O autobús de ‘Galicia non para!’ continúa a súa ruta pola xeografía galega e hoxe chegou ao municipio de Sober, onde Alfonso Rueda proseguiu xunto aos seus veciños no seu obxectivo de afondar no sentir dos galegos e das galegas, e trasladarlles a “normalidade extraordinaria” da Comunidade.
O PPdeG esixe ao Goberno central acceso ao contrato e á prórroga dos trens de alta velocidade que seguen sen chegar a Galicia
Os trece deputados nacionais do Partido Popular de Galicia veñen de solicitar ao Goberno central ter acceso tanto ao contrato como á prórroga correspondente aos novos trens Avril de alta velocidade que seguen sen chegar á Comunidade.
O Parlamento de Galicia pide ao Goberno central que cumpra os seus compromisos de axudar aos enfermos de ELA e ás súas familias
O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se reclama ao Goberno de España que cumpra o seu compromiso de axudar aos enfermos de esclerose lateral amiotrófica (ELA) e as súas familias.
O Parlamento de Galicia pide ao Goberno de Pedro Sánchez que aclare o contido e alcance das negociacións para a súa investidura
25 de outubro de 2023. O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe, co voto en contra de BNG e PSdeG, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que aclare o contido e alcance das negociacións que está a levar a cabo coas distintas forzas políticas para acadar a investidura de Pedro Sánchez e como estes pactos poden afectar ás diferentes Comunidades Autónomas, nomeadamente a Galicia. Así mesmo, esíxese ao Goberno central que en ningún caso estas negociacións deriven na asignación de menos recursos públicos ou competencias para Galicia que para outras comunidades autónomas.
Nicole Grueira é proclamada candidata única a presidir Novas Xeración de Galicia despois de cuadriplicar o número de avais necesarios
Nicole Grueira vén de ser proclamada candidata única a presidir Novas Xeracións de Galicia despois de facer entrega onte de máis de 350 avais, catro veces máis que os 90 requiridos como mínimo, de membros da organización das catro provincias.
Alberto Pazos pide a BNG e PSdeG que apoien que Galicia non saia prexudicada dos pactos de Pedro Sánchez cos independentistas para que apoien a súa candidatura na sesión de investidura
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que “se de verdade BNG e PSdeG están preocupados por defender os intereses de Galicia e dos galegos non terán inconveniente en apoiar a nosa proposición non de lei que se debaterá no Pleno desta semana pedindo ao Goberno socialista de Pedro Sánchez que Galicia non saia prexudicada dos posibles pactos para que os independentistas lle dean o seu voto na sesión de investidura”.
Millán Mon, elixido como Vicepresidente Primeiro da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo
O eurodeputado do Partido Popular Francisco Millán Mon foi elixido por aclamación no día de hoxe na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo en Bruxelas como Vicepresidente Primeiro da mesma.
Alfonso Rueda comprométese en Malpica a seguir defendendo o modo de vida da Galicia costeira
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, comprometeuse hoxe cos veciños de Malpica de Bergantiños a seguir defendendo o modo de vida da Galicia costeira, así como a continuar facendo da nosa Comunidade unha illa de estabilidade a nivel nacional.
Rueda móstrase en Cuntis como o líder dun PPdeG cos pés na terra, que ten como únicas prioridades as dos galegos e non perde o tempo en liortas internas
Logo de ter percorrido as catro provincias galegas, o autobús de ‘Galicia non para!’ volveu hoxe a Pontevedra para facer parada en Cuntis, onde Alfonso Rueda tomou nota das demandas que lle trasladaron os seus veciños para facer que o concello avance ao ritmo que o fai Galicia, desde o ‘sentidiño’ e a estabilidade.
Os senadores do PPdeG poñen en valor que onte Alfonso Rueda defendera no Senado os intereses dos galegos e o papel que Galicia ten que representar no conxunto de España
Os senadores do PPdeG manifestaron o seu orgullo pola intervención do presidente Alfonso Rueda onte na Comisión Xeral de Comunidades Autónomas do Senado, da que destacaron a súa defensa dos intereses dos galegos e do papel que Galicia ten que representar no conxunto de España.