Logo de ter percorrido as catro provincias galegas, o autobús de ‘Galicia non para!’ volveu hoxe a Pontevedra para facer parada en Cuntis, onde Alfonso Rueda tomou nota das demandas que lle trasladaron os seus veciños para facer que o concello avance ao ritmo que o fai Galicia, desde o ‘sentidiño’ e a estabilidade.
Os senadores do PPdeG poñen en valor que onte Alfonso Rueda defendera no Senado os intereses dos galegos e o papel que Galicia ten que representar no conxunto de España
Os senadores do PPdeG manifestaron o seu orgullo pola intervención do presidente Alfonso Rueda onte na Comisión Xeral de Comunidades Autónomas do Senado, da que destacaron a súa defensa dos intereses dos galegos e do papel que Galicia ten que representar no conxunto de España.
Alfonso Rueda ratifica cos veciños de Bande a importancia da estabilidade e das políticas pensadas por e para o rural que se ofrecen en Galicia
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, tivo esta tarde a oportunidade de ratificar da man dos veciños de Bande, e grazas a unha nova parada no itinerario do autobús de ‘Galicia non para!’, a importancia da estabilidade que ofrece o Goberno galego á cidadanía e o éxito das políticas pensadas por e para o rural das que gozan moitos dos veciños e veciñas da comarca da Baixa Limia.
Os deputados do PPdeG reclaman no Congreso o ditame do Consello de Estado sobre a Lei do Litoral e lamentan que Pedro Sánchez empregue “toda a súa artillería xurídica” contra Galicia
Os deputados do PPdeG no Congreso, por iniciativa de Rosa Quintana, veñen de reclamar formalmente o acceso ao ditame do Consello de Estado no que o Goberno central xustifica o seu recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia.
O PPdeG anuncia a convocatoria do XI Congreso de Novas Xeracións de Galicia o próximo mes de novembro
O Partido Popular de Galicia anunciou hoxe, na reunión da Xunta Directiva de Novas Xeracións de Galicia, a convocatoria do IX Congreso da organización xuvenil dos populares galegos para o próximo mes de novembro.
O PPdeG lamenta que o Goberno de Sánchez considere inconstitucional a Lei do litoral de Galicia “pero non a amnistía, o referendo de independencia ou devolver a débeda de Cataluña”
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, lembra que unha das propostas de resolución impulsada esta semana polo Partido Popular, no marco do Debate do Estado da Autonomía, ten como base solicitar ao Goberno central que traspase a Galicia a xestión do noso dominio público marítimo-terrestre (DPMT).
Paula Prado reivindica o compromiso do PPdeG co rural e coa comarca de Valdeorras na súa visita á Veiga
A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, reivindicou hoxe na Veiga o compromiso do PPdeG co rural e coa comarca de Valdeorras, no marco da III Exposición Agrogandeira de Trevinca, Crianza Trevinca, que se celebra esta fin de semana no concello da Veiga.
Os representantes do PPdeG nas cidades do Eixo Atlántico únense para reclamar ao Goberno central a chegada da Alta Velocidade e a mellora dos servizos ferroviarios
José Manuel Rey, Miguel Lorenzo, Borja Verea, Rafa Domínguez e Marta Fernández-Tapias fan unha fronte común e critican a Pedro Sánchez o incumprimento nos prazos de chegada dos trens Avril, así como a escaseza de frecuencias e os atrasos que sofre a segunda liña de media distancia con máis usuarios de toda España.
Paula Prado salienta que máis do 30 por cento das resolucións aprobadas no DEA foran por unanimidade e 17 das 40 do Grupo Popular saíran adiante sen voto en contra da oposición
A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, afirmou hoxe, no debate das propostas de resolución do Debate de Política Xeral celebrado no Parlamento galego que, “mentres Galicia non para e os galegos están orgullosos de que se mellore a vida das persoas que máis o precisan e se traballa por un futuro máis seguro e próspero para os nosos fillos e fillas”, BNG e PSdeG “levan anos inmersos nun día da marmota permanente, convencidos de que canto peor para Galicia mellor para eles”.
O Grupo Popular recolle nas súas propostas de resolución ao DEA as medidas anunciadas por Rueda, a mellora das políticas sociais e a defensa do autogoberno de Galicia
A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, afirmou hoxe que o Debate de política xeral celebrado onte no Parlamento de Galicia “deixou claro que Galicia non para de avanzar en servizos sociais, en mellorar a educación, en reforzar a sanidade e de ofrecer novas medidas para o benestar dos galegos”.