de novo ingreso nos estudos de Enfermería

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno central que adopte as medidas necesarias, en coordinación coas comunidades autónomas e co sistema universitario, para incrementar nun mínimo do 15 por cento a oferta de prazas de novo ingreso nos estudos universitarios de Enfermaría en Galicia e que este incremento vaia acompañado dun financiamento suficiente.

O viceportavoz popular, Julio García Comesaña, lembrou que enfermería “é unha das profesións máis necesarias no noso tempo” e ante esta demanda “Galicia leva anos actuando: desde 2008, o persoal de enfermería do sistema sanitario galego aumentou un 20 por cento; o reforzo foi especialmente intenso na atención primaria, onde Galicia supera a media estatal; e os orzamentos para o vindeiro ano crean 1.244 novas prazas sanitarias, das que 260 son de especialidades de enfermería”, concretou.

PACTO POLA ENFERMERÍA

García Comesaña referiuse ao Pacto pola Enfermería asinado o pasado mes de abril pola Xunta e as tres universidades galegas, “co horizonte de formar máis e mellores profesionais”, para o que se avoga polo aumento do profesorado doutor e investigador, a reorganización da docencia nunha única facultade por universidade e o incremento do 15 por cento das prazas de grao en Enfermería.

“Galicia quere e pode aumentar a oferta, pero falta que o Goberno central o autorice, do mesmo xeito que fixo con Medicina”, sinalou o viceportavoz popular. Así, asegurou que “Galicia ten a visión, ten o plan, ten o profesorado, ten o financiamento e ten as instalacións, polo que só falta que o Goberno de España autorice formalmente o aumento de prazas e aporte o financiamento correspondente”.

Julio García Comesaña afirmou que esta decisión “permitirá que haxa máis profesionais nos próximos anos; mellor cobertura asistencial en hospitais e primaria; reforzo do sistema sanitario público, que hoxe afronta máis presión asistencial que nunca; e maior capacidade de planificación para o futuro”.

Paula Prado cualifica de “espectáculo lamentable” a manifestación convocada polo BNG diante da sede do PP de Santiago

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, cualifica de “espectáculo lamentable” a manifestación que onte convocou o BNG, a través do sindicato CIG, diante da sede local do PP de Santiago e no que se produciron “coaccións” e “intimidacións”.

“Como muller, dóeme moito que nun día como o da eliminación da violencia de xénero, que ten que ser de unidade de todos os partidos políticos, o BNG decidira unha vez máis optar pola confrontación, a polarización e a división”, asegura.

A número dous dos populares galegos insta ao BNG a “cesar xa” na súa “estratexia de conflitividade” porque, segundo sostén, este “non é o camiño correcto”.

Nesta liña, volve reclamar ao independentismo galego e a Ana Pontón unha condena “clara e contundente” destes feitos porque “a violencia verbal contra mulleres non leva para nada á eliminación da violencia de xénero”.